Blogia

vgomez

CANTO SABES DE CUBA? III

Continúo coa serie sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é 2 illas e máis dun millar de "cayos" ou pequenas illas que as rodean.

Cuba está formada pola illa homónima, completando o arquipélago a illa de la Juventud e máis dun milleiro de "cayos" ou pequenas illas que as rodean: Cayo Coco, Cayo Guillermo, Cayo Santa María, Cayo As Bruxas, Cayo Ensenachos e Cayo Cruz, no arquipélago coñecido como Xardíns do Rey; Cayo Jutías e Cayo Levisa, no arquipélago dos Colorados; e Cayo Longo do Sur no arquipélago dos Canarreos,​ entre outros.

E imos coa pregunta de hoxe?

3. Cal é a capital de Cuba?

- Santiago de Cuba

- A Habana

- Holguín

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org                   Imaxes: .orgactualidadviajes.com

AS LIBÉLULAS MÁIS BONITAS DO MUNDO II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada as libélulas, insectos fascinantes que, polas súas rechamantes cores e a súa elegancia ao voar, resultan atractivos para moitas persoas. Dentro deste fascinante grupo que son os odonatos existen dous subórdenes: Anisoptera (libélulas) e Zygoptera (cabaliños do diaño).

3. Rhyothemis phyllis

Rhyothemis phyllis / Summerdrought/Wikicommons

Esta bonita especie de libélula cun aspecto que lembra ás abellas está moi estendida polo sueste asiático e norte de Australia.

4. Libellula saturata

Libellula saturata / Regular Daddy/Wikicommons

Esta é unha especie de libélula nativa do oeste de Norte América moi rechamante debido a que todo o seu corpo é de tonalidade vermella ou alaranxada, incluíndo ollos, patas e mesmo as veas das súas ás.

Continuará...

FONTE: (Gran parte da información sobre as libélulas e cabaliños do diaño deste artigo obtívose da Guía de Campo das Libélulas de España e Europa de Edicións Omega) / Sarah Romero/muyinteresante.es

CANTO SABES DE CUBA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, sobre Cuba, oficialmente República de Cuba. Iste país soberano insular co que temos tantoz lazos: idioma, emigración...

A contestación correcta á pregunta de onte é Mar do Caribe.

Cuba é un dos trece países que forman a América Insular, Antillas ou illas do mar Caribe, e un dos trinta e cinco do continente americano.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cuba está formada por...

- 1 illa e máis dun millar de "cayos" ou pequenas illas que a rodean

- 2 illas

- 2 illas e máis dun millar de "cayos" ou pequenas illas que as rodean

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org                   Imaxes: Pablo Bayón/redalyc.org

AS LIBÉLULAS MÁIS BONITAS DO MUNDO

AS LIBÉLULAS MÁIS BONITAS DO MUNDO

Creatures of the Order / kelsey Oseid

As libélulas son insectos fascinantes que, polas súas rechamantes cores e a súa elegancia ao voar, resultan atractivos para moitas persoas. Son inofensivos para o ser humano e ademais, moitos deles son beneficiosos xa que se alimentan de insectos capaces de formar pragas. 

Aínda que moitas veces falamos de libélulas en xeral, o certo é que dentro deste fascinante grupo que son os odonatos existen dous subórdenes: Anisoptera (libélulas) e Zygoptera (cabaliños do diaño). Ademais de que as libélulas adoitan ser de maior tamaño, unha das diferenzas máis visibles atópase nas ás: nas libélulas o par de ás posterior é máis grande que o par anterior mentres que nos cabaliños os dous pares de ás son do mesmo tamaño. Ademais, estes últimos pliegan as ás contra o abdome ao pousarse, mentres que as libélulas non. Doutra banda, os ollos das libélulas son máis grandes que os dos cabaliños do diaño e están máis xuntos.

Os odonatos son insectos anfibios, e isto significa que desenvolven parte do seu ciclo vital na auga (cando son larvas), mentres que realizan a vida adulta no aire ou auga. Todos son cazadores, e como xa comentamos o seu principal presa son outros insectos, aínda que algunhas larvas grandes pódense alimentar de cágados ou mesmo peixes pequenos. 

