Blogia

vgomez

#DígochoEu Non digas *escalón

Onte falamos da diferencia entre escaleira e escada. Pero coidado, en galego non hai *escalóns!

#DígochoEu

SUPER-ILLA DE PLÁSTICO: O TRIPLO DE GRANDE QUE ESPAÑA E QUE SEGUE A MEDRAR

Era o ano 1997 cando o capitán e oceanógrafo estadounidense Charles Moore descubriu indignado como o seu veleiro, durante unha regata polo Pacífico, cruzaba ao longo de xornadas enteiras unha inmensa superficie repleta de lixo plástico. De feito, o seu barco tardou sete días en cruzar o que a partir de entón denominouse ‘superilla de plástico do Pacífico’.

Hoxe en día, case trinta anos despois, aquela illa plástica está a adquirir xa proporcións de continente, pois segundo as últimas estimacións xa é tres veces máis grande que a Península Ibérica, cunha extensión aproximada de 1,6 millóns de quilómetros cadrados. E segue crecendo, porque a humanidade lanza aos mares e os ríos o equivalente a 2.000 camións cargados de lixo plástico todos os días.

Ademais, non é a única superilla de plástico que hai no noso planeta. Por desgraza, xa hai contabilizadas sete destas xigantes acumulacións de residuos, aínda que a do Pacífico é a maior.

Segundo un artigo publicado na revista Nature en 2018 e actualizado en 2023, a mancha plástica que hai entre Hawai e California (EEUU) acumula nada menos que 80.000 toneladas deste material. Agora ben, tal e como lembra a Administración Nacional dos Océanos e a Atmosfera (NOAA) de EEUU, non hai que pensar que se trate dunha masa compacta de botellas, bolsas, redes, envoltorios e outros obxectos recoñecibles. Pola contra, consiste basicamente en pequenos anacos procedentes da fragmentación deste tipo de obxectos, aínda que tamén hai concentracións de elementos de maior tamaño.

Como chegou a formarse esta gran masa? Nesta parte do planeta existe un punto no converxen as correntes mariñas do Pacífico Norte, de modo que as augas mantéñense practicamente estáticas. É así como foise formando esta gran acumulación de lixo plástico, como ocorre en realidade nos outros casos coñecidos do planeta.

Segundo van fragmentándose e degradando por efecto da erosión, a radiación solar e outros factores, estes anacos de lixo plástico van facéndose máis pequenos e converténdose en microplásticos. De feito, suponse que, dos 1,8 billóns de fragmentos dos que está composta a mancha do Pacífico Norte, un 94% son microplásticos.

Laurent Lebreton, autor principal dos estudos publicados en Nature, e que agora forma parte da entidade The Ocean Cleanup, dedicada a retirar lixo plástico do mar, afirma: “A situación está a empeorar. Isto demostra a urxencia de tomar medidas e deter a chegada de plásticos ao océano, ademais de limpar o desastre que xa se produciu”.

Agora ben, ás veces a natureza sorprende mesmo aos científicos máis experimentados. E é que estes residuos plásticos no medio do mar están a se converter no hábitat de numerosas especies. O estudo publicado en 2023 desvelou a existencia de anemones, esponxas, medusas, vermes e pequenos crustáceos que colonizaron o plástico desta gran illa de lixo.

Pero o que pode parecer algo positivo podería constituír en realidade un problema. Os científicos están preocupados pola capacidade que teñan estas especies, máis propias de ambientes costeiros, de modificar o ecosistema de alta mar e ameazar as especies nativas dunha contorna coas súas propias características.

Ademais, á parte da gran cantidade de microplásticos, existe un importante volume de fragmentos máis grandes que son un perigo para os animais mariños que os inxeren confundíndoos con alimentos. Por iso, miles de peixes, aves e mamíferos mariños morren todos os anos ao tragarse estas pezas de plástico. 100.000 animais mariños resultan feridos ou mortos por refugallos plásticos presentes no mar, segundo as máis recentes estimacións.

As conclusións alcanzadas polo estudo de Nature foron as seguintes:

1.- De todos os residuos presentes na gran illa de lixo, o 99,9% é plástico.

2.- Deses plásticos, o 46% son redes de pesca abandonadas, e máis do 75% de todo o plástico son anacos de máis de 5 centímetros.

3.- En canto á data de fabricación, analizáronse 50 obxectos e un deles databa de 1977, sete eran da década dos 80, 17 da década dos 90, 24 dos 2000 e un da década seguinte.



As outras ‘superillas’ de plásticos que se coñecen no planeta, aínda que non tan extensas, son as do Atlántico Norte, Atlántico Sur, Pacífico Sur e Océano Índico. Más recentemente descubríronse os do Mar de Barents e o Mar dos Sargazos.

FONTE: Joan Lluís Ferrer/información.es/medio-ambiente

CANTO SABES DE ANDORRA? III

Continúo coa serie adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège.

A contestación correcta á pregunta de onte 3. A saber...

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a extensión, aroximada, de Andorra?

- 400 km2

- 450 km2

- 500 km2

- 550 km2

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

SABÍAS QUE... CAL É O PARQUE NACIONAL MÁIS GRANDE DE ESPAÑA?

