Blogia

vgomez

CÓCTEL DE SABERES IX

A contestación a pregunta de química de onte é Osmio. O osmio (Os) ten unha densidade total de 22,61 gramos por centímetro cúbico. Séguenlle o Iridio (Ir) e o Platino (Pt).

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Astronomía. Por que é famoso o cometa Halley?

- Por ser o primeiro cometa descuberto polo home.

- Por ser o primeiro cometa recoñecido con órbita cíclica.

- Pola súa gran cola de 35º de lonxitude, por iso é polo que se coñeza como o Gran Cometa.

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

SOLUCIÓN CRUCIGRAMA VII

VERTICAIS: 1.Cerceta  3.Lavandeira  4.Paporroibo  5.Mazarico  9.Gaivota

HORIZONTAIS: 2.Píllara  6.Papallás  7.Bufo  8.Andoriña  10.Ferreiriño 11.Cuco  12.Liñaceiro  13. Pombo  14.pardal

Crucigrama das aves galegas. Continuará!


CRUCIGRAMA VII

Verticais: 1. Ave palmípede da familia dos anátidos, máis pequena ca o pato, da que existen distintas especies e que podes observala no Esteiro do Miño  3. Paxaro da familia dos motacílidos, do que existen diversas especies, de cor gris ou verdosa polo lombo e branca ou amarela polo ventre, cunha cola longa que abanea con elegancia ao andar, voo lixeiramente ondulado e que vive en lugares húmidos  4. Paxaro da familia dos muscicápidos, de cor olivácea nas partes superiores, coa parte dianteira da cabeza e da gorxa e o peito rubios e ventre abrancazado. O seu nome científico é   Erithacus rubecula  5. Ave da orde dos caradriformes, de peteiro longo, delgado e curvado na punta cara a baixo, patas longas, que vive na beiramar e en xeral en lugares húmidos e se alimenta principalmente de miñocas, moluscos e insectos, da que existen varias especies  9. Ave da familia dos láridos, mariña e cosmopolita, de tamaño medio, ás longas, patas palmadas, plumaxe xeralmente de cor gris na parte superior das ás e, no lombo e no resto do corpo, branca, da que existen varias especies e que abundan no noso pob, causando algún que outro dano nos tellados das casas.

Horizontais: 2. Ave limícola de plumaxe gris ou parda na parte superior e xeralmente branca na parte inferior, de patas curtas e ás rematadas en punta, da que existen diversas especies e que ANABAN está a facer unha campaña de aniñamento nos areais preto da praia do Muíño  6. Ave da familia dos fasiánidos, de cor acastañada cunha mancha branca e moura na gorxa a xeito de colar no macho, e de cor máis apagada con pencas escuras no peito e sen colar na femia. Ten por nome cientíco Coturnix coturnix  7. Ave rapaz nocturna da familia dos estríxidos, de cor parda polo dorso e máis clara con riscos verticais escuros nas partes inferiores, ollos grandes, dous feixiños de plumas erguidas na cabeza a modo de orellas, da que existen varias especies  8. Paxaro da familia dos hirundínidos, coa parte superior de cor negra azulada, a inferior branca e a testa e a gorxa vermellas, ás rematadas en punta e cola gallada e que forma parte dunha canción de Xoan Pardo 10. Ave insectívora da familia dos páridos, de peteiro fino e do tamaño do gorrión da que existen varias especies. O seu cando dise que anuncia a choiva  11. Ave da familia dos cucúlidos, de cor cinsenta nas partes superiores e o pescozo e abrancazada con bandas grises nas inferiores, coa cola máis escura, que se caracteriza polo seu canto, contendo o seu nome  12. Paxaro da familia dos frinxílidos coa plumaxe de tons pardos, co peito e a testa encarnados durante a época estival nos machos. tamén se coñece como nabiñeiro  13. Ave da familia dos colúmbidos, de cor gris cinsenta, coas patas e o peito granates, pintas brancas nas ás e no pescozo e no extremo do rabo unha ancha banda negra. Ten por nome científico Columba palumbus  14. Paxaro da orde dos paseriformes, moi común, de pequeno tamaño, con plumas pardas raiadas de escuro e peteiro curto e curvo, que se alimenta de grans, sementes, insectos etc., e do que existen varias especies. Tamén se coñece como gorrión.


CÓCTEL DE SABERES VIII

A contestación a pregunta de xeoloxía de onte é Do magma dos volcáns. Esta rocha de cor agrisada, bastante porosa e igualmente áspera, que coñecemos como pedra pómez ou pumita, fórmase a partir da escuma de certas lavas; isto é, procede do magma dos volcáns que sae á superficie durante as erupcións dos mesmos. É moi pouco densa, tanto que mesmo flota na auga.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Química. Cal é o elemento químico máis denso?

