SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS CLXXIV
Peixes de Galicia!
Peixes de Galicia!
Durante a noite de hoxe, domingo 7 de setembro de 2025, será posible observar unha eclipse total de Lúa que será visible desde gran parte do mundo e que en España poderá verse como total, excepto nas zonas máis occidentais de Galicia e nas Illas Canarias, onde o orto lunar producirase inmediatamente despois do final da totalidade. A observación da eclipse pódese realizar a primeira ollada e non entraña ningún perigo nin require ningún tipo de instrumentación especial.
No extremo máis occidental de Galicia e as illas Canarias, a eclipse total finalizará antes da saída da Lúa sendo só visible o final da fase parcial, mentres que no resto da península, illas Baleares, Ceuta e Melilla a Lúa sairá totalmente eclipsada, polo que se verá o final da fase total, pero non o comezo. Durante a eclipse total, a Lúa non estará completamente escura, senón que tomará un ton avermellado, iso débese a parte da luz solar que é desviada pola atmosfera terrestre.
Unha eclipse ocorre cando o Sol, a Terra e a Lúa se aliñan. Se ese fenómeno ten lugar durante a fase da lúa chea, cando a Lúa pasar pola sombra da Terra, denomínase eclipse de Lúa, ou eclipse lunar. O tipo e a duración da eclipse lunar depende da localización da Lúa en relación á súa órbita.
Eclipse lunar total: A Lúa atravesa completamente o interior da umbra da Terra, a parte interna da sombra. A velocidade da Lúa a través da sombra é de cerca de 1 km por segundo, e unha eclipse total pode durar ata 102 minutos (case unha hora e tres cuartos). O período decorrido a partir do momento en que a Lúa ten o primeiro contacto coa umbra da Terra até o momento en que a abandona totalmente, por outro lado, pode durar varias horas.
FONTE: astronomia.ign.es e gl.wikipedia.org
ABADEXO AGULLA ACEDÍA
PAPARDA RUBIO ANGUÍA
MARAGOTA MARUCA ZAMBORCA
BOCARTE BACORETA BERTORELLA
Continúo coa serie adicada á Rexión de Murcia, tamén coñecida como o “Xardín de Europa”. Destacamos as súas reservas mariñas, praias paradisíacas, pinturas rupestres, vestixios romanos, tradicións únicas, chans fértiles e as terras de cultivo que se estenden en todas direccións dan lugar a marabillosos froitos, apreciados nos seus pratos irresistibles, e unha natureza envexable.
A contestación correcta á pregunta de onte é Fernando López Miras. (Murcia, 4 de outubro de 1983), avogado e político, actual presidente da Rexión de Murcia desde 2017. Tamén preside o PP da Región de Murcia desde ese mesmo ano.
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Cantos concellos ten a Rexión de Murcia?
- 35
- 45
- 55
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
Esta fin de semana chega aos cines a película Romería. Película sobre a memoria familiar que pecha a triloxía da súa directora, composta por Verán 1993 e Alcarràs. Estreda no Festival de Cine de Cannes de 2025 en Francia, en maio, e que hoxe estréase en España. Esta é a súa fiche técnica:
Título orixinal: Romería
Ano: 2025
Duración: 115 min.
País: España
Xénero: Drama
Dirección: Carla Simón
Guión: Carla Simón
Produtora: Elastica films
Coprodución España-Alemania: Ventall Cinema, Dos Soles Media, Movistar Plus+, RTVE, 3Cat, ZDF/Arte
Distribución: Ad Vitam Distribution, MK2
Música: Ernest Pipó
Fotografía: Hélène Louvart
Reparto: Tristán Ulloa, Sara Casasnovas, Llúcia Garcia,José Ángel Egido, Miryam Gallego, Mitch Martín,Celine Tyll,Janet Novás, Marina TroncosoAlberto Gracia, Sergio Quintana, David Saraiva...
Sinopse: Mariña viaxa a Vigo para coñecer á familia do seu pai biolóxico, que morreu da SIDA, do mesmo xeito que a súa nai, cando ela era moi pequena. A través dos encontros cos seus tíos, tías e avós, a moza tenta reconstruír un relato dos seus pais, pero todos senten demasiada vergoña cara aos conflitos de drogas da parella, algo que Mariña lémbralles coa súa presenza. Será a historia de amor adolescente que vive co seu curmán o que lle permite reimaxinar aos seus pais e conectar con eles. Desta forma, inventa un conto, grazas ao diario da súa nai, que a libera do estigma que a súa familia sente por eles e cumpre o desexo de entender o pasado...
Profunda, arriscada pero fermosa!
Galicia presente na película!
Continúo coa serie adicada á Rexión de Murcia, tamén coñecida como o “Xardín de Europa”. Destacamos as súas reservas mariñas, praias paradisíacas, pinturas rupestres, vestixios romanos, tradicións únicas, chans fértiles e as terras de cultivo que se estenden en todas direccións dan lugar a marabillosos froitos, apreciados nos seus pratos irresistibles, e unha natureza envexable.
A contestación correcta á pregunta de onte é Illa Mayor. Tamén chamada Illa do Barón, está situada case no centro do Mar Menor, e como o seu nome indica é a illa de maiores dimensións tanto dese mar como de toda a rexión murciana (93’8 hectáreas). Trátase dun cono volcánico extinguido que lle dá á illa a súa característica forma cónica (104 metros de altitude) e perímetro redondo. É de propiedade privada, polo que está prohibido desembarcar nela. O nome de Illa do Barón vénlle do Barón de Benifayó, quen construíu un palacio de estilo neomudéxar nesta illa, coñecido como a casa do barón. A Illa Mayor posúe un bosque de palmeira anana único en Europa e conta tamén cunha gran riqueza ornitolóxica. Paisaxe Protexida.
E imos coa pregunta de hoxe!
10. Cal é o actual Presidente da Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia?
- 1
- 2
- 3
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org, asambleamurcia.es, laopiniondemurcia.es e antena3.com