Blogia

vgomez

ENCRUCILLADO CLXIX

VERTICAIS: 1. Concello da provincia da Coruña pertencente á comarca de Arzúa, onde se celebra o Festival da Luz, creado por Luz Casal 5. Falta de forzas, de vigor 7. Conxunto de filamentos da espiga de millo 9. Palabra cunha orixe e uso principalmente islámico nos países árabes, que traducida sería Se Deus quere.

HORIZONTAIS: 2.  Árbore da familia das mimosáceas orixinaria de Australia, de casca lisa e agrisada, follas moi divididas e flores amarelas, recendentes, en forma de boliñas que se agrupan en acios e de nome científico Acacia dealbata 3. Capital de Armenia 4. Nome da ría que forma a desembocadura do sistema dos ríos Nervión e Ibaizabal, así como os seus últimos afluentes, na súa chegada ao mar Cantábrico, no golfo de Biscaia 6. Elemento químico metálico de cor branca azulada e brillo intenso, maleable e pouco resistente que en contacto coa humidade atmosférica se cobre facilmente dunha capa de óxido e que ten de símbolo Zn 8. Siglas para depresión illada en niveis altos, tamén coñecida como gota fría 10. Peixe de río da familia dos ciprínidos, habitante de augas profundas, co corpo oval comprimido lateralmente, de cor tirando a verde polo lombo e a branca polo ventre, que acada os quince quilos de peso. apreciado pola súa abundante carne e de nome científico Cyprinus carpio.

O ciclo reprodutivo dos cabaliños de mar é intenso

Os cabaliños de mar machos encárganse de incubar os ovos para que a femia poida xerar máis.

National Geographic España

 

708 K suscriptores

A ORIXE DAS PALABRAS: TER BOAS ALDABRAS

Ter boas aldabras’ é unha antiquísima expresión utilizada para indicar que alguén tiña bos e importantes contactos e influencias (para conseguir un favor, traballo…).

A orixe desta locución provén dos tempos nos que as portas non dispoñían de timbre senón de picaportes (coñecidas como ‘aldabras’) os cales eran unhas pezas de ferro (ou bronce) utilizados para chamar, golpeándoas contra a porta.

Canto máis importante e poderosa era a persoa que vivía naquel lugar máis grandes e valiosos eran os chamadores.

Cando alguén tiña amizade cunha persoa influente, en caso de necesidade podía acudir á vivenda e chamar á porta (mediante a aldabra), co fin de expoñerlle un problema ou pedir un favor.

Por iso é polo que xurdise o símil entre os chamadores e o ter bos e importantes contactos.

FONTE: Alfred López/20minutos.es

CANTO SABES DE XAMAICA? IV

Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).

A contestación correcta á pregunta de onte é 3. A saber…

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é a capital de Xamiaca?

- Negril

- Kingston

- Montego Bay

- Port Antonio

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e commons.wikimedia.org

ROMA SOMOS NÓS

O escritor Juan Eslava Galán, recoñecido pola súa extensa obra onde combina rigor histórico, grandes doses de humor e unha narrativa intrigante, converteu os grandes fitos da historia en best-seller. Licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Granada e doutoramento en Letras, Eslava Galán compaxinou a súa Cátedra de Inglés de Educación Secundaria coa súa paixón pola escritura e a historia. Faraóns, aventureiros, templarios, gregos ou romanos son só algúns dos protagonistas dos seus libros, onde describe as claves do pasado para entender o noso presente.

Ademais de ensaios divulgativos, Eslava Galán tamén escribe novelas de ficción histórica co pseudónimo Nicholas Wilcox, traduciu ao castelán a poesía de T.S. Elliot e foi recoñecido con galardóns como o Premio Planeta 1987 por Na busca do unicornio, Premio Ateneo de Sevilla, Fernando Lara, Premio da Crítica Andaluza e Medalla de Prata de Andalucía. Desde Na busca do unicornio ata o seu recente libro Historia de Roma contada para escépticos, o escritor ofrece aos lectores unha visión próxima e comprensible dos acontecementos que construíron o noso mundo. "Quizá buscamos na historia, lemos historia, porque buscamos na historia solucións do pasado para o noso presente, o cal non deixa de ser falso porque a historia repítese sempre porque nunca aprendemos. O home é o único ser que non aprende. Os animais aprenden dos seus erros, nós non. Nós repetimos os nosos erros", conclúe o autor.

CANTO SABES DE XAMAICA? III

Continúo coa serie adicada a Xamaica, un país insular situado non mar Caribe. A terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e a Española).

A contestación correcta á pregunta de onte é Está a 630 km do subcontinente centroamericano, a 150 km ao sur de Cuba e a 180 km ao oeste da illa da Española, na cal están Haití e a República Dominicana e a un 621 km de Porto Rico. A saber...

 

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a bandeira de Xamiaca?

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org  Imaxes: althistory.fandom.com/es e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Haiche rabudos sen rabo!

Rabudo! Cal é o seu significado?

#DígochoEu

#DígochoEu: En galego non te podo *sobornar

En galego non hai *sobornos!

#DígochoEu