Blogia

vgomez

O CEO DO MES: XULLO 2026

Radiante das Delta-Acuáridas / astronomia.ign.es

7 de xullo: Cuarto Minguante

14 de xullo: Lúa Nova

21 de xullo: Cuarto Crecente

29 de xullo: Lúa Chea (Lúa do Cervo)

Chuvia de meteoros: Delta-Acuáridas: do 12 de xullo ao 23 de agosto, con máximo na noite do 28 ao 29. O seu corpo proxenitor é o cometa 96P Machholz e o radiante é a estrela Delta da constelación Acuario.

CANTO SABES DE CROACIA? VII

Continúo coa serie adicada a Croacia, onde o luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fano un país único.

A contestación correcta á pregunta de onte é 20 condados e a cidade capital Zagreb. Desde o restablecemento dos condados en 1992, Croacia divídese en vinte condados (županija) e a cidade capital de Zagreb, esta última conta coa autoridade e status legal dun condado e unha cidade (grad). Á súa vez, os condados divídense en 127 cidades e 429 municipios. A saber...

  • 1. Zagreb
  • 2. Krapina-Zagorje
  • 3. Sisak-Moslavina
  • 4. Karlovac
  • 5. Varaždin
  • 6. Koprivnica
  • Križevci
  • 7. Bjelovar-Bilogora
  • 8. Primorje-Gorski Kotar
  • 9. Lika-Senj
  • 10. Virovitica-Podravina
  • 11. Požega-Eslavonia
  • 12. Brod-Posavina
  • 13. Zadar
  • 14. Osijek-Baranja
  • 15. Šibenik-Knin
  • 16. Vukovar-Srijem
  • 17. Split-Dalmacia
  • 18. Istria
  • 19. Dubrovnik-Neretva
  • 20. Međimurje
  • 21. Cidade de Zagreb

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cal é a forma de goberno de Croacia?

- Monarquía

- Ditadiura

- República

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 30 DE XUÑO...

1906 Nos Estados Unidos, o presidente Theodore Roosevelt asina unha lei que autoriza ao goberno federal a inspeccionar as industrias alimentarias e obriga aos fabricantes para especificar a lista de ingredientes.

1934 En Alemaña, Adolf Hitler ordena a «purga» dos principais dirixentes da Sturmabteilung, que terá lugar durante a noite deste día e a madrugada do 1 de xullo, no que se vén a chamar como a Noite dos coitelos longos.

1971 En Casaquistán (Unión Soviética), a 560 km ao nordés de Baikonur, ás 2.16 UTC (8.16 hora local) aterra con paracaídas a nave espacial Soyuz 11, con todo os tres cosmonautas (Vladislav Volkov, Gueorgui Dobrovolski e Viktor Patsayev) morreran asfixiados no espazo, media hora antes. Ata a actualidade é o único accidente mortal sucedido no espazo (e non na alta atmosfera).

2000 No Xapón, baixo o auspicio de Nintendo, abre as súas portas a empresa desenvolvedora de videoxogos Brownie Brown.

2002 En España, as institucións bancarias deixan de cambiar a peseta, sacada de curso legal o 28 de febreiro anterior. Desde entón, o cambio só é posible no Banco de España.

2005 En España, o Congreso dos Deputados aproba definitivamente a lei que autoriza o matrimonio civil entre persoas do mesmo sexo.

2008 Microsoft deixa de vender Windows XP.

FONTE: hoyenlahistoria.com    Imaxes: es.wikipedia.org e ena.our-dogs.info

Comprei un terreo na Lúa por 20 dólares

Hernán Casciari (Mercedes-Bos Aires-Arxentina, 16 de marzo de 1971) é un escritor, editor e creador de contidos arxentino. Fíxose inicialmente coñecido polo seu traballo de unión entre literatura e internet. Creou a Editorial Orsai, a produtora Orsai Audiovisuais e dirixe a revista Orsai, de crónica xornalística e literatura. Publicou máis dunha ducia de libros e caracterízase por ler as súas historias en voz alta na radio, televisión e teatros.

TAL DÍA COMO HOXE: 29 DE XUÑO...

1707 En España, Felipe V derroga, mediante os Decretos de Nova Planta, os Foros de Aragón e de Valencia, deixando de existir ambos os como reinos independentes de Castela.