Os odonatos teñen un modo de reprodución moi peculiar, con inseminación indirecta e fertilización diferida, para o que o macho transfire o esperma desde o extremo do seu abdome, onde o produce, ata unha zona situada na base do mesmo que se chama genitalia secundaria, desde onde moitas veces insemina á femia (outras veces fertilízanse os ovos no momento da posta). Desta forma obsérvanse comportamentos espectaculares, como a ‘roda copulatoria’ en forma de corazón ou os voos dos machos sobre a femia para vixiar o momento da posta e evitar que outros rivais fertilicen os ovos primeiro. 

A vida de libélulas e cabaliños do diaño está fortemente unida aos humidais: charcas, estanques, lagoas, ríos… calquera destes lugares é bo para observar odonatos, aínda que a degradación destes hábitats como consecuencia da actividade humana tamén está a provocar que algunhas especies de libélulas e cabaliños do diaño estean hoxe máis ameazadas que nunca.

Imos ver algunhas das máis bonitas do mundo:

1. Sympetrum pedemontanum

Christian Fischer, Wikicommons

Sympetrum pedemontanum / Christian Fischer/Wikicommons

Uno dos trazos máis característicos desta especie de libélula é a presenza de franxas negras na parte exterior das ás. Os machos, como o da foto, teñen o abdome vermello.

2. Calopteryx virgo

Calopteryx virgo / Michael Apel/Wikicommons

Os machos do caballiño do diaño azul , común en boa parte de Europa, presentan ás dun rechamante ton azul cobalto, mentres que nas femias a tonalidade é entre verdoso transparente e ébano.

Continuará...

FONTE: (Gran parte da información sobre as libélulas e cabaliños do diaño deste artigo obtívose da Guía de Campo das Libélulas de España e Europa de Edicións Omega) / Sarah Romero/muyinteresante.es

SABÍAS QUE... INVERNO NUCLEAR

Fungo nuclear sobre as illas Marshall, xerado nunhas probas do Exército de EEUU, o 25 de xullo de 1946 /AP PHOTO

O inverno nuclear é un fenómeno climático que describe a consecuencia do uso indiscriminado de bombas atómicas. Xurdiu no contexto da guerra fría, e predicía un arrefriado global debido ao fume estratosférico, que tería como consecuencia un colapso da agricultura e a ameaza de fames negras para a maioría da humanidade.​ Aínda que non se produciu o tan temido holocausto nuclear si parece que houbo certos efectos ocultos producidos polas probas nucleares.O proceso seguiría estes pasos: a bomba nuclear levantaría unha enorme nube de cinza e po que estaría en suspensión na atmosfera durante meses. Esta capa dificultaría ou impediría totalmente o paso da luz solar, o cal provocaría a morte dos seres vivos que realizan a fotosíntesis. Estes seres, os produtores, son o elo máis baixo da cadea trófica ou cadea alimentaria, co cal tamén se extinguirían os demais seres vivos: herbívoros, carnívoros e descomponedores. Ademais, o ambiente sería irrespirable, polo que moitos animais morrerían directamente, ao non poder efectuar a respiración.

A teoría xurdiu a partir dun estudo de Paul J. Crutzen e John Birks en 1982, que xa propuxeron que os incendios masivos que resultarían dun intercambio nuclear global e o fume que xerarían na capas baixas da atmosfera terían consecuencias notables sobre o clima. Owen B. Toon e Richard P. Turco analizaron as consecuencias do fume na estratosfera e acuñaron a expresión «inverno nuclear» en 1982, mentres que Vladímir Aleksándrov e Gueorgui Stenchikov levaron a cabo simulacións sobre modelos máis sofisticados en 1983. En parte como consecuencia destes estudos e outros relacionados con finais dos anos 1980, Ronald Reagan e Mijaíl Gorbachov iniciaron os tratados de desarmamento nuclear.

Nos anos 2000 fixéronse unha serie de estudos tendo en cuenta a redución planeada de armamento nuclear de Estados Unidos e a Unión Soviética (o Tratado de Reducións de Ofensivas Estratéxicas), e comparando as consecuencias dun intercambio dentro do arsenal permitido por ese contexto cun intercambio limitado entre potencias nucleares menores como India e Paquistán. No primeiro caso, supuxeron 4.400 explosións nucleares, que corresponderían a 440 megatones, 770 millóns de vítimas directas e 180 Tg (teragramos ou billóns de gramos) de feluxe. No segundo, pequenas bombas que sumasen 0.75 megatones e 44 millóns de vítimas directas producirían 6.6 Tg de feluxe. Segundo este estudo, aínda os intercambios atómicos máis modestos serían suficientes para producir efectos do mesma orde que a pequena idade de xeo ou o ano sen verán. O estudo tamén suxería que a alteración da temperatura da estratosfera mesmo neste caso podía ter consecuencias graves sobre o fluxo de gases, e en concreto reducións considerables na capa de ozono.​ O uso do arsenal ruso e estadounidense levaría a un descenso da temperatura comparable ou posiblemente máis acusado que o dunha glaciación, quizá durante unha década.

