CHEGA O COMETA 62P/TSUCHINSHAN
62P/Tsuchinshan, tamén coñecido como Tsuchinshan 1, é un cometa periódico descuberto o 1 de xaneiro de 1965 no Observatorio da Montaña Púrpura, en Nanking, China.
Nesta décima aparición ten un período de 6.2 anos, con perihelio o 25 de decembro de 2023 a 1.3 UA do Sol e máxima aproximación á Terra o 29 de xaneiro de 2024 a 0.5 UA. O seu máximo brillo será a finais de decembro de 2023 cando podería alcanzar a magnitude 8 sendo observable con prismáticos desde todo o mundo.
Espermos que as condicións atmosféricas permitan velo!
FONTE e IMAXE: Gerald Rhemann/cometografia.es
0 comentarios