Blogia
vgomez

ESTES SON OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN 2026 (VI)

No planeta existen máis de 7,7 millóns de especies de animais e máis do 20% está en perigo de extinción. Algúns dos animais máis estraños do noso planeta camiñan na corda frouxa da extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando en fotografías algúns deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes.

 Seguimos coa lista. Onte falamos dos lémures. Hoxe tócalle o turno a...

 6. Ra arborícora

Estado: preocupación menor.

Os ovos da ra arborícola (Litoria caerulea) de ollos amarelos miden ao redor de 3 mm de ancho. Onte, os embrións non tiñan ollos e, mañá, volveranse escuros, como cágados. Aínda que a taxa de xestación é precisa, responde á temperatura, e o cambio climático está a facer que as ras eclosionen temperán ou tarde, confundindo aos depredadores e perturbando toda a cadea alimentaria.

Continuará…

FONTE: Héctor Rodríguez/nationalgeographic.com.es

0 comentarios