Blogia
vgomez

ANIMAIS EXTINTOS XXIV

Continúo coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.

Se onte falamos do Antílope azul, hoxe tócalle o turno á...

23. Huia

A huia (Heteralocha acutirostri) era unha especie de ave endémica da illa Norte de Nova Zelandia. Era unha ave espectacular, pois a lonxitude do seu corpo chegaba aos 45 cm. Esta gran especie de colibrí extinguiuse no século XX debido á caza desenfreada para obter a súa pel e á deforestación masiva dos colonos europeos. Non foi moi estudada antes da súa extinción, polo que se descoñecen bastantes detalles sobre esta especie.

Continuará...

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza  

0 comentarios