Blogia
vgomez

DESMONTANDO OS MITOS MÁIS PERSISTENTES SOBRE ANIMAIS (XI)

Continúo coa serie adicada algúns dos mitos máis persistentes sobre animais e enfrontámolos coa evidencia científica. Porque entender o mundo animal tamén implica desaprender o que criamos saber.

Mito 11: A barbantesa come ao macho no apareamento

Se a algún insecto podería caerlle encima este mito, a barbantesa (Mantis religiosa) tiña todos os papeis: a súa gracilidade e mesmo a elegancia dos seus movementos parecen feitos a propósito para encaixar neste letal cortexo, no que a femia arrinca a cabeza do macho tras o apareamento e procede a devorala, para continuar despois co resto do seu corpo. Mentres este horrendo proceso ten lugar, o macho decapitado continúa co apareamiento. Pero isto é efectivamente así?

É así… cando é así, pero isto non ocorre sempre. Aínda que asociemos o nome da barbantesa cun único insecto, a verdade é que hai máis de 2.400 especies e non todas comen ás súas parellas. E os estudos realizados sobre as que si o fan dan como resultado que a femia só devora ao macho entre nun 25 % e un 28 % dos casos, é dicir: que estes teñen case tres probabilidades de cada catro de saír con vida do lance.

Outra cuestión é o porqué. Os estudosos do fenómeno considérano como a resposta definitiva á perpetuación xenética: o macho ofrécese como alimento para asegurar a preeminencia do seu ADN. Non só proporcionan á femia un maior número de nutrientes que os que achegan coa exaculación, senón que está demostrado que as barbantesas que devoraron ao macho puxeron despois un número moito máis elevado de ovos que as que non o fixeron.

Continuará!

FONTE: Vicente Fernández de Bobadilla/muyinteresante.com    Imaxe: es.wikipedia.org

0 comentarios