Os récords de lonxevidade do reino animal (V)
Continúo coa serie adicada aos numerosos exemplos de lonxevidade extrema no reino animal existen numerosos exemplos. O estudo destes casos achega á comunidade científica novos instrumentos para estudar como reverter o aparentemente inexpugnable proceso de envellecemento.
Se onte falamos da quenlla de Groenlandia, hoxe tócalle á medusa inmortal.
5. Medusa inmortal
Igual que sucede con outras medusas, nos seus primeiros momentos de vida, Turritopsis dohrniempieza a súa vida sendo unha larva chamada plánula. Máis tarde aséntase no fondo mariño, onde prosperará en fase de pólipo. Con todo, estes pequenos cnidarios de pouco máis de 5 milímetros de diámetro (menos que a uña do teu dedo maimiño) dan un salto atrás no seu desenvolvemento e volven transformarse en pólipos.
Logo, a colonia de pólipos ‘renacidos’ volve brotar, e de aí xorden xurdir medusas en fase adulta. É coma se retrocedesen no tempo. Os científicos levan anos investigando este incrible proceso, denominado ‘desenvolvemento inverso’, para utilizalo en investigacións médicas. O máis sorprendente é que descubriron que a medusa inmortal non é a única que o leva a cabo.
Teoricamente, este proceso pode realizarse indefinidamente, facendo que a medusa sexa biolóxicamente inmortal, a pesar de que, na natureza, moitas destas medusas probablemente sucumban diante de depredadores e enfermidades na súa etapa de medusa, sen reverterse á forma de pólipo.
FONTE: Sergi Alcalde/ nationalgeographic.com.es Imaxe: Muzina Shaghai/Flicker/Cc
Continuará...
0 comentarios