Blogia

vgomez

ARTE RUPESTRE: FIGURAS ANTROPOMÓRFICAS CON ENORMES CABEZAS

 As figuras pintadas sobre rocha / Maciej Grzelczyk/Antiquity

En 2018, os arqueólogos fixeron un descubrimento asombroso na Reserva de Caza Swaga Swaga, no centro de Tanzania: 52 refuxios rochosos previamente indocumentados, pintados deliberadamente con arte rupestre. Posteriormente, identificaron e estudaron un friso de arte figurativo nesa zona, que inclúe tres misteriosas figuras antropomórficas con cabezas de enormes dimensións: aínda non puido comprenderse que representan.

Unha investigación iniciada en 2018 e continuada en 2021 permitiu descubrir un verdadeiro “museo” oculto de arte rupestre en Tanzania: entre os exemplos descubertos destaca especialmente un grupo de figuras que representan a criaturas con formas humanas, pero dotadas de enormes cabezas. Aínda que os investigadores non puideron determinar aínda con exactitude o motivo destas representacións, cren que se podería tratar de búfalos pintados cun estilo moi particular.

O sitio onde se identificaron as pinturas rupestres denomínase Amak’hee 4, dentro de Reserva de Caza Swaga Swaga. Nun estudo publicado na revista Antiquity, o investigador Maciej Grzelczyk, da Universidade Jagiellonian, en Polonia, describiu que as figuras están pintadas case na súa totalidade con pigmento vermello, fóra de cinco figuras en branco.

Segundo un artigo publicado en Science Alert, a meteorización deste pigmento e a ausencia de animais domésticos suxire que as pinturas se remontarían á época das sociedades de cazadores-recolectores da rexión, polo que terían como mínimo varios centos de anos. Con todo, o arqueólogo polaco recoñeceu que é difícil datar as creacións con precisión, en función das características nas que se concretou o descubrimento.

Swaga Swaga é unha área que pertence á Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO desde 2006, debido á presenza de numerosos abrigos rochosos que conteñen arte rupestre. O seu número exacto non está documentado, pero estímase que existen entre 300 e 400. Entre os novos achados en Amak’hee 4, resulta particularmente interesante unha escena que se centra ao redor de tres imaxes. Neste trío aparecen as figuras con enormes cabezas.

Grzelczyk e outros expertos cren que podería tratarse de cabezas de búfalo estilizadas: as formas lembran a depresión central no perfil da cabeza do búfalo, desde onde se elevan os dous cornos e logo dóbranse cara a fóra, afastándose da cabeza. Aínda que na relixión actual do pobo Sandawe, que habita a rexión e quen sería os descendentes dos creadores das pinturas, non se atopan elementos de antropomorfización dos búfalos ou crenzas na posibilidade de transformación das persoas nestes animais, si existen aspectos rituais que ofrecen un paralelo coas figuras de arte rupestre.

Por exemplo, os Sandawe aínda practican o chamado simbóritual, que se caracteriza por entrar en estados de transo. A transformación en león foi unha posible motivación dos participantes para alcanzar estes estados, segundo documentaron os científicos. Un aspecto deste ritual inclúe a percusión con cornos de búfalo por parte das mulleres, mentres que os participantes masculinos buscan pedras chamadas kisango durante o transo, cuxo achado é un sinal para completar o ritual.

Posteriormente, os kisango colócanse dentro dos cornos porque se consideran unha poderosa medicina contra a bruxería, en tanto que noutro ritual relacionado coa fertilidade as mulleres levantan a man de tal maneira que simbolizan cornos de animais de caza, en referencia tamén á forma da Lúa. Segundo os especialistas, todos estes elementos poderían indicar que os búfalos foron historicamente transcendentes para os pobos da rexión, motivando as figuras descubertas.

FONTE: Pablo Javier Piacente/farodevigo.es/tendencias21

DINOSAUROS ASIÁTICOS

Velociraptor foi a estrela agresiva e veloz da película “Jurassic Park”. O fósil, desenterrado en Mongolia, tiña plumas e era moito máis pequeno na vida real que os monstros da película. Describírona como unha cazadora desapiadada, e tamén como unha boa nai que coidaba dos seus ovos.

