#DígochoEu: Non digas *hollín
*Hollín é unha palabra incorrecta. Esther danos as alternativas!
#DígochoEu
*Hollín é unha palabra incorrecta. Esther danos as alternativas!
#DígochoEu
A atmosfera terrestre é unha mestura de gases esenciais para a vida, sendo o osíxeno uno dos máis importantes. Representa, aproximadamente, o 21% da composición atmosférica, e a súa presenza é fundamental para a respiración dos seres vivos e para manter o equilibrio de moitos procesos químicos na biosfera.
Calcular a cantidade exacta de osíxeno que hai na atmosfera é como tentar contar todas as estrelas do firmamento, resulta verdadeiramente imposible. E é que a atmosfera non ten un límite definido e, ademais, a cantidade de osíxeno pode variar en diferentes rexións e alturas.
Por outra banda, a cantidade de osíxeno atmosférico non sempre foi a mesma, variou ao longo da historia da Terra. Por exemplo, durante a Gran Oxidación, hai uns 2.400 millóns de anos, a concentración aumentou drasticamente.
Desgraciadamente, actualmente a situación investiuse, actividades humanas como a deforestación e a queima de combustibles fósiles poden influír; á baixa; na cantidade de osíxeno dispoñible.
Hai uns 3.500 millóns de anos o noso planeta era un lugar hostil, cheo de volcáns e sen rastro de vida, polo menos tal e como a coñecemos actualmente. Foi nese momento unhas bacterias oceánicas, as cianobacterias; comezaron a realizar un proceso extraordinariamente incrible: a fotosíntese.
A fotosíntese é un proceso sobradamente coñecido, durante o cal, utilizando a enerxía do Sol determinadas células son capaces de converter o dióxido de carbono e a auga en glicosa e osíxeno.
Ao principio, este osíxeno reaccionaba con outras substancias, pero co tempo, empezou a acumularse na atmosfera, o cal permitiu a biodiversidade do planeta Terra.
Imaxinemos por un momento que o osíxeno é como unha conta bancaria: imos sacando diñeiro (respirando) á vez que alguén ten que estar ao ingresar (producíndoo) para que non quedemos en números vermellos. Ese misterioso banqueiro do osíxeno ten un nome, son as plantas, as algas e as cianobacterias.
Desde hai algún tempo na ecuación do osíxeno da atmosfera incluíuse un invitado non desexado: o quecemento global. Ao queimar combustibles fósiles, estamos a liberar grandes cantidades de dióxido de carbono á atmosfera, o que dificulta que as plantas realicen a fotosíntese e produzan osíxeno. Ademais, o aumento da temperatura está a provocar que os océanos absorban menos dióxido de carbono, o que agrava aínda máis o problema.
Unha diminución significativa nos niveis de osíxeno atmosférico tería consecuencias devastadoras para a vida na Terra. As especies que dependen da respiración aeróbica, incluídos os humanos, enfrontaríanse a serios problemas de supervivencia.
Incluso unha redución moderada na concentración de osíxeno podería afectar a saúde humana, especialmente naquelas persoas que viven en áreas de gran altitude, onde o osíxeno xa é máis escaso.
A solución é clara pero complexa: debemos coidar o noso planeta. É mandatorio reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro, plantar máis árbores, protexer os océanos... con estas accións conseguiremos asegurar o futuro do noso planeta.
FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia
Continúo coa serie adicada a Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, que ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas…
A contestación correcta á pregunta de onte é Ao norte co Reino Unido, o mar Céltico ao sur, a canle de San Surxo ao sueste e o mar de Irlanda ao leste e ao oeste o Oceano Atlántico.
E imos coa pregunta de hoxe!
2. Cal é a bandeira de Irlanda?
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE e imaxez: es.wikipedia.org
Irlanda (Éire), un dos vinte e sete Estados soberanos que forman a Unión Europea, ocupa a maior parte da illa homónima. É un país fascinante e con bastante historia, música tradicional, literatura, lendas celtas… O seu patrimonio é único e bastante influente en todo o mundo. Ás veces chámaselle coloquialmente a Illa esmeralda, facendo referencia á intensa cor verde dous seus campos.
Pois se queres coñecer algo máis sobre este país (non confundir con Irlanda do Norte), segueme diariamente. Anímaste? Si! Pois alá imos!
1. Cales son os límites de Irlanda?
- Ao norte co Mar Céltico, ao leste co Mar de Irlanda, e ao oeste co Océano Atlántico e ao sur co Reino Unido.
- Ao norte co Reino Unido, o mar Céltico ao sur, a canle de San Jorge ao sueste e o mar de Irlanda ao leste e ao oeste o Oceano Atlántico.
Mañá a solución e una nova proposta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
Representación do novo planeta e a anana vermella Barnard / ESO/M. Kornmesser
Un equipo internacional de astrónomos descubriu un planeta orbitando a estrela de Barnard, o astro individual máis próximo ao noso Sol. Esta anana vermella está a seis anos luz da Terra, unha distancia insignificante para as escalas do cosmos, pero inalcanzable para calquera nave.
O novo exoplaneta é un dos máis pequenos e enigmáticos que se acharon. Ten un terzo da masa da Terra, ou a metade que Venus. Está tan preto da súa estrela que un ano (unha volta completa ao seu astro) pasa en só tres días terrestres. O achado inaugura unha nova era na que a humanidade comeza a ser capaz de descubrir mundos máis pequenos que a Terra máis aló do Sistema Solar.
