SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXXIV
VERTICAIS: 1. Cartafol 2. Cartelle 4. Mulhacén 6. Mirabel 7. Ferrol.
HORIZONTAIS: 3. Platino 4. Mackenzie 8. Cabala 9. Gabarra 10. Sedeño.
Máis cultura xeral!
VERTICAIS: 1. Cartafol 2. Cartelle 4. Mulhacén 6. Mirabel 7. Ferrol.
HORIZONTAIS: 3. Platino 4. Mackenzie 8. Cabala 9. Gabarra 10. Sedeño.
Máis cultura xeral!
VERTICAIS: 1. Contedor virtual no que se almacena un grupo de arquivos de datos e que pode conter, á súa vez, outros contedores 2. Concello da provincia de Ourense, pertencente a Comarca de Terra de Celanova, onde se atopa a Igrexa barroca das Marabillas 4. Punto máis alto da Península Ibérica situado en Serra nevada con 3.479 m s.n.m. 6. Variedade da ameixeira común, case exclusiva da rexión francesa de Lorena, aínda que é común no val do Rosal (Pontevedra), que dá como froito unhas ameixas redondas, amarelas ou vermellas e de nome científico Prunus domestica var. syriaca 7. Cidade da provincia da Coruña, capital da comarca que leva o seu nome, con importancia naval e referente turistico da súa Semana Santa.
HORIZONTAIS: 3. Elemento químico de transición, metal precioso branco prateado, dúctil e maleable, empregado en xoiaría e na industria, e símbolo Pt 4. Río más grande de Canadá 8. Peixe fusiforme da familia dos escómbridos, de cor verde ou azul irisada con listas verticais negras no lombo e prateada ou branca no ventre, e de nome científico Scomber scombrus 9. Embarcación de fondo plano, xeralmente cuberta, que se usa especialmente nos ríos para transporte de mercadorías 10. Corda longa e grosa usada para suxeitar a carga do carro ou do remolque.
A expresión ’te la estás jugando’ non se pode traducir literalmente ao galego *estasta xogando! Esther dinos as alternativas!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.
A contestación á pregunta de onte é 3-Adrián Barbón Rodríguez. A saber…
E imos coa preguta de hoxe!
9. Cuantos concellos (concejos) ten Asurias?
- 58
- 68
- 78
- 88
Mañá a solución e una nova proposta
FONTE:es.wikipedia.org Imaxes:es.wikipedia.org e lavozdeasturias.es
Coidado co oversharings! É a necesidade de compartir aspectos da nosa vida sen control nas redes sociais. Os #cibercarrachos 😈 están a espreita!
#DígochoEu
A subida do nivel do mar é algo que se nota e notarase especialmente en áreas costeiras de cota baixa, como praias e beiras de moi baixa altura. É o que sucede en moitas illas do mundo, que xa están a se ver obrigadas a tomar medidas concretas (ás veces, mesmo, a evacuación de poboacións ou o traslado de pobos). Corea do Sur vai construír a primeira cidade flotante do planeta para sortear este problema.
O proxecto en concreto, fronte a Busan, a segunda cidade máis importante de Corea do Sur, impulsa a construción dunha cidade flotante con capacidade para unhas 12.000 persoas. Trátase dunha iniciativa que nace baixo os auspicios de Nacións Unidas e as obras comezarán meste ano, 2025.
En realidade, xa existen algunhas comunidades flotantes nos Países Baixos, Tailandia e outros puntos do sueste asiático. Pero son pequenos grupos de casas flotantes amarradas unhas a outras. En cambio, agora vaise crear por primeira vez unha verdadeira cidade que flote sobre as augas, provista de todas as infraestruturas para asegurar unha vida cómoda aos seus habitantes.
De feito, o complexo Oceanix, que así se chamará, consistirá na suma de varios módulos residenciais, unidos entre si e edificados sobre enormes plataformas de formigón suspendidas sobre a auga.
"Un bloque de formigón afúndese", afirma Koen Olthuis, arquitecto holandés, en declaracións ao diario Clarín. "Pero se lle damos forma de caixa, frota. É o principio de Arquímedes. A cantidade de volume que se despraza é igual ao peso da auga desprazada”, comenta o experto. E agrega: "Pensen na estrutura dos portaavións".
O proxecto de Busan nace ao amparo do Programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Humanos, coñecido como ONU-Hábitat. Forman parte do equipo o estudo de arquitectura BIG (Bjarke Ingels Group) e a empresa tecnolóxica Oceanix, dedicada a construír infraestruturas flotantes.