Imaxe gráfica do que podería ser un inverno nuclear / Rico Shen/es.wikipedia.org

Doutra banda, estes novos cálculos baseados en versións modernas de modelos climáticos predixeron unha vida media do feluxe cinco veces máis prolongada que a estimada nos anos 1980, o cal contribuiría a agravar e alongar as consecuencias sobre o clima.

Tal como están as cousas na Guerra de Ucraína non é descartable esta situación. Esperemos non chegara a esta situación, pero o mundo está cheo de loucos!

CANTO SABES DE CUBA?

Cuba, oficialmente República de Cuba, é o obxectivo desta nova serie. Son moitos os motivos que nos unen: idioma, emigración... Por iso pretendo facer unha revisión do que coñecemos sobre iste país soberano insular.

Coma sempre, cada día farei unha proposta e ao día seguinte a solución e outra nova proposta. Anímaste?

Pois comezamos!

1. Onde esta situada Cuba?

- No mar do Caribe

- No golfo de México

- No Atlántico Sur

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: es.wikipedia.org           Imaxes: convenioandresbello.org e es.wikipedia.org

SOLUCIÓN AOS XOGOS DO CÓDIGO SECRETO DO EMPERADOR CALOR V

Onte estivemos falando do código secreto do emperador Carlos V. O cifrado, presumiblemente ideado polos expertos criptógrafos da Cancillería Imperial, consistía nun nomenclator. Este sistema de codificación baséase nun alfabeto cifrado, que se utiliza para codificar a maior parte da mensaxe, e compleméntase cunha lista de palabras codificadas e outros símbolos cun significado concreto.
Propuxemos tres xogos e aquí tedes as solucións:
Xogo 1:

Dios salve al rey/Deus salve ao rei (de Inglaterra, of course)

Xogo 2:

Qué han averiguado nuestros informantes en la corte/Que pescudaron os nosos informantes na corte

Xogo 3:

Neste caso a mensaxe está cifrado cunha sinxela cifra do César (un tipo dun cifrado por substitución, no que unha letra no texto orixinal é substituída por outra letra que se atopa un número fixo de posicións máis adiante no alfabeto) onde a letra V ocupa a quinta posición. E, a continuación, cada letra é substituída polo número romano que corresponde á súa posición no alfabeto cifrado:

A cifra:

Pasatiempo Carlos V_Solucion

UNA CIFRA DEL CESAR CON NÚMEROS ROMANOS PARA EL EMPERADOR DEL SACRO IMPERIO ROMANO GERMANICO/UNHA CIFRA DO CESAR CON NÚMEROS ROMANOS PARA O EMPERADOR DO SACRO IMPERIO ROMANO XERMANICO

FONTE: Miguel Barral/bbvaopenmind.com

ANIMAIS EXTINTOS XXV (FIN)

Remato coa serie adicada a animais extintos. A extinción dunha especie animal ocorre cando morre o último membro individual desa especie. Aínda que unha especie pode estar extinta na natureza, a especie non se extinguirá ata que cada individuo, independentemente da súa localización, catividade ou capacidade de reprodución, morrese.

Se onte falamos da Huia, hoxe remato a serie co...

25. Colobo vermello de Waldron

Oriúndo de Ghana e Costa do Marfil, o colobo vermello de Waldron (Piliocolobus badius waldronae) é unha subespecie do oeste colobos vermellos nativa de África occidental. tendo en conta que non se observou oficialmente desde 1978, considéraselle unha especie extinta desde o ano 2000. Con todo, a Lista Vermella da UICN sitúao aínda como especie en perigo crítico. Este mamífero de tamaño mediano non conta con polgares e estaba habituado a vivir en grupos de gran número de individuos nas copas das árbores.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es/natureza