#DígochoEu: Non digas *pañueleta
Esther danos a alternativa a esta palabra incorrecta en galgo *pañueleta!
#DígochoEu
Esther danos a alternativa a esta palabra incorrecta en galgo *pañueleta!
#DígochoEu
VERTICAIS: 1. REDFORD 2. KAMPALA 6. ROXÓN 7. ESTRONCIO 8. BOLO.
HORIZONTAIS: 3. ADELFA 4. OPA 5. TRÉCOLA 9. FERRINMOREIRAS 10. XENOCIDIO.
Máis cultura xeral!
Continúo coa serie adicada a esas illas españolas "menos coñecidas", pero que tamén teñen o seu encanto.
Se onte falamos da Illa de San Simón, hoxe tocalle a Illa de Santa Clara.
11. Illa de Santa Clara
A Illa de Santa Clara é unha illa situada na provincia de Guipúscoa (País Vasco). Trátase dun illote de 5’6 hectáreas situada no centro da baía da Concha (Donostia) e que alcanza os 48 metros de altitude, sendo bastante escarpada debido ás súas reducidas dimensións.
A illa de Santa Clara é un ben de dominio público de titularidade municipal, cedido polo Estado Español ao Concello de Donostia en virtude de Decreto de 31 de outubro de 1968.
Posúe un embarcadoiro e unha pequena praia que só aparece coas baixamares e que, con todo, conta con servizo de socorrismo, duchas e ata quioscos de tempada, debido ao gran número de persoas que no verán se achegan a esta illa (comunicada durante o verán co porto de San Sebastián mediante un servizo regular de barco). Á parte do pequeno peirao e as dotacións asociadas ao período estival, a única construción do illote é un faro que se ergue na súa cima. A finais do século XVI foron trasladados á illa os contaxiados pola peste que nesa época arrasaba á capital guipuscoana.
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxes: gl.wikipedia.rg e guias.masmar.net
VERTICAIS: 1. Apelido do director de cinema, protagonista de obras mestras como O golpe ou Todos os homes do presidente, falecido recentemente na súa casa de Utah (EEUU) 2. Capital de Uganda (África Oriental) 6. Anaco de carne máis ou menos graxenta ou de febra torrada que queda despois de derreter as graxas do porco no proceso de elaboración da manteiga 7. Elemento químico metálico do grupo dos alcalinotérreos, brando, dúctil e maleable, de cor branca prateada, que descompón a auga por contacto e de símbolo Sr 8. Peixe da subclase dos acantopterixios, de corpo alongado, sen aletas ventrais e cunha soa ala dorsal de raios brandos, que vive en bancos sobre fondos areosos ou de grava e do que se coñecen múltiples especies.
HORIZONTAIS: 3. Arbusto ornamental da familia das apocináceas, de follas perennes, lanceoladas e velenosas e flores grandes brancas, vermellas ou rosáceas, segundo a variedade e de nome científico Nerium oleander, tamén coñecido como loendro 4. Oferta pública de adquisición, pola que un investidor ou grupo de investidores ofrecen publicamente e a todos os accionistas dunha compañía cotizada a compra das súas accións, ou doutros valores que permitan adquirilas, a un prezo determinado 5. Instrumento feito de táboas e outros materiais, que pode ter distintas formas e que, ao ser movido polo vento ou accionado por algún mecanismo, fai ruído 9. Nome do asteroide (14005) que a Unión Astronómica Internacional (UAI) vén de nomear na honra da científica galega Antonia Ferrín Moreiras 10. Exterminación metódica dun grupo social por motivos étnicos, relixiosos ou políticos.
O 14 de setembro de 2015, o observatorio LIGO detectou por primeira vez ondas gravitacionais, confirmando unha predición centenaria de Einstein e outorgando aos seus descubridores o Nobel. Estas ondas, xeradas pola colisión de dous buracos negros, supuxeron o inicio dunha nova era na astronomía. Unha década despois, LIGO, xunto con Virgo en Italia e Kagra en Xapón, rexistra fusións de buracos negros cada tres días, medindo ondulacións no espazo-tempo inimaxinablemente pequenas. Os avances tecnolóxicos permitiron observar con gran detalle fenómenos que validan teorías de Einstein e Hawking, abrindo infinitas posibilidades de coñecemento cósmico.
FONTE: Daniel Mediavilla/elpais.com
Continúo coa serie adicada a esas illas españolas "menos coñecidas", pero que tamén teñen o seu encanto.
Se onte falamos da Illa de cabrera, hoxe tocalle a Illa de San Simón.
10. Illa de San Simón
A illa de San Simón pertence á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela (Pontevedra), sendo un dos cinco lugares desta parroquia. Na actualidade atópase deshabitada. Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo, delimitando cos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. A illa está unida á illa de Santo Antón por unha ponte. O conxunto de ambas as illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.
Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999.
No ano 2006 a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia elixiu o arquipélago de San Simón como símbolo da represión no Ano da Memoria.
FONTE: gl.wikipedia.org Imaxes: gñ.wikipedia.or e BBC/lasislasdelmundo.blogspot.com
Continuará...