Blogia

vgomez

SOSTIBILIDADE VII

Estás averiguando o que sabes sobre a sotibilidade e o que significa realmente.

A contestación á pregunta de onte é Novas formas de reducir a cantidade de plástico na túa vida. Artigos como as botellas, os contedores e as bolsas de plástico poden reciclarse ou converterse en algo novo.  A suprarreciclaxe, o upcycling, tamén coñecido como reutilización creativa, é o proceso de transformar subproductos, materiais de refugallo, produtos inútiles ou non desexados en novos materiais ou produtos percibidos como de maior calidade, como valor artístico ou valor ambiental.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Que conceptos hai que ter en conta á hora de illar unha vivenda?

- Valores B. que son medidas do Binita que é a fachada da casa e o Barato que foi.

- Valores R, que son medidas da Resistencia do illamento á transferencia de calor.

- Valores Q, que indican onde Queda a casa en cuestión e Que pesar facer con ela no futuro.

Maña a solución e unha nova pregunta!

FONTE: farodevigo.es/sociedade e climatica.lamarea.com     Imaxe: aislamientodefachadas.com

O CEO DO MES: XANEIRO 2023

 

7 de xaneiro: Lúa Chea

15 de xaneiro: Cuarto Minguante

21 de xaneiro: Lúa Nova

28 de xaneiro: Cuarto Crecente

Chuvia de meteoros: CuadrántidasDo 1 ao 6, con máximo a noite do 3 ao 4. É unha choiva de meteoros de actividade alta. O seu máximo é o 3 do devandito mes con THZ 120, o que a converte na chuvia máis activa do ano, xunto ás Xemínidas. O seu corpo proxenitor foi probablemente identificado como o asteroide 2003 EH, que se cre que foi á súa vez o cometa C/1490 Y1 que observaron astrónomos chineses, xaponeses e coreanos hai uns 500 anos. O seu radiante é a constelación do Boyero ou Boötes. Con todo, reciben o nome da desaparecida constelación de Quadrans Muralis, que ocupaba parte do actual Boyero.

#DígochoEu: Non digas *básquet

 

Vestida co equipamento da seleción galega de baloncesto, Esther resolve a seguinte dúbida: dicir ’básquet’ é correcto ou non?

#DígochoEu

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXX (PERSONAXES DO 2022)

VERTICAIS: 1. Putin 3. Kirchner 5. Amini 6. Alcaraz.

HORIZONTAIS: 2. Musk 4. Jinping 7. Messi 8. Zelesnki 9. Lula 10 Ermaux.

Máis cultura xeral, neste caso personaxes do 2022!

FELIZ ANO 2023

Deséxovos o mellor para iste ano que hoxe comeza, para vós e as vosas familias. Que se cumplan as vosas espectativas e que sexades felices!

Unha aperta! 

VÍCTOR

#DígochoEu: O máis viral 2022

 

Achégase a fin deste 2022, daquela traemos o resumo do máis viral do ano do #DígochoEu !

 #DígochoEu

ENCRUCILLADO CXX (PERSONAXES DO 2022)

VERTICAIS: 1. Apelido do avogado e político ruso, líder de facto do partido político Rusia Unida e que cctualmente desempéñase como presidente de Rusia 3. Apelido da política arxentiona, actualmente vicepresidenta do goberno do país, que recentemente foi condenada a seis anos de prisión por administración fraudulenta 5. Apelido da moza iraniana de 22 anos asasinada pola policía por mor de non levar ben o veo 6. Apelido do tenista español, que desde o 12 de setembro de 2022 está situado na primeira posición do clasificación ATP. 

HORIZONTAIS: 2. Apelido do empresario, investidor e magnate surafricano que tamén posúe as nacionalidades canadense e estadounidense e que é Director executivo de Twitter 4. Apelido do político e enxeñeiro químico chinés, que actualmente exerce como secretario xeral do Comité Central do Partido Comunista de China, presidente da Comisión Militar Central​ e presidente da República Popular China 7. Apelido do futbolista arxentino que xoga como dianteiro ou centrocampista, xogador histórico do Fútbol Club Barcelona e actualmente no Paris Saint-Germain e alma da selección arxentina no último munsial 8. Apelido do actor e político ucraíno actual presidente de Ucraína 9. Apelido do obreiro metalúrxico, ​ sindicalista e político progresista​ brasileiro, que ganou as últimas eleccións en Brasil 10. Apelido da escritora francesa, catedrática e profesora de letras modernas, gañadora do Premio Nobel de Literatura en 2022.

SOSTIBILIDADE VI

Estás averiguando o que sabes sobre a sotibilidade e o que significa realmente.

A contestación á pregunta de onte é Hidróxeno verde, biometano e gasa natural sintético.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Que é a reciclaxe e o upcycling?

- Novas fórmulas de montar en bici

- Novas formas de reducir a cantidade de plástico na túa vida. Artigos como as botellas, os contedores e as bolsas de plástico poden reciclarse ou converterse en algo novo

- Intercambios onde seconsiguen puntos de reciclaxe por facer a upgrade dunha app

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: farodevigo.es/sociedade e climatica.lamarea.com     Imaxe: bonsaidejengibre.es