Blogia

vgomez

CLAVES PARA PREPARARTE PARA A VIDA

Doutor en Psicoloxía da Saúde e neuropsicólogo formado no Hospital Johns Hopkins (Baltimore) e o Royal Hospital for Neurodisability (Londres), Álvaro Bilbao é colaborador da Organización Mundial da Saúde, a Unión Europea e o Children Center de Nova York. Recoñecido experto clínico e divulgador que imparte conferencias e clases en todo o mundo sobre temas que explican a relación entre o cerebro e a educación, Bilbao tamén é autor dos libros ’O cerebro do neno explicado aos pais’, ’Coida o teu cerebro e mellora a túa vida’, ’Fállame a memoria’ e ’Prepárate para a vida’, entre outros.

Firme defensor dunha crianza en positivo, baseada na comprensión e o afecto, aborda a adolescencia desde esta mesma mirada. “Pola miña experiencia —apunta— os adolescentes teñen moito interese en aprender como funciona o seu cerebro, en descubrir cales son as claves que lles poden axudar a chegar máis lonxe, con menos estrés e menos sufrimento”. No seu libro ’Prepárate para a vida’, o autor diríxese directamente a eles, ofrecéndolles ferramentas e consellos que lles axudarán a prepararse para os retos do futuro e afrontar este apaixonante momento. A importancia do autoconocimiento, establecer relacións sas, adquirir uns hábitos de vida saudables ou entender que a verdadeira felicidade constrúese día a día son algunhas das claves que axudarán a vivir a adolescencia como unha gran oportunidade.

CANTO SABES DE TUNISIA? III

Continúo coa serie, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes.

A contestación correcta á pregunta de onte é 4. A saber...

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a superficie, aproximada, de Tunisia?

- 120.000 km2

- 160.000 km2

- 180.000 km2

- 200.000 km2

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org         Imaxes: es.m.wikipedia.org

#DígochoEu: Non digas *cerilla

En galego nos temos *cerillas! O correcto sería...

#DígochoEu

CANTO SABES DE TUNISIA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada a Tunisia. Ese país situado no norte de África bañado polo mar Mediterráneo e cuxa capital é Tunes.  

A contestación correcta á pregunta de onte é Norte mar Mediterráneo, sur e sueste Libia, leste mar Mediterráneo e oeste Alxelia.

 

 

E imos coa pregunta de hoxe! 

2. Cal destas bandeiras é a de Tunisia? 

- 1

- 2

- 3

- 4

Mañá a solución e unha nova proposta! 

FONTE: exteriores.gob.es             Imaxes: blog-tunez.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: Ollo cos datos que lle dás á IAl Os #cibercarrachos andan á espreita!

Intelixencia Artificial (IA). Coidado! 😈 Os #cibercarrachos andan á espreita!

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLVI

VERTICAIS: 1. CONGRO 2. FREGONA 4. HAMÁS 5. HELIOSFERA 7. CHIMPÍN.

HORIZONTAIS: 3. NINFA 6. TOXO 7. CHANTADA 9. SOLSTICIO 10. ANTIMONIO.

Máis cultura xeral!

SABÍAS QUE... POR QUE O METRO MIDE O QUE MIDE?

Na historia da humanidade a medición foi unha necesidade fundamental para o comercio, a construción e a comprensión do mundo que nos rodea. A historia do metro, como unidade de medida, é unha viaxe fascinante que nos leva desde as partes do corpo humano ata a definición actual baseada na velocidade da luz.

Se botamos a vida atrás, nos seus inicios, as persoas usaban partes do corpo como referencia para medir distancias: cóbados, pés, mans... Con todo, isto non era práctico nin preciso, xa que as medidas variaban dunha persoa a outra.

O palmo, por exemplo, era a distancia entre a punta dos dedos maimiño e polgar estendidos. O seu uso remóntase á antiga Mesopotamia e Exipto onde se empregaba para medir lonxitudes, teas e alimentos. Na Idade Media, converteuse nunha medida común en Europa, con variacións segundo a rexión. Por exemplo, o palmo castelán equivalía a uns vinte centímetros, mentres que o palmo romano era lixeiramente máis longo.

A orixe do como unidade de medida atópase nas primeiras civilizacións. No Imperio Romano era a unidade básica de medida, con subdivisións en polgadas e dedos. Na Idade Media o pé adoptou diferentes valores en Europa, dependendo do país e a rexión. Por exemplo, o pé inglés equivalía a uns trinta centímetros, mentres que o pé francés era uns dous centímetros máis curto.

A polgada, a doceava parte do pé, utilizouse como medida de precisión para obxectos pequenos e traballos delicados. A súa orixe remóntase á antiga Roma, onde se empregaba para medir xoias, ferramentas e elementos decorativos. Na actualidade, a polgada segue sendo unha unidade de medida común en países como Estados Unidos e Reino Unido, principalmente en ámbitos como a construción e a enxeñería.

No século XVII, xurdiu a necesidade de crear un sistema de medida universal. A idea era buscalo na natureza e que, ademais, fose inalterable. En 1791, durante a Revolución Francesa, a Academia de Ciencias de París propuxo o metro como unidade básica dun novo sistema decimal. Nos seus inicios un metro definiuse como a diezmillonésima parte do cuadrante do meridiano terrestre que pasa por París.

Para determinar a lonxitude do metro, mediuse o meridiano entre Dunkerque e Barcelona. Esta tarefa correu a cargo de dous astrónomos: Jean-Baptiste Delambre (1749-1822) e Pierre Francois Méchain (1744-1804). Realizaron o seu traballo entre os anos 1792 e 1798 utilizando o método de triangulación. Con todo, Méchain cometeu un erro nas súas medicións que non foi detectado por Delambre.

As medicións actuais con satélites revelan que o meridiano ten unha lonxitude de 10.002.290 metros, o que significa que o metro definido hai máis de douscentos anos era 0,2 mm máis curto. En roman paladino, un metro do século XVIII non medía un metro.

A pesar da imprecisión inicial, o metro converteuse na base do Sistema Métrico Decimal, un importante avance para o comercio e a ciencia.

Co paso do tempo a definición do metro foise depurando. Desta forma, en 1960 fundamentouse na lonxitude de onda da luz emitida por un isótopo do criptón.

Finalmente, en 1983, adoptouse a definición que persiste nestes momentos: a distancia que percorre a luz no baleiro durante 1/299.792.458 segundos.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia         Imaxe: hogar.mafre.es

#DígochoEu: Como se di 'se las trae' en galego?

*Se las trae, é unha expresión castelá, pero como se dirá en galego?

#DígochoEu