Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? VII

Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².

A contestación correcta á pregunta de onte é 1-e, 2-c, 3-d, 4-a e 5-b. Camberra é a capital de Australia, Wellington é a capital de Nova Zelandia, Port Moresby é a capital de Papúa Nova Guinea, Suva é a capital de Fidxi e Nukualofa é a capital de Tonga.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Identifica estas bendeiras de países de Oceanía:

1. Australia

2. Illas Salomón

3. Tuvalu

4. Samoa

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org   Imaxe: es.wikipedia.org

A ORIXE DAS PALABRAS: QUE CHE DEAN MORCILLAS

A ORIXE DAS PALABRAS: QUE CHE DEAN MORCILLAS

Posiblemente nalgunha ocasión, cando alguén vos importunou, resultado molesto ou sacado das vosas casas, utilizariades a expresión que che dean morcillas con ánimo de resolver categórica e bruscamente a conversación e librarvos desa persoa.

Pero, cal é a procedencia desta expresión? Antigamente a rabia ou hidrofobia era unha enfermidade moi contaxiosa (propiciada pola insalubridade de rúas e augas) e amplamente estendida nalgunhas cidades por animais abandonados (sobre todo cans vagabundos, aínda que algunhas fontes indican que tamén se daban casos nos gatos) chegando en ocasións a converterse nunha perigosa epidemia de saúde pública.

Como método para a súa erradicación dábase para comer a eses animais rueiros unhas morcillas, as cales contiñan estricnina no seu interior (un potente e mortal veleno) e desta maneira tentábase eliminalos co fin de controlar a transmisión da enfermidade.

Este procedemento desapiadado cos devanditos animais deu paso a finais do século XIX, tanto en Madrid como noutras cidades, á creación das canceiras e á profesión de laceiro, que era o que se ocupaba de capturar aos cans rueiros e confinalos, acabando así coa mortal práctica da morcilla.

Que che dean morcilla é unha locución que ten múltiples sinónimos como que che dean por saco, que te fodan, que te folle un peixe, vaite a fritir morcillas/espárragos, vaite á porra (ou a outro sitio máis escatológico) … está visto que o repertorio do noso idioma ten unha vasta amplitude de formas para que podamos librarnos dos nosos semellantes.

FONTE: Alfred López/blogs.20minutos.es

SOLUCIÓN AO ENCRUCILLADO CXIX

VERTICAIS: 1. Guggenhaim 7. Restra 5. Folón 8. Alabama.

HORIZONTAIS: 2. Sargo 3. Úmero 4. Perú 6. Belén 9. Melchor 10. Acivro.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CXIX

VERTICAIS: 1. Museo de arte contemporánea deseñada polo arquitecto canadense Frank O. Gehry e localizado en Bilbao (País Vasco) 7. Trenza que se fai cos allos, coas cebolas, coas mazarocas do millo etc., para penduralos 5. Aparello de madeira, construído xeralmente nun curso de auga, que consta de dous mazos que ao se moveren alternativamente pola acción da auga, van batendo os tecidos fabricados nos teares para desengraxalos e que entupan 8. Estado dos EE UU, cuxa capital é Montgomery e a súa cidade máis poboada é Huntsville.

HORIZONTAIS: 2. Peixe da familia dos espáridos, de corpo oval comprimido lateralmente, cor gris prateada con sete ou oito bandas escuras nos costados e unha negra contra a aleta caudal, de nome científico Diplodus sargus 3. Óso do brazo que vai desde o ombreiro ao cóbado 4. País suramericano, con capital en Lima, e que ultimamente ten grandes problemas políticos e sociais 6. Cidade palestina, na rexión de cixordania, onde naceu Xesús 9. Rei Mago de Oriente, a quen se lle adxudica ser portador do ouro 10.  Árbore silvestre da familia das aquifoláceas, de follas brillantes elípticas ou ovais, duras e con espiñas nos bordos, flores brancas, froito en forma de baga de cor vermella e madeira de cor clara, dura e compacta e de nome científico Ilex aquifolium.

CANTO SABES SOBRE OCEANÍA? VI

Continúo coa serie, adicada ao quinto continente, Oceanía. Un continente insular e tamén o máis pequeno do noso planeta, con 8.542.499 km².

A contestación correcta á pregunta de onte é Nova Guinea (Papúa Nova Guinea). Oficialmente denominado Estado Independente de Papua Nova Guinea, é un país soberano de Oceanía que ocupa a metade oriental da illa de Nova Guinea (a outra metade é parte do estado indonesio de Nova Guinea Occidental) e unha numerosa cantidade de illas situadas ao redor desta. Está situado ao norte de Australia, ao oeste das Illas Salomón e ao suroeste do océano Pacífico, nunha rexión definida desde inicios do século XIX como Melanesia. É o único país de Oceanía que ten fronteira terrestre (Indonesia). Ten unha extensión de 462.840 km2.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Relaciona cada país coa súa capital:

1. Australia                         a. Suva

2. Nova Zelandia                b. Nukualofa

3. Papúa Nova Guinea       c. Wellington

4. Fidxi                                 d. Port Moresby

5. Tonga                               e. Camberra

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: gl.wikipedia.org   Imaxe: caracteristicasdel.com

#DígochoEu: Non digas *triple

 

En galego non podes nin facer un *triple nin meter un *triple.

