Blogia

vgomez

O LEÓN MARIÑO E A BALEA XIBARDO

 

O fotógragrafo e biólogo mariño Chase Dekker logrou captar a impresionante imaxe dun león mariño caendo nas fauces dunha balea xibardo (Megaptera novaeanglia), nunha viaxe en barco para avistar baleas no Océano Pacífico, na costa da Baía de Monterey, California, o pasado 22 de xullo.

Mentres os cetáceos comían anchoas, un desafortunado león mariño non logrou saír do camiño a tempo e terminou dentro das fauces da balea , que nunca pechou as súas mandíbulas, e o león mariño logrou afastarse. A balea xibardo, mesmo, asustouse, indicou o fotógrafo.

FONTE: chasedekker.com

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA XIII

VERTICAIS: 1. Rabudo 3. Enxebre 4. Petisco 6. Aperta 7. Agarimo 8. Chosco 11. Aloumiño 12. Avelaíña 13. Lareira 14. Ledicia

HORIZONTAIS: 2. Larpeirada 5. Garatuxa 9. Xeitoso 10. Chafallada 15. Arroutada

Léxico galego!

CRUCIGRAMA XIII

VERTICAIS: 1. Que ten mal xenio 3. Que é característico e propio dun país ou dunha rexión e que non está falseado, deformado ou mesturado con nada alleo 4. Porción pequena de algo que se toma para probar 6. Acto de abrazar ou cinguir cos brazos 7. Sentimento de afección, amizade, tenrura, simpatía etc., por alguén 8. Que non ve ben dun ollo ou dos dous 11. Demostración de cariño que se lle fai a unha persoa ou a un animal pasándolle a man suavemente pola pel ou polo pelo 12. Bolboreta nocturna da suborde dos heteróceros, de corpo arredondado e piloso, ás longas e estreitas, voo rápido e da que existen diversas especies 13. Pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lume para cociñar, nas casas tradicionais, e sobre a que adoita ir colocada unha cambota 14. Estado de ánimo ou sentimento de pracer que produce un suceso favorable.

HORIZONTAIS: 2. Comida que sabe moi ben, en particular, unha cousa doce 5. Demostración de cariño que se fai a unha persoa con aloumiños e con palabras de afecto 9. Moi apropiado 10. Cousa mal feita, sen coidado nin arte 15. Axitación súbita e violenta do ánimo durante a que un perde o control de si mesmo.

SABES QUEN O DIXO XI

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é Robert Oppenheimer  (1904-1967). Foi o director científico do proxecto Manhattan, cuxo obxectivo era que Estados Unidos fóra dos primeiros en desenvolver a primeira arma nuclear, polo que a miúdo era nomeado como un dos «pais da bomba atómica»

 E imos coa proposta para hoxe!

11. Cal destas citas soadas si foi pronunciada por  Nietzsche?

-Sabedoría non é destruír ídolos, senón non crealos nunca

-A instancia ética sobrevén non cando finximos que non hai inimigos, senón cando se tenta entendelos, poñerse no seu lugar

-Soamente aquel que constrúe o futuro ten dereito a xulgar o pasado

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es


DESCOBREN 3 NOVOS EXOPLANETAS, UN DELES POTENCIALMENTE HABITABLE

Recreación artística do sistema planetario descuberto ao redor da estrela GJ 357 / TESS Media Office

En 1995 a comunidade científica celebraba o descubrimento do primeiro exoplaneta. Hoxe, case 25 anos despois, a cifra de exoplanetas descubertos ascende a máis de 4.000. Neles tivo unha especial contribución o telescopio espacial TESS da NASA, cuxos datos proporcionaron o descubrimento de tres novos exoplanetas que orbitan unha estrela a 73 anos luz da Terra, que foi anunciado esta semana.

A revista Astronomy & Astrophysics publica outro novo achado coa axuda do TESS. Trátase tamén de tres exoplanetas, un deles potencialmente habitable. O estudo foi liderado polo Instituto Astrofísico de Canarias (IAC) e o Instituto Max Planck de Astronomía de Heidelberg (Alemaña).

