Blogia

vgomez

SABÍAS QUE... ARITMÉTICA MODULAR

 

A aritmética modular foi estudada por primeira vez de forma sistemática por Carl Friedrich Gauss (1777-1855) no seu famoso Disquisitiones Arithmeticae de 1801. Algunhas veces chámaselle, suxerentemente, aritmética do reloxo, xa que os números «dan a volta» tras alcanzar certo valor chamado módulo.

Gauss definiu a congruencia da seguinte maneira: dous números enteiros a e b son congruentes módulo outro número n se o resto de dividir (sen decimais) a e b entre n é o mesmo. Isto é equivalente a que b - a sexa múltiplo de n. Por exemplo, 6 e 18 son congruentes módulo 12. É dicir, ao dividir 6 entre 12, obtemos como cociente 0 e como resto 6 e, doutra banda, ao dividir 18 entre 12, quédanos cociente 1 e resto tamén 6. No reloxo, isto significa que as 18 son as 6.

Esta é a notación matemática que se utiliza para expresar congruencias

Do mesmo xeito que na nosa numeración usual, na aritmética modular tamén podemos operar: se temos dous pares de números que son congruentes módulo n, tamén o serán as súas sumas; e o mesmo ocorre para résta e a multiplicación.

Para o DNI utilízase a congruencia módulo 23. O procedemento consiste en calcular o resto de dividir o número do DNI entre 23. En función deste resto, asígnaselle unha letra de acordo con a táboa que se mostra na imaxe inferior.


Así, se ao introducir o noso DNI cometemos algún pequeno erro, o novo número non se corresponderá coa letra introducida e saltará un aviso en calquera computador. A letra do DNI non é o único díxito de control que se calcula con congruencias: tamén o IBAN das contas bancarias.

FONTE: Alba García Ruíz e Javier Peñafiel/elpais.com/ciencia    Imaxe: gaussianos.com

MOMENTOS ESTELARES DA CIENCIA XII

Continúo coa serie de vídeos animados, se explica dunha maneira moi didáctica e divertida algúns dos momentos clave da historia da ciencia.

Hoxe falaremos de Ramanujan e o número π.

Ramanujan é a icona da intuición matemática. O seu caso é un espectacular exemplo de como a linguaxe matemática está inscrita no cerebro de todos os seres humanos. Da mesma maneira que Mozart visualizaba a música, este mozo indio tiña a capacidade de facer brotar das súas interior fórmulas matemáticas coas que trataba de explicar o mundo.

FONTE: bbvaopenmind.com

Continuará...

#DígochoEu: #ApuntamentoLusófono 2.14

 

No #ApuntamentoLusófono dsta semana enfrontáronse Diego e Patrick nuns cuartos de final moi emocionantes. Contamos coa presenza de Cecília Farias, unha profesora da Universidade de São Paulo, apaixonada por Galicia e o galego. No treito final, estivemos experimentando coa intelixencia artificial, e vaia trebello!

 #DígochoEu

XEROGLÍFICO LI

A solución ao xeroglífico de onte é: CESTA

CES (C C C) + TA = CESTA

E imos coa proposta de hoxe!

 

 

Mañá a solución!

FONTE:ogalego.eu

MOMENTOS ESTELARES DA CIENCIA XI

Continúo coa serie de vídeos animados, se explica dunha maneira moi didáctica e divertida algúns dos momentos clave da historia da ciencia.

Hoxe falaremos de Albert Einstein e o efecto fotoeléctrico.

Todo o mundo coñece a Albert Einstein, pero poucos coñecen a historia de como gañou o Nobel pola súa explicación do efecto fotoeléctrico.

FONTE: bbvaopenmind.com

Continuará...

OS CATRO PIARES DA APRENDIZAXE

 

A maneira en que o cerebro xera o pensamento é un dos grandes misterios da ciencia”, asegura o neurocientífico Stanislas Dehaene, que dedicou a súa vida a decodificar como funciona a mente humana. 

Matemático de formación, Dehanae é pioneiro da neurociencia da linguaxe verbal e a cognición matemática. Desde finais dos anos 80 está á fronte da unidade de Neurociencia Cognitiva do Instituto Nacional de Saúde e Investigación Médica francés e, actualmente, tamén lidera o NeuroSpin Brain Imaging Center de París. O científico defende que o cerebro dun bebé é mellor que un supercomputador: “Un bebé está dotado de razón, de lóxica, de matemática, desde que nace”. O seu traballo valeulle multitude de recoñecementos, entre os que se atopa o prestixioso Brain Prize, coñecido como o "Nobel da neurociencia". 

Dehanae busca as raíces do noso instinto matemático, examina os circuítos da lectura, indaga a maneira na que aprendemos e investiga, en definitiva, que fai tan especial aos seres humanos. Autor de numerosos libros nos que expón os resultados das súas investigacións ao gran público, acaba de publicar ‘Con vostedes… o noso cerebro!’, onde comparte os descubrimentos históricos das ciencias do cerebro, desde a Antigüedad ata os nosos días.

XEROGLÍFICO L

A solución ao xeroglífico de onte é: MESA

MES (Xaneiro) + A (Letra) = MESA

E imos coa proposta de hoxe!

Mañá a solución!

FONTE: lamochililla.blogspot.com

#DígochoEu: Como se di 'yerno' e 'nuera'?

 

Hoxe resolvemos a dúbida de como se di ’yerno’ e ’nuera’ en galego? E ti, sabías dicilo?  

#DigochoEu