SABÍAS QUE... CATRO COUSAS SOBRE GROENLANDIA
Lamentablemente, Groenlandia, está nos últimos días en boca de tod@s. Pero que sabes realmente dela? Pois imos saber catro cousas dobre esta illa, a máis grande do mundo!
Groenlandia é un territorio de Dinamarca, situado xunto ao océano Ártico e ao norte do océano Atlántico.
É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie cuberta por xeo, ademais de ser o país cunha menor densidade de poboación.
Ten unha extensión de 2.166.086 km2 e 55.701 habitantes.
Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Groenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende hai máis dun milenio, pertencendo ata 1814 a Noruega pasando, ese mesmo ano, ao dominio de Dinamarca.
En 1979, foille concedido autogoberno á illa, cunha relación coñecida en dinamarqués como Rigsfællesskabet, e en novembro de 2008 celebrou un referendo para ampliar a autonomía con vistas a unha futura independencia.
A súa capital é Nuuk que conta con 20.288 habitantes.
O Xefe de Estado é actualmente o rei Frederico X e o goberno da rei en Dinamarca nomea un Rigsombudsmand (Alto comisionado) que representa ao goberno e a monarquía danesa.
Como parte integrante de Dinamarca elixe dous representantes no parlamento danés.
O poder lexislativo corresponde a un Parlamento de trinta e un membros.
O xefe de goberno é o Primeiro Ministro, é, dende o 28 de marzo de 2025, Jens-Frederik Nielsen.
En 1985 Groenlandia deixou a Comunidade Europea (actual Unión Europea), a diferenza de Dinamarca que segue sendo un membro, aínda que mantén algúns lazos coa organización a través de Dinamarca. No entanto, a lei da Unión Europea en gran parte non se aplica a Groenlandia excepto na área do comercio.
Groenlandia é mebro de pleno dereito da OTAN como parte do Reino de Dinamarca.
Esperemos que aiga sendo unha illa tranquila, polo ben de tod@s!
0 comentarios