O achado comezou cando o satélite TESS detectou en febreiro a presenza dun exoplaneta (GJ 357 b) en tránsito, é dicir, un planeta fóra do sistema solar que escurece brevemente a luz da súa estrela ao pasar por diante dela en cada órbita.

Para confirmar a presenza deste novo corpo celeste, o equipo utilizou datos obtidos desde varios observadores terrestres, entre eles o de Calar Alto en Almería, que opera o instrumento CARMENES.

Os resultados revelaron que o exoplaneta orbitaba ao redor dunha estrela anana a 31 anos luz da Terra, á que denominaron  GJ 357. Localizada na constelación Hydra, ten ao redor un terzo da masa e tamaño do Sol e é un 40 % máis fría.

Durante o proceso, os investigadores descubriron dous mundos adicionais: GJ 357 c e GJ 357 d.

Dos tres  exoplanetas descubertos, GJ 357 d, o máis afastado da estrela, é o único que podería albergar vida.

O GJ 357 d orbita a súa estrela cada 55,7 días a unha distancia de preto do 20% da distancia da Terra ao Sol, e pesa, polo menos, 6,1 veces a masa do noso planeta. Aínda que o seu tamaño e composición son descoñecidos, un mundo rochoso con esta masa oscilaría entre unha e dúas veces o tamaño da Terra.

Outro dos novos  exoplanetas, o GJ 357 b, interesa aos autores pola súa atmosfera.

O GJ 357 b é un 22% máis grande que a Terra e orbita once veces máis preto da súa estrela do que Mercurio faino do Sol. Ten unha temperatura de ao redor de 254º C.

Estudar a composición detallada das atmosferas dos exoplanetas próximos será unha tarefa para o Telescopio Espacial James Webb (JWST), cuxo lanzamento está previsto para 2021. O CAB participa neste proxecto liderando o desenvolvemento de dous dos seus instrumentos, e para a nova xeración dos chamados telescopios terrestres «extremadamente grande» ELT (Extremely Large Telescopes) en construción.

FONTE: sinc/abc.es

ILUSIÓN ÓPTICA

 

A fotografía que ves é en branco e negro. Ou case: trátase dunha foto en branco e negro á que se superpuxo unha cuadrícula en varias cores. Se vemos as camisetas verdes, amarelas ou azuis é polos cadros. O noso cerebro “enche” a imaxe, asumindo que toda a camiseta é desa cor.

Esta ilusión é obra do creador digital Øyvind Kolås.

Iste efecto é unha variante da ilusión Munker, que mostra como a percepción da cor vese afectada polo contexto.

FONTE: Verne/elpais.com

SABES QUEN O DIXO X

A contestación correcta á pregunta do último día de Quen o dixo? é Alfred Hitchcock (1899-1980). Con máis de 50 películas, este director de cinema londiniense sentou as bases de dous novos xéneros: o suspense e o  thriller psicolóxico. Psicose é a súa obra máis emblemática.

E imos coa proposta para hoxe!

10. Agora, convertinme na morte, destrutora de mundos”. Que famoso físico pronunciou esta frase?

- Robert Oppenheimer

- Albert Einstein

- Richard Feynmann

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: muyinteresante.es

O CEO DO MES: AGOSTO 2019

 

1 de agosto: Lúa Nova

7 de agosto: Cuarto Crecente

15 de agosto: Lúa Chea

23 de agosto: Cuaro Minguante

30 de agosto: Lúa Nova

Chuvia de Meteoros: Perseidas (tamén coñecidas como bágoas de San Lourenzo): do 17 de xullo ao 24 de agosto, con máximo do 12 ao 13. O cometa asociado é  109P/Swift-Tuttle e o radiante é a cosntelación de Perseo. Desgraciadamente a case coincidencia do máximo co plenilunio complica a súa observación.