Desde China, Shantungosaurus Giganteus non se moveu tan rápido. Cunha altura estimada de 50 pés e 15 toneladas, é outro diplo con pico de pato que probablemente tardou unha hora en camiñar cinco millas e pasou a maior parte dos seus días comendo ensalada. Anunciado en Gujarat durante 2003, Rajasaurus é o "lagarto rei" da India, un gran terópodo carnívoro. Outros carnívoros indios incluíron Indosaurus, e os sitios de fósiles próximos produciron o Titanosaurus xigante con pico de pato.

A medida que avanzaba o Xurásico e Rajasaurus evolucionaba, a tectónica de placas estaba a afastar á India de Gondwanalandia cara a Asia. De modo que moitos fósiles anteriores atopados na India actual estaban estreitamente relacionados con especímenes de Arxentina, Sudáfrica e Madagascar. Non sorprende que Rajasaurus teña moito en común con Majungasaurus de Madagascar e o Carnotaurus arxentino, a pesar de que é unha especie exclusiva da India.

De todos eles imos falar a partir de hoxe!

1. Velociraptor

Velociraptor é un xénero de dinosauros terópodos dromeosáuridos que viviron durante o Campaniano, cara a finais do período Cretáceo, hai uns 70 a 65 millóns de anos. Aínda que hai só unha especie recoñecida, V. mongoliensis, outras foron nomeadas no pasado. Acháronse fósiles desta especie en Asia Central, en Mongolia e China.

Aínda que máis pequeno que outros dromeosáuridos tiña moitos trazos anatómicos similares a eles. Foi un carnívoro bípede, cunha cola longa e ríxida, e tres garras, unha alargada e curva en cada pata, a cal usaba para matar ás súas presas. A diferenza doutros posuía un cranio baixo e alargado, e un fociño chato, dirixido cara arriba. Posuía patas traseiras de gran lonxitude, o que expresa (do mesmo xeito que o nome) a súa aparente gran velocidade.

Para ser un dromeosáurido, Velociraptor era relativamente pequeno; os adultos alcanzaban unha lonxitude de 1,8  m, e aproximadamente 0,5  m de altura á cadeira, pesando preto de 15 kg.​ O cranio, duns 25 cm de longo, tiña unha forma única curvada cara arriba, cunha superficie superior cóncava e unha inferior convexa. As mandíbulas estaban aliñadas con 26 ou 28 dentes en cada lado; o bordo posterior de cada dente era marcadamente aserrado (posiblemente unha adaptación que mellorou a súa habilidade para capturar e reter presas veloces). Do mesmo xeito que sucede nas aves, a súa pube apuntaba cara atrás, e non cara adiante como na maioría de  terópodos.

Mañá outro dinosauro asiático!

FONTE: dinosaurpictures.org e es.wikipedia.org    Imaxes: Fred Wierum e Matt Martyniuk/es.wikipedia.org/wiki

#DígochoEu: Non digas 'tomar a *píldora'

 

A palabra píldora si que é correcta en galego pero moito ollo co seu significado!

#DígochoEu

O CEO DO MES: XULLO 2022

Esta lúa chea era coñecida polas primeiras tribos nativas americanas como Buck Moon ou lúa de cervo, porque os cervos machos comezaban a desenvolver as súas novas hastas nesta época do ano. Verémola un pouco máis grande e brillante do habitual / bioguia.com

7 de xullo: Cuarto Crecente

13 de xullo: Lúa Chea (Superlúa. Lúa do cervo)

20 de xullo: Cuarto Minguante

28 de xullo: Lúa Nova

Chuvia de meteoros: Delta Acuáridas: do 12 de xullo ao 23 de agosto, con máximo na noite do 29 ao 30. O seu radiante é a estrela delta, denominada como Skat, da constelación de Acuario. O corpo proxenito son os entullos deixados polos cometas Marsden e Kracht.

SABELO É EMPEZAR A EVITALO

 

Cada ano máis de 100 persoas falecen ao ser atropeladas na estrada, unha cifra descoñecida e á que apenas se presta atención a non ser que o falecido sexa unha persoa famosa ou coñecida. O actor Eduard Fernández e a cantante Amaia Romero protagonizan os anuncios de televisióna da nova campaña que a Dirección Xeral de Tráfico para a concienciación e evitar sinistros na estrada, a escasos días do comezo do mes de xullo e das vacacións estivais para miles de cidadáns.

Esto pódenos pasar a calquera. Precaución!

