Blogia

vgomez

#DígochoEu: Non digas *Sanabria nin *Vegadeo

Moito coidado cos topónimos daqueles lugares onde se fala galego fóra de Galicia porque adoitan ter tamén unha forma galega!

#DígochoEu

ENCRUCILLADO CLXXXVI

VERTICAIS: 1. O segundo dedo da man, entre o polgar e o maior 3. Un dos ríos máis importantes de América do Sur (cuarto río suramericano maís longo con 2.140 km) que nace e discorre por Venezuela, nun tramo do seu percorrido fai de fronteira con Colombia  4. Elemento químico metálico de transición, nobre e duro, que se atopa na natureza en forma de cristais de cor gris azulada asociado ao iridio e ao platino, de símbolo Os 5. Aparello para bambearse por divertimento, formado por dúas cordas ou cadeas penduradas, cun asento a certa altura do chan 6. Planta de tubérculo pertencente á familia das primuláceas, que provén da zona mediterránea onde os invernos son bastante marcados e os veráns moi cálidos, tamén coñecida como artánita e pan de porco e de nome científico Cyclamen spp.

HORIZONTAIS: 2. Nome común das moedas oficiais da India, Paquistán, Sri Lanka, o Nepal, Mauricio, Seychelles, Indonesia e as Maldivas 7. Insecto de gran tamaño da orde dos coleópteros, de cor loura e negra que, no caso do macho, ten dúas mandíbulas semellantes a cornos en forma de arco 8. Lugar onde se cruzan dous ou máis camiños 9. Capital da República das Maldivas 10. Peixe mariño comestible da familia dos caránxidos, de corpo fusiforme e cor gris verdosa ou azulada polo lombo e gris prateada polos costados, que vive en mar aberto, case sempre lonxe da costa e de nome científico Trachurus trachurus.

O CEO DO MES: NOVEMBRO 2025

5 de novembro: Lúa Chea (Superlúa do cazador)

12 de novembro: Cuarto Minguante

20 de novembro: Lúa Nova

28 de novembro: Cuarto Crecente

Chuvia de Meteoros: Leónidas: Do 6 ao 30 de novembro, con máximo na noite do 16 ao 17. O seu corpo proxenitor é o cometa 55P/Tempel-Tuttle e o radiante a constelación de Leo.

CANTO SABES DE BURKINA FASO? XI

Continúo coa serie adicada a de Burkina Faso, ese país africano, sen litoral, que durante moito tempo, foi coñecido como Alto Volta. Un país que ten una natureza espectacular!

A contestación correcta á pregunta de onte é Cabalo. O cabalo Dongola da afro-megafauna do Sahel occidental ou o semental branco de Dongolawi (Equus ferus caballus) é o animal nacional oficial de Burkina Faso. Esta figura aparece representada no escudo de armas do país, flanqueado por dous destes animais.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

11. A constitución de 1991 estableceu en Burkina Faso un sistema de goberno semipresidencial cun parlamento (Assemblée) o cal pode ser disolto polo presidente da República. Continúa actualmente este sistema de goberno?

- Si

- Non

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

”Paseos de luz, paseos de saúde”

Tamara Pazos é bióloga e investigadora na Universidade da Coruña. O seu traballo céntrase en como o estilo de vida e a contorna modulan o cerebro e o corpo, desde a vitamina D e a exposición solar ata o impacto do sedentarismo ou a actividade física na lonxevidade.

Divulgadora e autora, combina ciencia e vida cotiá para mostrar que pequenos xestos —como expoñerse ao amencer do día ou camiñar a diario— teñen un efecto directo no noso estado de ánimo, na saúde celular e na calidade de vida.

#DígochoEu: Cinco palabras do Samaín

Para que dicir ’ghalogüín’ se temos o noso Samaín? Velaquí cinco palabras que teñen que ver con estas datas!

#DígochoEu

CANTO SABES DE BURKINA FASO? X

Continúo coa serie adicada a de Burkina Faso, ese país africano, sen litoral, que durante moito tempo, foi coñecido como Alto Volta. Un país que ten una natureza espectacular!

A contestación correcta á pregunta de onte é 3. Parque nacional W, 2.350 km², creado en 1954. Parque nacional de Kaboré Tambi, 2.427 km², creado en 1976 como Parque Nacional del Po, pero foi renomeado na honra dun gardabosques do parque que foi asasinado por cazadores furtivos en 1991. Parque nacional de Deux Balés, 566 km², creado en 1937. Tamén conta cunha Reserva Integral de Fauna de Arli, 760 km², a miudo chamada Parque nacional de Arli, que ten continuidade no Parque nacional de Pendjari, en Benín e forma parte do Complexo W-Arly Pendjari.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Cal é o animal nacional de Burkina Faso?

- Elefante

- León

- Cabalo

- Crocodilo

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org     Imaxes: mapasdelmundo.com e publicdomainpictures.net

#DígochoEu: Ollo con 'ambos' e con 'ambas'

🙋🏻‍♀️🙋🏻‍♀️ ’Ambos’ e ’ambas’ é o mesmo que dicir os dous ou as dúas, pero hai que prestar moita atención se vai cun substantivo. Sabes por que? 🤔

#DígochoEu