Blogia

vgomez

ENCRUCILLADO CXXVIII

ENCRUCILLADO CXXVIII

VERTICAIS: 1. País africano, con capital en Khartún, no que hai case unha guerra civil provocada polos seguidores de dous xerais enfrontados e que antes desempeñaron un papel importante no golpe militar de 2021 2. Apelido do escultor galego autor do busto adicado ao médico falecido Joaquín Lemos, situado na Praza Tito Lemos, fronte á Clinica onde traballou 3. Cuarta das catro cavidades en que se divide o estómago dos ruminantes 6. Nome do pico, o cumio máis alto da Serra de Gredos e do Sistema Central  7. Capa sólida formada sobre un líquido, especialmente a que se forma coa graxa do leite cando se deixa en repouso 9. Cabo máis setentrional da costa de Cantabria, localizado no municipio de Bareyo.

HORIZONTAIS: 4. Anélido da clase dos oligoquetos, de corpo longo, brando e cilíndrico e, frecuentemente, de cor rosada que vive nos terreos húmidos e de nome cientíifico Lumbricus terrestris 5. Moeda de curso legal en Panmá, xunto co dolar estadounidense 8. Obriga, regra ou costume que un membro dunha tribo, grupo social etc., ten de casar con outro membro da propia tribo ou grupo 9. Marco ou taboleiro que sostén varios arames paralelos polos que corren unhas bólas, que se utiliza para realizar cálculos aritméticos..

MOMENTOS ESTELARES DA CIENCIA XIV

Continúo coa serie de vídeos animados, se explica dunha maneira moi didáctica e divertida algúns dos momentos clave da historia da ciencia.

Hoxe falaremos de Crick e o descubrimento do ADN.

Durante anos, varios investigadores observaran que no núcleo das nosas células atopábase unha substancia chamada ADN que contiña toda a nosa información xenética e que estaba composta por tan só catro elementos: adenina, timina, citosina e guanina. Como era posible que o libro da vida estivese escrito só con 4 letras?

FONTE: bbvaopenmind.com

Continuará...

#DígochoEu: Non digas *promocionar #DígochoEu

 

Sabías que en galego non *promocionamos nada?  Pero entón como dicimos cando hai unha oferta comercial? E cando pasamos de curso? Atento, que cho explica Esther! 

#DígochoEu

SOLUCIÓN XEROGLÍFICO LII (FIN)

A solución ao xeroglífico de onte é: Á PAREDE

Ata a próxima serie!

FONTE: ogalego.eu

XEROGLÍFICO LII

A solución ao xeroglífico de onte é: VINA DEBAIXO DA MESA

VI (6 en números romanos) + N + A + DEBAIXO DA MESA (o A está debaixo da mesa e refirese a ela, á gata) = VINA DEBAIXO DA MESA

E imos coa proposta de hoxe!

 

 

Mañá a solución e fin desta serie!

FONTE: ogalego.eu

SABÍAS QUE... POR QUE SE ACENDE UN MISTO?

Cando miramos como arde un misto, se acendemos o lume na casa para cociñar ou, a gran escala, cando se produce un incendio, o que estamos a ver son procesos de combustión. Para entender como funciona este proceso, é necesario que coñezas un concepto ao que chamamos triángulo do lume. O triángulo de lume dinos que para que se produza unha combustión son necesarios tres elementos. O primeiro é o combustible, que é o elemento que se vai a queimar. Porque nunha combustión a materia quéimase en presenza dun axente oxidante, liberando enerxía en forma de calor. O segundo elemento é o comburente, que é o axente oxidante e que a maioría das veces é o osíxeno. E o terceiro é unha fonte de calor, o que chamamos enerxía de activación que é a que fai que se inicie a combustión e pode ser unha faísca, unha corrente eléctrica, etc…

Pero non só ten que producirse a combustión, senón que debe manterse, e para iso son necesarias unha serie de reaccións en cadea. Na actualidade, o triángulo do lume cambiouse por outro concepto que engade este cuarto elemento e por iso chamámolo tetraedro do lume (tetra é un prefixo de orixe grega que significa catro).

Este tetraedro do lume explícache como se acende un misto e por que se mantén acesa. Os primeiros mistos, que tamén se chaman fósforos de fricción, ideáronse a principios do século XIX. Non son máis que un obxecto que se acende cando se frega contra un papel de lixa. A súa composición inicial foi cambiando para mellorala. As primeiras tiñan como principal elemento o fósforo branco, pero co tempo observouse que era moi tóxico e provocaba graves enfermidades ás persoas, sobre todo mulleres e nenas e nenos, que traballaban nas fábricas nas que se producían. Por este motivo, a principios do século XX substituíuse polo fósforo vermello, que é o que conteñen agora os mistos.

Ademais de fósforo vermello, os mistos teñen outros compostos que axudan á combustión, como o trisulfuro de antimonio (ou outros derivados do xofre), que funciona como combustible e o clorato de potasio (ou outro composto oxidante equivalente), que é o oxidante que libera o osíxeno necesario para a combustión. Tamén teñen unha serie de aditivos, como colorantes, adhesivos etc., pero os elementos crave son o fósforo vermello, o trisulfuro de antimonio e o clorato de potasio. Os mistos tamén teñen o seu soporte, o pauciño que adoita ser de madeira e que xeralmente está impregnado dunha parafina, unha cera.

Hoxe en día, por seguridade, o fósforo vermello non se atopa na cabeza do misto, senón no raspador da caixa, mesturado con po de vidro. Desta forma evítase que poidan arder dentro da caixa por rozamento duns mistos con outras.

Cando fregamos o misto sobre o raspador da caixa prodúcese unha fricción que é a fonte de calor necesaria da que falabamos antes para que se inicie a combustión. Coa calor, unha pequena cantidade de fósforo vermello transfórmase en fósforo branco, que se inflama e libera moita enerxía. O clorato de potasio emite o osíxeno necesario para a combustión do fósforo restante e do trisulfuro de antimonio, que axuda a que se forme a chama. Este proceso inicia a combustión, a ignición da cabeza do misto. Como o pauciño do misto é de madeira, ou de cartón, e está impregnado de cera, fai que a combustión se manteña.

FONTE: Nuria Ortuño García/elpais.com/ciencia        Imaxe: N-C BELANGER (Getty Images)

MOMENTOS ESTELARES DA CIENCIA XIII

Continúo coa serie de vídeos animados, se explica dunha maneira moi didáctica e divertida algúns dos momentos clave da historia da ciencia.

Hoxe falaremos de Lise Meitner e a fisión nuclear

A física austriaca Lise Meitner é o caso máis obvio dun descubrimento científico realizado por unha muller e ignorado polo comité do Premio Nobel. Foi ela quen se deu conta en 1938 de que a fisión nuclear fora producida en experimentos levados a cabo polos seus colegas no laboratorio.

FONTE: bbvaopenmind.com

Continuará...

#DígochoEu: #CiberEsther (Moito ollo coa intelixencia artificial)

 

#CiberEsther: Moito ollo coa intelixencia artificial, que pode inventar cousas e presentar datos falsos coma se fosen verdadeiros!   

#DígochoEu