 #DígochoEu

CINE: AVATAR: O SENTIDO DA AUGA

 

Esta fin de semana chega aos cines a película Avatar: O sentido da auga, a primeira das catro secuelas planificadas da película Avatar (2009). Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Avatar: The Way of Wateraka  

Ano: 2022

Duración: 192 min.

País: USA

Xénero: Ciencia ficción

Produtora: 20th Century Studios, Lightstorm Entertainment, TSG Entertainment.

Distribuidora: Walt Disney Pictures

Produtor: James Cameron  

Dirección: James Cameron

Guión: James Cameron, Rick Jaffa, Amanda Silver

Música: Simon Franglen

Fotografía: Russell Carpenter

Reparto: Sam Worthington, Zoe Saldana, Sigourney Weaver, Kate Winslet, Stephen Lang, Cliff Curtis, Joel David Moore, Giovanni Ribisi, Edie Falco, CCH Pounder, Jemaine Clement, Brendan Cowell, Jamie Flatters, Britain Dalton, Trinity Jo-Li Bliss, Jack Champion, Bailey Bass, Filip Geljo, Duane Wichman-Evans, Dileep Rao, Matt Gerald, Robert Okumu, Jennifer Stafford, Keston John, Kevin Dorman, Alicia Vela-Bailey, Sean Anthony Moran, Andrew Arrabito e Johnny Alexanderver

Sinopse: Ambientada máis dunha década despois dos acontecementos da primeira película, Avatar: The Way of Water empeza contando a historia da familia Sully (Jake, Neytiri e os seus fillos), cando acontecementos imprevistos afástanos do seu fogar, e viaxan a través dos inmensos confíns da lúa Pandora e foxen ao territorio que está en poder do clan Metkayina, un pobo que vive en harmonía cos océanos que lle rodean. Alí, os Sully deberán aprender a navegar polo perigoso mundo da auga e tamén a gañarse a aceptación da súa nova comunidade.

Outro taquillazo!

SOLUXIÓN DEFINITIVA QUE EVITA O BAFO DAS LENTES

O bafo é a principal molestia que producen as máscaras aos que deben levar lentes de ver ou de sol / Getty

Un equipo de científicos da Escola Politécnica Federal de Zúric (ETH) desenvolveu un revestimento que evita que se embacen os cristais. Os investigadores querían poñer solución a un dos problemas máis frecuentes que sofren as persoas que utilizan lentes, que é o empañamiento. Ademais, o uso da máscara intensificou esta cuestión.

O novo método pode empregarse en cristais de lentes, nas lentes dunha cámara e mesmo no parabrisas do coche. Consiste nunha capa formada por nanopartículas de ouro que absorbe a radiación solar e desta maneira quenta a superficie. Ao aumentar a temperatura, evita que se de a condensación que provoca o empañamiento.

O sistema desenvolvido polos científicos da ETH / ETH Zúric
 

O nanorrevestimiento desenvolvido polos investigadores é unha capa moi delgada composta por diminutas partículas de ouro distribuídas de forma uniforme. Ademais, a capa está recuberta de óxido de titanio polos dous lados, composto eléctricamente illante que fai de protector evitando así o empañamiento.

O quecemento da superficie pode alcanzar ata os 8 graos centígrados e o grosor do recubrimento non supera os 10 nanómetros. Ademais, os científicos aseguran que é máis eficiente debido ás súas propiedades, que lle permiten absorber luz infravermella de forma selectiva.

O recubrimento, que é transparente e flexible, crea un efecto de quecemento foto inducido que prevén o fluxo de néboa sostida catro veces máis que as mostras sen revestimento. O rendemento é incriblemente eficaz tanto en interiores como en exteriores, mesmo en condicións de néboa.

A proposto do equipo de científicos da ETH está afastada dos métodos convencionais, que xeralmente empregan moléculas para atraer a auga e así distribuír a condensación. O quecemento da superficie dos cristais prodúcese de forma pasiva grazas á luz solar. Con todo, esta vantaxe tamén se converte no seu principal obstáculo, debido a que soamente resulta eficaz durante o día.

A capa antiempañante foi o resultado de anos de investigación. Os científicos de Zúric xa anunciaran un revestimento baseado en ouro hai tres anos. Con todo, a diferenza é que a capa recentemente desenvolvida é moito máis fina e flexible, sendo posible a súa aplicación en superficies curvadas como as lentes.

Como a súa fonte de enerxía é a luz solar, o equipo de investigadores atópase traballando en alternativas que permitan o seu uso durante as horas nocturnas. Unha das propostas é inserir unha pequena batería no armazón das lentes, aproveitando así a propiedade conductiva do ouro para emitir descargas que sirvan para quentar a superficie e evitar o empañamiento.

O equipo da ETH está tamén valorando outros compostos e materiais, aínda que de propiedades similares. A cantidade de ouro que se necesita para poñer en marcha este sistema é mínima, polo que non supón un gasto excesivo. Con todo, a demanda deste metal precioso en distintas industrias convida a buscar alternativas que permitan a súa fabricación en masa.

O que está claro é que o método patentado resulta máis eficaz que calquera dos sprays antivaho e demais trucos caseiros que tradicionalmente se empregaron para evitar o empañamiento dos cristais. O estudo foi publicado na revista Nature Nanotechnology e parece ser a solución perfecta para liquidar un problema que afecta a tantas persoas.

FONTE: lavanguardia.com/tecnoloxia