A estrela máis próxima á Terra, Próxima Centauri, está a uns catro anos luz e forma parte dun sistema triplo onde tamén se descubriron dous exoplanetas. A estrela de Barnard, a segunda máis próxima, está na constelación de Ofiuco e ten unha masa unhas seis veces menor que o Sol, polo que é invisible a primeira ollada.
A existencia dun planeta en Barnard foi materia de especulación durante máis de seis décadas. Este astro descubriuno o astrónomo estadounidense Edward Emerson Barnard, e sempre tivo certa celebridade, pois é o máis rápido do ceo. En 1963, o astrónomo e músico holandés Peter van de Kamp asegurou que había un coloso do tamaño de Xúpiter orbitando este astro. Era unha proposta audaz, pois naquel entón non se descubriu nin un só exoplaneta. O caso foi refutado porque o sinal do coloso era en realidade un defecto do telescopio de Van de Kamp. En 2018, outro equipo detectou en Barnard unha “superterra”, que sería o segundo exoplaneta máis próximo descuberto ata ese momento.
O equipo actual estivo observando o astro durante cinco anos co Telescopio Muy Grande, situado baixo un dos ceos máis despexados do planeta, no deserto de Atacama (Chile). Os seus resultados, publicados hoxe na revista especializada Astronomy and Astrophysics, descartan que haxa unha superterra, pero confirman a existencia dun planeta en miniatura ao que bautizaron Barnard b.
Este novo mundo está tan preto do seu astro que a superficie está a uns 125 graos, o que o deixa fóra da chamada zona habitable. “Aínda que esta estrela é uns 2.500 graos máis fría que o noso Sol, fai demasiada calor para que poida ter auga líquida; nin sequera sabemos se ten unha atmosfera”, explica a este diario Jonay González Hernández, investigador do Instituto de Astrofísica de Canarias e primeiro autor do estudo. O investigador destaca que o novo Barnard b é un dos exoplanetas coñecidos con menor densidade, e un dos poucos que se acharon cun tamaño menor que o noso planeta. “Intuímos que é de composición rochosa, pero esta é unha clase de planetas tan novos que non sabemos moi ben o que pasa neles, por iso son tan interesantes”, engade.
O equipo tamén propón a existencia doutros tres exoplanetas ao redor da estrela de Barnard, aínda que neste caso son só candidatos pendentes de confirmación.
O descubrimento foi posible grazas a una a nova tecnoloxía do instrumento Espresso do Observatorio Austral Europeo. O dispositivo mide a velocidade radial: a débil oscilación dunha estrela ocasionada pola forza de gravidade dun planeta que orbita ao redor dela. O tremor que xera este novo planeta no seu astro é de 10 centímetros por segundo, un rango inalcanzable para o resto de telescopios, e unha fazaña tecnolóxica tendo en conta que seis anos luz son uns 60 billóns de quilómetros.
O novo achado provoca unha insólita disputa territorial, pois implica a existencia de dous planetas co mesmo nome. Ignasi Ribas foi o primeiro asinante do estudo publicado na prestixiosa revista Nature en 2018 que descubriu unha superterra tres veces maior que o noso planeta en Barnard. Naquel caso tamén o chamaron Barnard b. “A convención en ciencia é que cando se reclamou un descubrimento esa letra queda bloqueada, así que este debería ser en puridade Barnard c”, explica Ribas. “É certo que o sinal do planeta que descubrimos é cada vez máis dubidosa, e que Espresso é o instrumento con maior sensibilidade para descubrir planetas por velocidade radial, pero creo que son necesarias máis observacións antes de descartalo definitivamente”, opina o astrónomo.
José Caballero, investigador do Centro de Astrobioloxía, preto de Madrid, que non participou no estudo, resalta a súa importancia. “Este é o planeta máis pequeno e próximo que se detectou. Demóstranos que cada vez que rascamos nunha estrela, atopamos novos planetas”, destaca. Probablemente, este sexa o primeiro de moitos minivenus ou minimercurios que van descubrirse “ao virar a esquina”, engade.
FONTE: Nuño Domínguez/elpais.com/ciencia
*Desnucar en galgo non existe! Esther danos a alternativa!
#DígochoEu
*Codillo é incorrecto en galego! O óso que forma a anca nos animais cuadrúpedes, e nas persoas, o que vai desde a pube ata o xeonllo é...
#DígochoEu
Considerado como un dos grandes referentes mundiais no liderado e no desenvolvemento persoal e profesional, Robin Sharma é autor de libros superventas que inspiraron a millóns de persoas. Entre as súas obras máis destacadas atópanse O monxe que vendeu o seu Ferrari, O Club das 5 da mañá e O líder que non tiña cargo, títulos que foron traducidos a máis de noventa idiomas e dialectos, consolidándolle como un dos autores vivos máis lidos do planeta.
A través de historias e prácticas sinxelas pero poderosas, Sharma persegue que as persoas alcaden o seu máximo potencial mediante a disciplina, o desenvolvemento de hábitos positivos ou o crecemento emocional, entre outras ferramentas. E é tanta a confianza que ten na súa filosofía vital que afirma convencido que “o potencial que non se expresa convértese en dor”.No seu libro máis recente, A riqueza que o diñeiro non pode comprar: os 8 hábitos ocultos para unha vida plena, o autor canadense mostra a procura constante dun estilo de vida harmonioso que segue motivando a individuos e organizacións, para liderar con propósito e excelencia.