OS 10 ANIMAIS ENDÉMICOS DE ESPAÑA MÁIS AMEAZADOS (X-FIN)

Remato co útimo e décimo animal endémico de país (é dicir, que en todo o mundo só atópanse aquí), dos 10 que se atopan en maior risco, das máis de 600 especies animais ameazadas en España.

10. Aguia imperial ibérica (Aquila adalberti)

Calcúlase que o 80% dos pitos de aguia imperial ibérica morrían electrocutados nos anos 60 do século XX, pero hoxe as poboacións desta rapaz recupéranse e os últimos censos rexistran máis de 500 parellas en España, distribuídas polo sur e o centro da península.

A plumaxe dos exemplares adultos é dun pardo moi escuro en todo o corpo, excepto nos ombreiros e a parte alta das ás, onde é de cor parda salpicada de plumas brancas. A caluga é lixeiramente máis pálida que outras partes do corpo, e a cola máis escura, sen bandas claras ou liñas brancas como no aguia imperial oriental.

O tamaño medio dos adultos é de entre 78 e 83 cm de altura,​ e 2,8 kg, aínda que as femias, máis grandes que os machos, poden chegar ao 3,5 kg. A envergadura das ás varía entre os 1,8 e 2,1 m.

Viven uns vinte anos de media.

É unha ave territorial que adoita asentarse nun mesmo territorio durante anos. Estes territorios adoitangozar dun bo estado de conservación, sobre todo en canto a calidade das masas  forestais autóctonas e a súa extensión. A alimentación baséase case en exclusividade en perdices, coellos e lebres.

Fin!

FONTE: farodevigo.es/medio-ambiente  e es.wikipedia.org        Imaxe: pinterest

#DígochoEu: Non digas *engatusar

 

CALIDADE DO AIRE EN GALICIA: INSALUBRE, PESE Á PANDEMIA E PECHE DAS TÉRMICAS


Evolución da calidade do aire en Galicia segundo os contaminantes / Ecologistas en Acción

A pandemia paralizou o mundo. Os confinamentos intermitentes, as restricións e as corentenas derivaron nunha redución do tráfico rodado, pero tamén da actividade industrial. Unha situación que non foi exclusiva de 2020, senón tamén de 2021. Un ano no que a calidade do aire en Galicia volveu ser insalubre, pese a unha “significativa mellora” derivada das medidas contra a covid e o peche de moitas industrias. Esta é a principal conclusión do último informe de Ecologistas en Acción: “Toda a poboación galega seguiu respirando en 2021 un aire prexudicial segundo as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS)“.

Segundo o documento, a mala calidade do aire xa non é exclusiva das grandes urbes. “A contaminación esténdese polo resto do territorio galego afectando a zonas máis afastadas e rurais en forma de ozono troposférico”, apuntan. As áreas máis afectadas son o sur da comunidade e as contornas industriais, como a da refinería de Repsol na Coruña. Malia que algunhas centrais xa cesaron a súa actividade, como foi o caso de Meirama en 2020 e o peche parcial das Pontes en 2021, isto non foi suficiente. E é que este tipo de actividades seguen a ser un dos principais focos de contaminación, xunto co tráfico mariño e o tráfico rodado.

Un dos datos máis positivos do documento é a “drástica caída” do ozono en todo o territorio galego, que estivo libre de niveis de contaminación que danasen a vexetación. Esta forte diminución, segundo apuntan no informe, foi o resultado da redución dos niveis de óxido de nitróxeno (NOx), un dos seus principais precursores. A situación do ozono troposférico (un contaminante secundario cuxos episodios máis agudos se producen nas tardes de verán) non foi exclusiva de Galicia, senón comparable ao resto de España.

Por outro lado, Ecologistas en Acción sinala que debido ás características climáticas de Galicia (inestabilidade frecuente, altas precipitacións e baixa radiación solar) a formación do ozono é moderada, evitando que se formen concentracións tan elevadas como noutras partes do Estado. Polo tanto, en 2021 non se chegou nunha a niveis preocupantes que desencadeasen nunha aerta da poboación. E, de feito, en ningunha das 57 estacións analizadas se superou o máis laxo obxectivo legal.

No que respecta a outros contaminantes, a súa caída non foi tan drástica e, de feito superáronse os límites recomendados pola OMS. É o caso de dúas partículas en suspensión: PM10, de maior tamaño e que só chega ás vías respiratorias baixas; e PM2,5, máis pequenas pero con efectos máis severos sobre a saúde. A súa maior concentración estivo, sobre todo, nos núcleos urbanos, onde se sobrepasaron os valores medios diarios e anuais establecidos pola OMS, pero en menor medida que en anos previos.