- Iridio

- Wolframio

- Osmio

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

O CEO DO MES: XUÑO 2019

 

3 de xuño: Lúa Nova

10 de xuño: Cuarto Crecente

17 de xuño: Lúa Chea

21 de xuño: Comezo do verán

25 de xuño: Cuarto Minguante

Chuvia de meteoros: Nada que reseñar

 

  

ANYmal: UN ROBOT CUADRÚPEDO TODOTERREO

 

O aspecto de ANYmal é o dun can robótico inofensivo. A súa forma de andar é mesmo cómica e a súa xéstica (se é que iso pode aplicarse a máquina das súas características, xa que non trata de imitar aos humanos) nada intimidatoria. E, con todo, hai quen o cualifique como aterrador e mesmo unha web de tecnoloxía incluíuno entre os robots máis “horribles”. A culpa, por suposto, non é dos seus creadores, a compañía suíza ANYbotics, centrada nunha robótica de servizo, senón dun capítulo da fabulosa serie Black Mirror (en concreto o quinto da cuarta tempada, titulado  Metalhead) no que un grupo de enxeños  robóticos similares a cans parecían dominar á especie humana pola forza ata case aniquilala. O lema de ANYbotic, en cambio, é “Permitamos que os robots vaian a calquera sitio”, quizá a forma de expresar a súa confianza nunha tecnoloxía que non para de crecer e que debería servir unicamente para facer as nosas vidas máis sinxelas. E iso é precisamente o que se pretende con ANYmal, un  cuadrípedo cunhas capacidades asombrosas: “un robot común, o que ten rodas, está moi ben e ten moitas funcións e suficiente batería para funcionar durante horas. Pero non se pode utilizar baixo a choiva ou usar escaleiras. Doutra banda os drons funionan moi ben, traballan desde distintos ángulos e proporcionan imaxes estupendas pero voan durante poucos minutos e poden levar pouca carga. O noso robot é unha combinación entre ambos. Pode moverse por calquera tipo de terreo e, ao mesmo tempo, pode levar unha carga grande e batería de longa duración. A batería dura tres horas e debido a que é  autómomo pode volver sobre os seus pasos e recargase nunha estación”, explican dende a compañía.

A versatilidade de ANYmal convérteo nun robot perfecto para un amplo rango de tarefas industriais, no interior ou exterior, para labores de repartición, de rescate, agrícolas, forestais ou mesmo de entretemento. E é que as súas catro patas permítenlle camiñar, correr, saltar,  gatear, escalar ou… bailar. Aínda que, obviamente, a mobilidade é un dos fortes do robot, o resto do seu equipamento é o que consegue que sexa unha ferramenta tan poderosa. Grazas a distintos sensores, cámaras e aplicacións, ANYmal é capaz de elaborar  mapeados, detectar cambios de temperatura ou variacións de son, o que lle permite aplicar distintas solucións no espazo no que se atope traballando.

Aínda que na actualidade ANYmal atópase en fase beta, os seus creadores esperan comercializalo moi pronto, e para iso están centrados en mellorar a súa robustez e distintas destrezas. Ademais, a idea é que funcione con APIS abertas que permitan aos clientes programalos eles mesmos para que poidan adaptarse a distintos tipos de tarefas. Pero… que non renda o pánico, porque ningunha delas contempla crear un exército de cans asasinos dispostos a sementar o caos no mundo.

FONTE: José  L. Álvarez  Cedena/elpaís.com

CÓCTEL DE SABERES VII

A contestación a pregunta de física  de onte é Verdadeiro. Esta partícula xunto co neutrón, constitúe un dos elementos básicos do núcleo atómico. O  protón ou partícula  subatómica de carga positiva ten o signo contrario ao do electrón, e unha masa 1836 veces superior a iste. Foi descuberto en 1918 polo físico  neozelandés Ernst Rutherford (1871-1937).

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Xeoloxía. De onde procede a famosa “pedra  pómez”?

- Do fondo mariño

- Do magma dos volcáns

- Das minas

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

COMUNICACIÓN NON VERBAL

 

David Matsumoto é un recoñecido experto no campo da comunicación non verbal, a linguaxe xestual e as emocións. Psicólogo e profesor de psicoloxía na Universidade Estatal de San Francisco, ademais é o fundador e director do Laboratorio de Investigación en Cultura e Emocións, que estuda o papel da cultura, a emoción, a interacción social e a comunicación do ser humano. Para Matsumoto comprender que é a comunicación non verbal e como usala é esencial, xa que nos permitirá crear contornas educativas que favorezan a aprendizaxe tanto na contorna familiar como na aula: “O meu obxectivo é tomar conciencia do tipo de cousas que facemos, como nos desenvolvemos, e o noso ton de voz. Se observamos as cousas e ás persoas podemos obter unha gran cantidade de información e intencións diferentes”.

É editor e membro de varias revistas de psicoloxía como a ‘Revista de Psicoloxía  Transcultural’ ou ‘Compás de Psicoloxía Social e Personalidade’, entre outras. Ademais de autor de libros como ‘O Manual de Cultura e Psicoloxía’, no que describe a evolución da psicoloxía cultural e intercultural. Á súa vez, Matsumoto é un destacado judoca, e recibiu varios premios como o ‘Coach do Ano’, outorgado polo Comité Olímpico de Estados Unidos en 2003, polos seus labores como coach principal do Equipo Olímpico de  Judo de Atlanta en 1996.