#DígochoEu: Que ten que ver un trapo cun xeonllo? Nada!
O trapo ten moitos sinonimos no galego! Atentos!
#DígochoEu
O trapo ten moitos sinonimos no galego! Atentos!
#DígochoEu
Aínda que moitas persoas cren que os dous casquetes polares da Terra, o norte e o sur, son basicamente o mesmo, o certo é que hai moitísimas diferenzas entre ambos, a todos os niveis. Incluso a forma en que lles afecta o cambio climático difire tamén entre ambas as rexións xeadas. Estas son algunhas das características que distinguen o Círculo Polar Ártico (ao norte) do Círculo Polar Antártico (ao sur). Imos coas tres primeiras.
1.- Dos dous casquetes polares, só a Antártida é un verdadeiro continente formado por terra firme, que se atopa debaixo do xeo. En concreto, a súa superficie convérteo no cuarto continente do planeta en canto a extensión, con 14 millóns de quilómetros cadrados, case o dobre que Oceanía e, por suposto, moito maior que Australia. Pero no inverno, cando a masa xeada é maior, alcanza os 32 millóns de km2. É, por tanto, unha masa de terra cuberta de xeo. En cambio, o Ártico é un espazo oceánico xeado no medio doutros continentes. Consiste nun conxunto de mares xeados, aínda que inclúe partes da costa rusa, norteamericana e Groenlandia.
Océano ártico e Círculo Polar Ártico / Axencias
2.- En canto á poboacin humana, a Antártida non ten poboación permanente, senón que está deshabitada. Tan só viven alí os científicos das bases que varios países teñen instaladas de forma permanente, e que se reducen a unhas 1.000 persoas durante o inverno, e unhas 10.000 no verán. En cambio, o Ártico conta cunha importante poboación, sobre todo nos países que teñen costas dentro do Océano Ártico, sobre todo Rusia, cuns dous millóns de persoas. Finlandia, Suecia, Noruega e Groenlandia achegan uns 1.300.000 habitantes, e América do Norte, uns 830.000. De toda esta poboación, que supera os 4.300.000 individuos, uns 450.000 son indíxenas.
3.- A fauna tamén é diferente. Dado que as temperaturas do Ártico son menos extremas que as da Antártida, hai unha maior biodiversidade. O oso polar é un dos animais máis emblemáticos do casquete polar do Norte, xunto con baleas amoladas, morsas, focas, raposos árticos, lobos, narvais, entre outras moitas especies. Na Antártida, o animal máis característico é o pingüín (que non existen no Ártico), aínda que tamén distintos tipos de focas, lobos mariños antárticos e elefantes mariños, así como algunhas aves mariñas.
Os pingüíns viven na Antártida, non no Ártico / Pixabay
FONTE: Joan Lluís Ferrer/farodevigo.es
Continuará...
Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).
A contestación correcta á pregunta de onte é Blue Mountain. Tamén denominado Pico Montaña Azul, é a montaña máis alta do país caribeño de Xamaica con 2.256 metros. Atópase no límite entre as parroquias de Portland e Santo Tomás de Xamaica. Nas súas ladeiras cultívase o coñecido Jamaican Blue Mountain Coffee (é dicir, o café xamaicano da Montaña Azul).
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Cal é o maior río de Xamaica?
- Río Grande
- Río Minho
- Río Negro
- Rio Cobre
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: suecaexpres.com e youtube.com
Nada de *tostadas nin *tostadora! Atentos!
#DígochoEu
Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).
A contestación correcta á pregunta de onte é 3. Xamaica, na súa organización territorial, está dividida en 3 condados e 14 parroquias A saber..
E imos coa pregunta de hoxe!
6. Cal é o punto máis alto de Xamaica?
- John Crow
- Blue Mountain
- Cockpit Country
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e tripadvisor.es
VERTICAIS: 1. BOIMORTO 5. LASITUDE 7. BARBELA 9. INSHALLAH.
HORIZONTAIS: 2. MIMOSA 3. EREVÁN 4. BILBAO 6. CINC 8. DINA 10. CARPA.
Máis cultura xeral!
1 de febreiro: Conxunción da Lúa, Venus e Saturno. Comezará á tardiña e rematará cara ás 22:20.
5 de febreiro: Cuarto Crecente
12 de febreiro: Lúa Chea
20 de febreiro: Cuarto Minguante
28 de febreiro: Lúa Nova
Chuvia de meteoros: Nada que resinar.
Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).
A contestación correcta á pregunta de onte é Kingston. É a capital de Xamaica, situada no sueste o país, as beiras do mar Caribe, cunha poboación é de 960.459 habitantes. Foi fundada en 1693 polos ingleses logo de que un terremoto destuíse a cidade portuaria de Port Royal. Converteuse na capital administrativa da illa xamaicana en 1872 e conservou tal status até que o país logrou a súa independencia pasando entón a ser a capital do novo estado.
E imos coa pregunta de hoxe!
5. Xamaica, na súa organización territorial, está dividida en condados e parroquias. Pero cantos condados ten?
- 2
- 3
- 4
- 5
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org