Máis en detalle, a concentración media de PM10 só descendeu un 6% en Galicia en relación ao período 2012-2019. Un dato que revela a gran dificultade que segue a haber a día de hoxe á hora de rebaixar as emisións de material poeirento nas contonas industriais. A parte positiva está no descenso de PM2,5, que acadou unha redución do 25% respecto ao mesmo período. Segundo Ecologistas en Acción, esta caída púidose deber á diminución na actividade industrial e portuaria debido á pandemia, chegando en 2021 ao seu nivel máis baixo na última década.

Outro dos contaminantes que se mediron no informe foi o dióxido de nitróxeno (NO2), cuxos niveis tamén superaron os límites establecidos pola OMS. Aínda así rexistrouse unha notable rebaixa das súas concentracións, derivadas fundamentalmente das emisións dos coches e outros vehículos. En todo caso, os peores rexistros deste contaminante producíronse en Coruña e Vigo, as cidades galegas que máis tráfico rodado soportan. As dúas excederon o límite da OMS, especialmente nas estacións da Grela (A Coruña) e en Coia (Vigo). Máis polo miúdo, superáronse 170 días e 115 días respectivamente.

O exceso deste contaminante pode explicarse atendendo á situación epidemiolóxica de 2021, mellor que a de 2020: vacinación masiva e progresiva eliminación das restricións. De feito, houbo un repunte de tráfico motorizado respecto ao ano anterior. Amais disto, Ecologistas en Acción advirte que as emisións dos coches son, precisamente, o principal problema de contaminación do aire ao que se enfrontan as cidades. En menor proporción, as calefaccións e o tráfico marítimo e aéreo. No que respecta á industria, a contaminación derivada deste tipo de actividade tan só afecta a determinas zonas, con enerxéticas, refinerías ou cementeiras asentadas.

Outro dos contaminantes incluídos no informe é o dióxido de xofre (SO2), cuxos niveis se foron reducindo progresivamente nas últimas décadas pola substitución de combustibles menos contaminantes nas calefaccións. Polo tanto, as principais concentracións adoitan estar preto de refinerías de petróleo ou de centrais térmicas de carbón. No informe de Ecologistas en Acción engaden que os niveis caeron “notablemente” debido ao peche das Pontes e Meirama.

Con todo, hai outras estacións que rexistraron unha superación do límite recomendado pola OMS. É o que aconteceu coas estacións industriais da Pastoriza (Arteixo), Oural Sur (Sarria) e Xove (Lugo). A primeira delas recibiu as emisións de Votorantim Cementos Oural e a segunda de Alcoa San Cibrao. Mais os peores niveis de SO2 rexistráronse na estación situada ao sur da cementeira, en Oural, con 35 superacións do estándar establecido pola OMS.

Unha das peticións que lanzan Ecologistas en Acción no seu informe vai dirixida directamente á Xunta. O colectivo asegura que o goberno autonómico debería “seguir mellorando a medición e a información sobre a calidade do aire” en Galicia. Segundo explican no informe, hai certa dificultade á hora de acceder aos datos. Por exemplo, non se ofrece información das cinco estacións das redes portuarias nin das cinco das redes municipais. Amais disto, aseguran que só se permite a descarga de datos diarios e horarios históricos para seguir a evolución da contaminación en períodos máximos dun mes e de estación en estación.

Polo tanto, a situación mellora, pero non o suficiente. Sobre todo, porque os niveis de contaminación reducíronse debido ás restricións da pandemia, que xa non están vixentes. Haberá que esperar os datos deste ano e volver recompilar información das 57 estacións que se revisaron para 2021 e constatar se o lixeiro descenso das emisións foi puntual ou esperanzador. Do que non cabe dúbida é da necesidade de reducir a contaminación. Segundo os datos da Axencia Europea do Medio Ambiente (AENA) e da OMS, en 2019 producíronse 400.000 mortes prematuras nos países europeos derivadas da mala caldiade do aire. En España, unhas 30.000. Malia que non hai datos concretos de Galicia, calquera cifra é unha indubidable chamada á acción.

FONTE: gciencia.com/medioambiental