Un Parque Nacional é un espazo natural de alto valor natural e cultural, pouco alterado pola actividade humana que, en razón dos seus excepcionais valores naturais, do seu carácter representativo, a singularidade da súa flora, da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, merece a súa conservación unha atención preferente e declárase de interese xeral da Nación por ser representativo do patrimonio natural español.

Na imaxe aparecen os 16 Parques Nacionais do noso país. Pero cal é o máis grande de todos eles?

Efectivamente, o Parque Nacional de Serra Nevada.

Situado na comunidade autónoma de Andalucia é compartido polas provincias de Granada (65%) e Almería (35%). Foi creado como tal en 1999.

Estes son os datos da súa superficie:

  • Superficie total: 85.883 ha.
  • Zona periférica de protección: 86.355 ha.
  • Área de influencia socioeconómica: 266.690,91 ha.

Más de 2.100 especies catalogadas das preto de 8.000 de flora vascular existentes na Península Ibérica. Entre a fauna cóntanse anfibios, réptiles, mamíferos , aves e unha rica entomofauna (80 endemismos exclusivos).

O patrimonio cultural no Parque e a súa contorna, rico e diverso, é o testemuño vivo do seu proceso histórico, resultado das diferentes culturas asentadas, e, en particular, da cultura do Al - Andalus.

Estes son os seus recoñecementos internacionais:
        - Rede Natura 2000
        - Reserva da Biosfera (1986).
        - Carta Europea de Turismo Sostible (2004)
        - Lista Verde de Áreas Protexidas UICN (2014)
        - Reserva Natural Fluvial Cabeceira do río Genil (2015)

 Serra Nevada constitúe un refuxio excepcional para a flora e a biodiversidade no continente europeo, debido ás súas condicións históricas (a súa localización biogeográfica estratéxica, no oeste da rexión Mediterránea), ao seu illamento xeográfico, á brusquidade de gradientes ecolóxicos (co seu enorme rango altitudinal) e á diversidade de nichos ecolóxicos.

Presenta 2.100 especies vexetais catalogadas, 116 das cales se atopan ameazadas.O programa de recuperación de áreas con flora ameazada, enmarcado nun proxecto Life da Unión Europea, ten como obxectivos principais a diminución dos factores de risco para as poboacións que se atopan máis ameazadas e o aumento de efectivos naturais mediante a restauración e conservación dos seus hábitats naturais. 

Para iso, establécense unha serie de estratexias de conservación in situ mediante a aplicación de plans de xestión para levar un control das causas de vulnerabilidade (sobrepastoreo, coleccionismo, modificacións do réxime hídrico, estación de esquí e infraestruturas viarias, deforestacións, plantacións de especies alóctonas e turismo) e mediante reintroduccións. 

Outras son estratexias ex situ, entre as que destacamos a conservación de sementes no Banco de Germoplasma de Serra Nevada e a creación do viveiro de especies ameazadas, onde se reproducen e expóñense ao público as especies nevadenses máis ameazadas, moitos de cuxos hábitats son tan fráxiles que non poderían soportar a presión dos visitantes.

https://youtu.be/Tc7XfV-OnPQ

FONTE: miteco.gob.es/eu/parques-nacionales

CANTO SABES DE ANDORRA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Andorra, un micro-estado que se atopa no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais tendo fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège.

A contestación correcta á pregunta de onte é Andorra la Vella. É a capital deste microestado e unha das sete parroquias que conforman Andorra, sendo a máis pequena en superficie e tamén a máis poboada. Ten 12 km² e está situada na confluencia dos ríos Valira d’Ordino e Valira d’Encamp a 1.013 m de altitude. Forma unha aglomeración urbana duns 50.000 habitantes coas poboacións de Escaldes-Engordany ao leste e Sant Julià de Lòria ao sur. A industria principal é o turismo, aínda que tamén destacan o comercio e os rendementos do capital estranxeiro depositado nas súas oficinas bancarias.

E imos coa proposta de hoxe!

2. Cal é a bandeira de Andorra?

- 1

- 2

- 3

- 4

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org 

#DígochoEu: Aprende a distinguir entre ‘escaleiras’ e ‘escadas’

Aíndaque ámbalas dúas serven para subir e baixar, non son o mesmo

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *tinglado

*Tinglado é incorrecto en galego, pero Esther vainos dar as alternativas, e son moitas!

#DígochoEu

CANTO SABES DE ANDORRA?

Andorra,  lugar elexido tódolos anos polo alumnado do IES A Sangriña de A Guarda (Pontevedra) e outros moitos Insitutos de Secundaria para practicar o esquí e disfrutar de todo o que pode ofrecer este micro-estado.

Atópase no suroeste de Europa, no corazón dos Pirineos Orientais. O país ten fronteira con España pola Comunidade Autónoma de Cataluña e con Francia polo departamento de l’Ariège.

Se queres coñecer un puco mellor este micro-estado segue esta nova serie que hoxecomezamos. Anímaste? Pois alá imos!

1. Cal é a capital de Andorra?

- Escaldes-Engordany

- La Massana

- Sant Julia de Loria

- Andorra la Vella

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: gl.wikipedia.org    Imaxes: es.wikipedia.org