1969 En Londres, a banda británica Pink Floyd publica Music from the Film More.

1974 En Bos Aires, a vicepresidenta María Estela Martínez de Perón é nomeada presidenta da Arxentina por mor dos problemas de saúde que sofre o seu esposo, Juan Domingo Perón, quen falecerá dous días despois.

2005 Gran Canaria é declarada pola Unesco como Reserva da biosfera.

2007 Ponse á venda o novo teléfono de Apple, o iPhone.

FONTE: hoyenlahistoria.com   Imaxes: es.wikipedia.org, hotcore.info e artpictures.club

Onde están os faros da costa galega? Consúltao neste mapa interactivo

Onde están os faros da costa galega? Consúltao neste mapa interactivo

A páxina web Faros de España permite consultar a ubicación destas estruturas costeiras en Galicia.

Galicia conta con 2.555 quilómetros de litoral, o máis longo de España. Cunha importante tradición mariñeira e unha costa conformada por rías e enseadas, é o enclave perfecto para os faros, co obxectivo de guiar ás embarcacións polo mar. A raíz da curiosidade por localizar estas estruturas costeiras, aparece a páxina web Faros de España, que permite coñecer onde se atopan 919 faros, 97 deles principais, na península, Canarias e Baleares.

Segundo esta ferramenta, creada por David Antizar, Galicia conta con 28 faros principais, entre os que destacan o faro de Cabo Estai, de Corrubedo, o situado en Cabo Prior e a Torre de Hércules, o máis antigo da comunidade e o único faro romano en funcionamento do mundo, construído no século I. Con todo, faltan outros relevantes, como Cabo Silleiro (Baiona).

Unha das curiosidades que permite consultar esta ferramenta é o sinal luminoso de cada faro rexistrado: como é o percorrido e que cor ten a súa luz, ademais de informar sobre outros datos técnicos. Por exemplo, o faro de Estaca de Bares leva a cabo un círculo completo que equivale a un minuto, e cada grao é un segundo. Tarda exactamente 7,5 segundos en repetir a secuencia de luces e escintileos, a luz branca pódese ver ata 25 millas náuticas e a altura da luz do faro é de 101 metros.

As luces dos faros teñen diferentes cores, a fin de transmitir unha sinal distinta para axudar a identificar a zona na que se atopa. A luz do faro da Illa de Sálvora é branca, a máis habitual, empregada sobre todo en costa ou canais importantes. O faro do Rebordiño (Muros) ten luz vermella, o que xeralmente indica un perigo; mentres, o faro de Punta Lameda, en Monteferro (Nigrán), ten unha luz verde que advirte da situación das rochas e da entrada á ría.

Tamén existen os faros con luz amarela, pero esta páxina web non rexistra ningún en Galicia. É a cor menos empregada, pero en ocasións serve para ver en áreas onde as condicións de visibilidade son máis complicadas.

Podes consultar o mapa interactivo na seguinte ligazón.

FONTE: gciencia.com

CANTO SABES DE CROACIA? VI

Continúo coa serie adicada a Croacia, onde o luminoso azul do mar Adriático, a abundante vexetación, un clima tépedo e os pobos e cidades medievais construídos en orixe polos romanos, fano un país único.

A contestación correcta á pregunta de onte é 3.800.000 habitantes. Exactamente 3.822.197 habitantes segundo a elaboración de Worldometer dos datos máis recentes das Nacións Unidas.

E imos coa pregunta de hoxe!

6. A organización territorial de Croacia é mediante Condados. Pero cantos hai?

- 10 condados e a cidade capital Zagreb

- 20 condados e a cidade capital Zagreb

- 25 condados e a cidade capital Zagreb

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org e worldometers.info/es   Imaxes: worldometers.info/es e es.wikipedia.org

TAL DÍA COMO HOXE: 28 DE XUÑO...

1243 En Roma, Sinibaldo Fieschi é nomeado papa e asume co nome de Inocencio IV.

1461 Eduardo IV de Inglaterra é coroado como rei de Inglaterra.

1519 Carlos V é elixido emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico

1762 Catalina II de Rusia, chamada Catalina a Grande é coroada como tsarina de todas as Rusias.

1919 En Francia asínase o Tratado de Versalles.

1978 EEUU lanza o satélite de observación mariña Seasat.

2011 Google lanza a súa rede social, Google+.

FONTE: hoyenlahistoria.com       Imaxes: es.wikipedia.org