#DígochoEu: Aprendemos algunhas palabras en galego relacionadas co vólei
Xa que estamos… por que non aprendemos algunhas palabras en galego relacionadas co vólei?
#DígochoEu
Xa que estamos… por que non aprendemos algunhas palabras en galego relacionadas co vólei?
#DígochoEu
Nin *pelusa nin *pelusilla. A peluxe!
#DígochoEu
Perdeu un fillo pero forxouse a pulso o título de nai de miles de mulleres. Cando á idade de ano e medio o seu pequeno Juan Fernando cae por un balcón e morre, emerxe o bulebule Cata Escobar, como lle gusta que a chamen. A emprendedora decide enfocar o seu propósito vital en romper o ciclo de pobreza que sofren moitas nais adolescentes e crea a Fundación Juanfe, en honra ao seu fillo. “Juanfe é o mellor laboratorio de humanidade”, asegura Escobar, que converteu a organización nun referente internacional para erradicar a pobreza extrema mediante un modelo de economía de desenvolvemento.
Catalina Escobar estudou Administración de Empresas en Clark University, institución da que é doutora honoris causa, e estudou especializacións en economía en Estados Unidos, Europa e Xapón. Polo seu traballo como emprendedora social foi condecorada coa Orde Nacional ao Mérito en Grao Cruz de Prata no 2011, e ten o prestixioso recoñecemento CNNHeroes. Tamén foi recoñecida como Emprendedora Social Destacada do ano 2015 polo Foro Económico Mundial e obtivo o World of Children Humanitarian Award. É cofundadora e membro da xunta directiva de Women in Connection e encabeza o capítulo para Colombia de International Women’s Forum. En ‘Máis aló’, o seu primeiro libro, comparte a súa historia persoal e a súa experiencia sobre liderado transformador. “Hai que ter a determinación de pararse ante as inxustizas sociais. Quedar calado non vale”, sentenza Escobar.
Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurai, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.
A contestación correcta á pregunta de onte é 23. A saber: parque nacional de Aberdare, parque nacional de Amboseli, parque nacional de Arabuko Sokoke, parque nacional de Illa Central, parque nacional de Chyulu Hills, parque nacional de Hell’s Gate, parque nacional Kora, parque nacional Lago Nakuru, parque nacional de Malka Mari, parque nacional de Marsabit, parque nacional de Meru, parque nacional do Monte Elgon, parque nacional del Monte Kenya, parque nacional do Monte Longonot, parque nacional de Nairobi, parque nacional de Ol Donyo Sabuk, parque nacional de Ruma, parque nacional de Saiwa Swamp, parque nacional de Sibiloi, parque nacional de Tsavo East e parque nacional de Tsavo West, parque nacional mariño de Watamu, parque nacional mariño de Malindi, parque nacional marino de Kisite-Mpunguti. Como curiosidade nalgúns textos aparecen 24 ao separar parque nacional de Tsavo East e parque nacional de Tsavo West, que curiosamente estan separados por unha estrada e o ferrocarril.
E imos coa pregunta de hoxe!
12. Anterior á constitución de 2010, Kenya atopábase subdividido en 8 provincias. Coa proclamación da constitución de 2010, e a posterior integración da administración provincial pasaron a denominarse condados con gobernos electos. Cantos condados ten Kenya?
- 27
- 37
- 47
- 57
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org
A herba da Pampa (Cortaderia selloana) decora as medianeiras das autoestradas, os polígonos, os xardíns particulares e, incluso, serve de ornamento para xarróns no interior das casas. O seu uso é, por tanto, puramente estético. Porén, esta planta procedente de Sudamérica é considerada unha especie invasora con efectos moi daniños sobre os ecosistemas. Tamén en Galicia, onde ten unha elevada presenza. Para reducir o seu impacto, un equipo da Universidade da Coruña (UDC) liderado polo investigador Jaime Fagúndez está a estudar estratexias de erradicación e control da Cortaderia selloana. O seu último experimento, publicado recentemente na revista Weed Research, vén de demostrar que as cortas máis efectivas son as que se realizan na primeira quincena de xuño; mentres que as que se levan a cabo no inverno ou a comezos da primavera non serven para evitar a floración. E, polo tanto, para impedir a dispersión das súas sementes e o seu espallamento polo territorio.