Con sede en Nova York, Oceanix deseña e constrúe infraestruturas flotantes para que as persoas vivan e traballen de forma sostible sobre o mar.
Unha alta porcentaxe das cidades son costeiras e, por tanto, poden ser vulnerables ao aumento do nivel do mar, segundo datos divulgados por ONU-Hábitat.
A cidade flotante que construirá fronte ás costas de Corea do Sur estará composta por unha serie de plataformas flotantes conectadas entre si, e que abarcarán unha superficie total de 6,3 hectáreas. Sobre elas poderán vivir entre 10.000 e 12.000 persoas.
Todo o conxunto estará unido a terra por unha ponte e cada unha das plataformas residenciais estará ancorada ao leito mariño.
Oceanix abastecerase de enerxías renovables e o obxectivo non é só a autosuficiencia, senón tamén, se é posible, producir suficiente enerxía para inxectar o sobrante na rede eléctrica xeral.
A construción do complexo, segundo confirmou un portavoz de Oceanix a este diario, comezará neste 2025. Primeiro fabricaranse as grandes plataformas de formigón, logo remolcaranse ata a súa localización definitiva e, acto seguido, levantaranse as edificacións e infraestruturas.
As plataformas de Busan serán basicamente grandes hexágonos de bordos redondeados, deseñados para que non se balanceen coa ondada e asegúrese así a comodidade dos seus habitantes, segundo os responsables da construtora, BIG.
BIG tamén traballou co Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) e diversas empresas de enxeñería naval para asegurarse que as plataformas poidan soportar non só as ondas, senón tamén os ventos e mesmo furacáns que poidan afectar a zona.
Estas estruturas caracterízanse tamén pola súa capacidade de aumentar a biodiversidade nos lugares nos que están ancoradas, ao proporcionar lugares para que medren ostras e mexillóns, por exemplo. “Este tipo de estrutura flotante atrae vida ao océano e axuda a restaurar a ecoloxía”, afirman os seus impulsores.
“É un fito fundamental para todas as cidades costeiras e nacións insulares que se atopan na primeira liña do cambio climático. Estamos en camiño de entregar OCEANIX Busan e demostrar que a infraestrutura flotante pode crear novos espazos para as cidades costeiras que buscan formas sostibles de expandirse cara ao océano, mentres se adaptan ao aumento do nivel do mar”, dixo o director executivo de Oceanix, Philipp Hofmann.
FONTE: Joan Lluís Ferrer/farodevigo.es/medio-ambiente
Continúo coa serie adicada a Asturias, oficialmente Principado de Asturias, comunidade autónoma española uniprovincial, situada no norte da Península Ibérica, caracterizada por ter unha especial contorna verde e natural coa mestura perfecta entre mar e montaña, praias, cantís e miradoiros espectaculares, municipios e pobos pesqueiros moi pintorescos que os fai únicos.
A contestación á pregunta de onte é 1.000.000 habitantes. Exactamente 1.009.599 habitantes, ocupando o posto 14º das Comunidades e Cidades Autónomas do país. A modo comparativo para que te fagas una idea un chisco máis que a nosa provincia, Pontevedra (947.957 habitantes).
E imos coa preguta de hoxe!
8. Cal é o actual Presidente de Asturias?
1-Juan Cofiño González
2-Gimena Llamedo González
3-Adrián Barbón Rodríguez
Mañá a solución e una nova proposta
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
O camarlengo, cardenal Kevin Farrell / Zumapres.com/Cordon Press
Estes días, pola porte do papa Francisco, hai moitas palabras vaticanas descoñecidas para a maioría de nos. A máis reperida é CAMERLENO.
O camarlengo é o Cardeal que preside a Cámara Apostólica e se encarga da administración e goberno da Igrexa mentres a sé apostólica de Roma está vacante.
Esta palabra ten a súa orixe nun termo do franco *kamarling que non significa outra cousa que ’camareiro’; certamente, como imos ver, o cargo de camarlengo é en certo sentido semellante ao de camareiro, por ser o axudante máis próximo ao pontífice.
De entre os cardeais posibles, é nomeado polo propio papa cada cinco anos para presidir a Cámara Apostólica, corpo administrativo da Igrexa romana. As súas funcións consisten en asumir o goberno da Igrexa, só administrativo, durante o período de sé vacante; na preparación do conclave e o seu correcto desenvolvemento, así como tamén en comprobar ou verificar a morte do pontífice, se se dá o caso. Ademais, destrúe o selo do pescador para evitar posibles falsificacións de documentos e sela cun lacre as dependencias papais ata que se instale o novo.
FONTE: portaldaspalabras.gal