Blogia

vgomez

CANTO SABES DE ASTURIAS? XII

Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.

A contestación á pregunta de onte é Nalón. Nace a 1.440 metros de altitude preto do porto de Tarna (Caso). En Forcinas (Pravia) únese co Narcea, formando a denominada ría de Pravia, que comunica co mar Cantábrico. É o curso fluvial asturiano máis longo do principado con 145 km.

E imos coa preguta de hoxe!

12. Cal é o lago máis grande de Asturias?

- Lago Enol

- Lago Ercina

- Lago do Val

- Lago Negro

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE:es.wikipedia.org  Imaxes: elpais.com e guiadeasturias.com

#DígochoEu: Manda chover na Habana! Moito aprendemos coa xente do Sagrada Familia da Coruña

O tempo está tolo! É a primavera!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *esqueje

*Esqueje é incorrecto en galego. Enton como se di en galego?

#DígochoEu

O Premio Fronteiras do Coñecemento XVII Edición en Cambio Climático e Ciencias do Medio Ambiente

O Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento XVII Edición en Cambio Climático e Ciencias do Medio Ambiente foi concedido á investigadora estadounidense Camille Parmesan por demostrar, “de forma pioneira, que as especies salvaxes modifican a súa distribución xeográfica en resposta ao cambio climático”.

Estes desprazamentos aos polos e a zonas máis elevadas responden o aumento global das temperaturas e supoñen “un achado fundamental que senta as bases da ecoloxía do cambio climático“, segundo destacou o xurado este martes durante o anuncio do galardón.

A galardoada, licenciada en Zoología e doutora en Bioloxía, nacida en Houston-Texas, Estados Unidos, 1961 e asentada desde 2017 en Francia onde forma parte do Departamento de Ecoloxía Experimental e Teórica no Centro Nacional para a Investigación Científica, observou este fenómeno inicialmente a mediados dos anos 90 en varias especies de bolboretas.

Con todo, durante o últimas tres décadas, Parmesan corroborou que o mesmo impacto do cambio climático “está a producirse en miles de especies de plantas e animais tanto en ecosistemas terrestres como mariños”.

A premiada foi tamén pioneira na aplicación da análise de grandes volumes de datos ou ‘big data’, para extrapolar os seus achados iniciais sobre algunhas especies de bolboretas a escala mundial, segundo resaltou o profesor de investigación no Departamento de Ecoloxía Integrativa da Estación Biolóxica de Doñana-CSIC en España e membro do xurado, Pedro Xordano.

FONTE: aristeguinoticias.com

CANTO SABES DE ASTURIAS? XI

Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.

A contestación á pregunta de onte é Torrecerredo. Só hai un pico ultraprominente (máis de 1.500 m de prominencia), o Torrecerredo ou Torre Cerréu, que con 2.649 m de altitude e 1.931 m de prominencia, é o teito de Asturias, no concejo de Cabrales, macizo dos Urrieles, Picos de Europa, compartido coa provincia de León.

 

E imos coa preguta de hoxe!

11. Cal é o río máis importante de Asturias?

- Sella

- Narcea

- Nalón

- Navia

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE: es.wikipedia.org  Imaxes: sadei.es e es.wikipedia.org

QUE ESCONDE A ANTÁRTIDA

A Antártida é un continente do planeta Terra, situado no hemisferio sur. Ten unha superficie de 13.209.000 km², que diminúe debido ao cambio climático. Non ten unha poboación autóctona debido ás condicións climáticas. Con todo, unhas 2000 persoas pisan esa terra cada ano, entre as que se encontran científicos, técnicos, especialistas, militares e turistas.

Este vídeo narra a viaxe a este continente!

CANTO SABES DE ASTURIAS? X

Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.

A contestación á pregunta de onte é 78. Los 10 primeros por orde de poboación son: 

E imos coa preguta de hoxe!

10. Cal é o punto máis alto de Asturias?

- Peña Santa de Enol

- Pico Tesorero

- Torrecerrero

- Mora de Lechugales

Mañá a solución e una nova proposta

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org 

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXXIV

VERTICAIS: 1. Cartafol 2. Cartelle 4. Mulhacén 6. Mirabel 7. Ferrol.

HORIZONTAIS: 3. Platino 4. Mackenzie 8. Cabala 9. Gabarra 10. Sedeño.

Máis cultura xeral!