“Se cortamos a planta moi pronto, a herba da Pampa é capaz de medrar, rexenerar e, finalmente, florecer despois do verán. Pero se facemos a sega no momento axeitado, que para nós é a primeira quincena de xuño, as plantas xa non florecen. É dicir, a especie destina os seus recursos a rexenerar a parte vexetativa, dando lugar a follas máis grandes pero sen producir inflorescencias”, detalla o investigador da UDC e experto en plantas exóticas invasoras. A fin de contas, as cortas periódicas van destinadas a evitar a floración e a propagación de sementes, tratando de controlar a expansión da especie máis alá dos espazos xa conquistados. De feito, Fagúndez recoñece que a presenza de Cortaderia selloana en Galicia “é preocupante” e “ten difícil solución”. Con todo, o seu equipo trata de deseñar outras estratexias, ademais da corta, que mitiguen o forte impacto da especie.
O experimento, que se levou a cabo nunha parcela preto da cidade da Coruña, tamén ofreceu outros resultados interesantes, máis alá de dar unha guía para as cortas axeitadas da herba da Pampa. Nesta especie, os individuos poden ser femininos (produtores de sementes), ou hermafroditas (xeradores de pole). As influorescencias dos primeiros, segundo explica Fagúndez, pesan “ata catro veces máis”. Por iso, e polas distintas funcións que desenvolve cada unha, o equipo da UDC cre que as cortas poden afectar de distinta maneira a uns exemplares e a outros. “É posible que as plantas femininas estean máis prexudicadas pola corta que as hermafroditas. Pode que, en función disto, deberíanse facer cortas selectivas. As hermafroditas, aínda que florezan, non dispersan a semente”, matiza o investigador da UDC.
Evitar a súa expansión é fundamental, di Fagúndez, para reducir o forte impacto que a herba da Pampa ten sobre os ecosistemas. “É unha invasora global porque provén de Sudamérica pero xa se espallou por todos os continentes do mundo, agás a Antártida”, sostén o investigador da UDC. Segundo detalla, é unha especie disruptora do ecosistema porque invade hábitats naturais de especial interese. Ademais, pode supor un problema de saúde pública polo seu carácter alergóxeno. Ao florecer a finais do verán, cando as gramíneas pasaron o seu período máis crítico para os alérxicos, provoca un segundo pico de afeccións e, polo tanto, unha maior carga sanitaria. Tamén ten impacto paisaxístico porque as súas follas puntiagudas e densas impiden o crecemento doutras especies. E, como colofón, arde moi ben: “É unha especie que vive moi asociada a vías de comunicación onde sempre hai risco de lumes accidentais”.
FONTE: Laura Filloy/gciencia.com/medioambiente
Continúo coa serie adicada a Kenya. Un país de África oriental que se eleva desde as planicies costeiras do Océano Índico ata as montañas e altas mesetas do interior, con corenta grupos étnicos que habitan as zonas rurai, e onde o turismo constitúe un sector esencial para a súa economía, e un dos destinos preferidos polos amantes dos safaris.
A contestación correcta á pregunta de onte é Nakuru. É un dos lagos alcalinos do Gran Val do Rift, situado a unha altitude de 1.754 m sobre o nivel do mar. Atópase ao sur de Nakuru, na Kenya central. Ten unha superficie de 5 a 45 km². Abundan as algas que atraen grandes cantidades de flamencos, que famosamente bordean a costa. Tamén hai outras aves na zona, do mesmo xeito que os xabarís, babuinos e outros mamíferos grandes. Tamén se introduciron os rinocerontes brancos e negros. A alguén pode sorprenderlle que non se fale do Lago Victoria, pero este ubícase administrativamente en tres países (Kenya, Tanzania e Uganda). Pasa o mesmo co lago Turkana que se sitúase administrativamente en 2 países (Kenya e Etiopía).
E imos coa pregunta de hoxe!
11. Con parques nacionais, reservas nacionais, parques mariños e zonas de conservación privadas, a elección pode ser abafadora cando se trata de visitar os parques nacionais de Kenya. Pero cantos parques nacionais hai?
- 13
- 23
- 33
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: underatree.overblog.com e iatiseguros.com
Moito se repite, sobre todo por parte dos políticos, máquina do *fango! Pero en galego non temos *fango. Esther danos as alternativas!
#DígochoEu
En galego non temos *zancadilla. Esther danos a alternativa!
#DígochoEu