SOPA DE LETRAS CXLIX
TURRÓN PELADILLAS
PANETTONE UVAS
TORTA ANANÁS
POLVORÓNS MAZAPÁNS
BOMBÓNS CHAMPAÑA
TURRÓN PELADILLAS
PANETTONE UVAS
TORTA ANANÁS
POLVORÓNS MAZAPÁNS
BOMBÓNS CHAMPAÑA
Foron moitas as investigacións con selo galego que merecen revelancia este ano, algunhas delas foron portada das revistas científicas máis prestixiosas e outras tantas deron a volta ao mundo, facendo resoar nomes de científicos e científicas galegos que acadan unha gran influencia fóra de Galicia. Remato, cos dos últimos, dos dez avances da ciencia galega de 2023.
9. Medicións de microplásticos
Un estudo publicado na revista Nature identificou en lagos galegos unha concentración de ata catro partículas de microplásticos por metro cúbico. Co obxectivo de atopar a orixe e determinar o impacto destes residuos plásticos nas augas superficiais, analizáronse 38 lagos e encoros distribuídos en 23 países. Entre eles, analizáronse as augas de Meirama, Cecebre e Doniños. O estudo, no que participaron cinco científicos galegos, revelou que nos seis continentes estudados non se atopou un só lago ou encoro sen plásticos.
A investigación posta en marcha permitiu establecer unha metodoloxía estandarizada para poder comparar as medicións de microplásticos de calquera parte do mundo. O estudo demostrou por vez primeira que as concentracións de plásticos nalgúns lagos son máis altas que algunhas das partes máis contaminadas do océano, como por exemplo as illas de lixo do Océano Pacífico.
Contaminación por plásticos nas augas de Doniños / Rafael Carballeira
10. A exposición ao radon en Galicia
O radon (radon-222) é un gas radioactivo natural incoloro, inodoro e insípido. Ten a súa orixe na desintegración do uranio que se atopa no solo e nas rochas e pode chegar aos edificios atravesando o solo a través de fendas dos cimentos ou, en menor medida, dende materiais de construción. A súa inhalación en exceso pode provocar cancro de pulmón, especialmente en persoas fumadoras. É por iso que varios estudos galegos realizados ao longo deste ano centraron as súas investigacións na exposición ao radon dos galegos. O primeiro, publicado en abril, atopou un exceso deste gas nun terzo das aulas de Galicia e Portugal. O segundo, determinou que os galegos son os máis expostos ao radon nos seus postos de traballo.
Os niveis de radon alcanzados en interior teñen unha relación directa coas características propias da habitación ou do edificio, a súa localización ou o material de construción. Neste sentido, fixéronse investigacións para poder determinar cales son as zonas con maior exposición ao radon para así poder levar a cabo as medidas necesarias para protexer a saúde das persoas.
Mapa Nacional do radon empregado no estudo sobre a exposición ao radon nos postos de traballo / Consello de Seguridade Nuclear
Fin!
FONTE: gciencia.com
Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…
A contestación correcta á pregunta onte é Monarquía constitucional. Con lexislatura bicameral e un sistema multipartidista con sufraxio universal. O rei Mohammed VI de Marruecos (1) é o xefe do Estado. É o xefe das Forzas Armadas, nomea ao Xefe do Goberno (Aziz Ajanuch)(2), que será o elixido polo poder lexislativo e correspóndelle a presidencia do Consello de Ministros. O Parlamento de Marrocos está composto de dous cámaras: a Cámara de Representantes e a Cámara de Conselleiros. Ao parlamento corresponde o poder lexislativo e o control do goberno. A Cámara de Representantes é elixida por sufraxio universal, libre, directo e secreto entre todos os cidadáns rexistrados no censo por un período de cinco anos. A Cámara de Conselleiros é un cámara de segunda lectura ou cámara alta que representa ás rexións e municipios de Marrocos por un sistema de representación de segundo grao.
E imos coa pregunta de hoxe!
8. Na súa organización territorial, Marrocos está dividida en cantas rexións, incluídas as Provincias Meridionais?
- 7
- 9
- 10
- 12
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org e google.com
Foron moitas as investigacións con selo galego que merecen revelancia este ano, algunhas delas foron portada das revistas científicas máis prestixiosas e outras tantas deron a volta ao mundo, facendo resoar nomes de científicos e científicas galegos que acadan unha gran influencia fóra de Galicia. Continúo cos dez avances da ciencia galega de 2023.
7. Test rápidos: celiaquía e herpes
Os test de autodiagnóstico popularizáronse coa chegada do coranavirus, pero a súa aplicación non se limita só a iso. Neste senso, investigadores galegos deseñaron este ano dous salientables: un para diagnosticar a celiaquía e outro para o herpes.
O diagnóstico actual para a celiquía conleva probas invasivas e é probable que tarde unha media de entre seis e dez anos. Contra iso, un equipo de investigadores galegos formado por Daniel Abella López, investigador asociado ao Centro de Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago (USC), Adrián López Teijeiro, tamén do CiQUS, e Alejandro Failde Fiestras, vinculado ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), deseñou un prototipo de test rápido que podería diagnosticar esta enfermidade en tan só 20 minutos.
Pola outra banda, o equipo liderado polo científico Cesar de la Fuente deseñou un test que cun biosensor é capaz de detectar o virus do herpes cunha precisión do 95% e tan só en nove minutos. A infección do virus do herpes simple tipo 2 (VHS-2) segue a ser unha afección que se arrasta toda a vida e que ten un impacto xeralizado. Malia iso, todavía non se conta cun dispositivo de diagnóstico fiable para detectar con precisión os antíxenos do VHS-2. Neste contexto, o equipo conseguiu crear un biosensor de baixo custo, prometedor para a detección do herpes e para permitir as intervencións oportunas.
O equipo de César de la Fuente deseña un test rápido para diagnosticar o herpes
8. Predicir reacídas en pacientes con cancro
Un novo sistema galego basado na intelixencia artificial é capaz de predicir recaídas en pacientes que padeceron cancro de colon e mama. O equipo desenvolveu este sistema ao longo de tres anos e no mes de febreiro presentou os seus primeiros resultados clínicos. A clave do seu modelo: o uso de imaxes de biopsias líquidas, para así identificar automaticamente células tumorais circulantes en mostras de sangue. Este modelo naceu ao abeiro do proxecto Persist, capitaneado polo centro tecnolóxico galego Gradiant.
Presentación do proxecto Persist en febreiro
Continuará...
FONTE: gciencia.com
Continúo coa serie adicada a Marrocos, un país ao que moitos chaman a porta a África. É o país veciño alén do mar, que é realmente sorprendente, é cor, cheiro, sabor, grandes montañas, deserto, mar e medinas, tranquilidade e caos…
A contestación correcta á pregunta onte é Draa. É o río máis longo de Marrocos e de Alxeria (un 1.100 km). Nace no alto Atlas e desemboca no océano Atlántico. Séguelle en loxitude o Oum Er-Rbia.
E imos coa pregunta de hoxe!
7. Cal é a forma de gobernó en Marrocos?
- Dictadura
- República
- Monarquía constitucional
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: es.wikipedia.org Imaxes: es.wikipedia.org
Regañar! Coidado con esta palabra pois non ten o mesmo significado no castelán ca no galego!
#DígochoEu
Foron moitas as investigacións con selo galego que merecen revelancia este ano, algunhas delas foron portada das revistas científicas máis prestixiosas e outras tantas deron a volta ao mundo, facendo resoar nomes de científicos e científicas galegos que acadan unha gran influencia fóra de Galicia. Continúo cos dez avances da ciencia galega de 2023.
5. A vacinación de bebés contra o virus sincitial
Galicia converteuse en pioneira na vacinación de bebés contra o virus respiratorio sincitial (VRS) causante de bronquiolites e neumonías, sendo o a primeira sanidade do mundo en vacinar contra este virus. O xefe do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico de Santiago, Federico Martinón-Torres, confirma a efectividade da vacina dun 80%, tanto para previr infeccións, como hospitalizacións, polo que se considera clave para tratar de conter o VRS.
A vacinación comezou en outubro e no mes de decembro xa se pode afirmar que houbo unha drástica caída das hospitalizacións de bebés nos hospitais de Galicia. Os últimos datos publicados confirman que a Xunta inmunizou co anticorpo monoclonal Nirsevimab un total de 8.909 bebés. Facendo comparativas con temporadas pasadas, confírmase que a caída das hospitalizacións foi considerable polo que a Xunta quere converter a Galicia na primeira comunidade autónoma en incluír a inmunización contra o virus respiratorio sincitial no calendario de vacinacións.
Galicia é a primeira sanidade do mundo en vacinar os lactantes contra o virus sincitial
6. Os primeiros ordenadores cuánticos de Galicia
Este ano Galicia conta con dous ordenadores cuánticos, ambos adquiridos polo Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga). A primeira foi adquirida en marzo. Os computadores teñen unha maneira diferente de funcionar con respecto os tradicionais, neste caso baséanse en fenómenos cuánticos. Deste xeito, pódense avaliar “moitas combinacións de solucións ao mesmo tempo, o que se coñece como paralelismo cuántico”, tal como o explica o director xeral do Cesga, Lois Orosa Nogueira.
Qmio é a computadora máis potente e grande de España e de todo o sur de Europa, cunha capacidade de 32 cúbits. Permite resolver problemas que unha computadora clásica non pode, ademais de que sería inviable en tempo e enerxía. Ten un gran abano de aplicacións en todos os ámbitos científicos. Malia que está instalada no Cesga, poderán beneficiarse do seu uso as tres universidades galegas, o CSIC e todas aquelas empresas que estean interesadas en facer estudos nos que se poida aplicar a computación cuántica.
Dous novos computadores cuánticos en Galicia no ano 2023 / Cesga
Continuará...
FONTE: gciencia.com