Blogia

vgomez

BOLBORETAS XI

Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

10. Á de mármore cremoso

Euchloe ausonides vive na zona oeste de América do Norte. A súa poboación atópase moi ameazada, e vén sufrindo un descenso continuo desde a década dos 80.

Pon os ovos nos botóns florais terminais dunha variedade de plantas da familia da mostaza, incluídas as especies euroasiáticas introducidas, e as larvas aliméntanse dos botóns, flores e froitos destas plantas.

É unha bolboreta de tamaño mediano. Ten escamas brancas que están dispersas nas ás anteriores e un patrón negro na punta das ás anteriores. Hai un xaspeado verde compacto na parte inferior da á traseira. A envergadura desta bolboreta pode ir de 3,8 a 5,1 cm. As femias de E. ausonides poden moverse a maiores distancias e velocidades que os machos.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza  e  en.wikipedias.org        Imaxe: Ken-ichi Ueda, wikimedia

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS GALEGAS 2022 (V)

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS GALEGAS 2022 (V)

Figuras homenaxeadas Letras Galegas ao longo da historia:

Lois PEREIRO (2011)

Valentín Paz ANDRADE (2012)

Roberto Vidal BOLAÑO (2013)

Xosé María Díaz CASTRO (2014)

Xosé FILGUEIRA Valverde (2015)

Manuel María Fernández TEIXEIRO (2016)

Carlos CASARES (2017)

María Victoria MORENO (2018)

Antonio FRAGUAS (2019)

Ricardo Carballo/Carvalho CALERO (2020)

XELA Arias (2021)

Florentino Delgado GURRIARÁN (2022)

SOPA DE LETRAS GALEGAS 2022 (V)

SOPA DE LETRAS GALEGAS 2022 (V)

PEREIRO         ANDRADE           BOLAÑO

CASTRO           FILGUEIRA        TEIXEIRO

CASARES         MORENO            FRAGUAS

CALERO           XELA                  GURRIARÁN

HOXE POLA NOITE ECLIPSE TOTAL DE LÚA

HOXE POLA NOITE ECLIPSE TOTAL DE LÚA

A Lúa adquire unha cor vermella e alaranxada durante unha eclipse lunar /NASA

Durante esta noite, será posible observar unha eclipse total de Lúa desde Europa, África e América. O fenómeno poderase ver a primeira vista, aínda que mellor cuns prismáticos ou un telescopio, e non entraña ningún perigo nin require ningún tipo de instrumentación especial. Iso si, nesta ocasión haberá que madrugar en países coma o noso.

Segundo datos do Observatorio Astronómico Nacional (OAN-IGN), a totalidade comezará ás 05:29 h (hora peninsular española) e terminará ás 06:54 h, polo que durará aproximadamente unha hora e 25 minutos. De forma parcial poderase ver antes e despois, desde as 04:28 h na que dará comezo o evento astronómico, ata as 07:55 h que finaliza. No caso concreto da nosa provincia (Pontevedra) istes son os horarios:

Durante a eclipse total, a Lúa non estará completamente escura, senón que tomará un ton avermellado. Iso débese a que parte da luz solar é desviada pola atmosfera terrestre. Como se tingue de vermello, ás veces denomínase popularmente como lúa de sangue, como vedes na imaxe superior.

Nunha eclipse de Lúa, a Terra impide que a luz do Sol chegue ata a Lúa, xerando un cono de sombra que escurece a Lúa, que adquire a cor avermellada característica.

Debido ao tamaño angular do Sol, a sombra que proxecta a Terra consta de dúas zonas: a umbra e a penumbra. Na umbra non existe radiación solar directa, mentres que na penumbra a radiación solar é bloqueada só parcialmente.

Por iso as eclipses clasifícanse en totais, parciais e penumbrais. Un observador dirá que viu unha eclipse total cando a Lúa se situou completamente na zona limiar. Cando só unha parte dela se sitúe na umbra, a eclipse será parcial. Se se sitúa na penumbra, a eclipse será penumbral, e só se producirá un sutil escurecemento na superficie lunar.

Esperemos que o estado do ceo acompañe!

FONTE: gciencia.com/ceos e astronomia.ign.es

BOLBORETAS X

Continúo coa galería das bolboretas máis fascinantes e bonitas do mundo. As bolboreta, eses insectos lepidópteros fáciles de observar no campo.

9. A quimera con ás de paxaro

 

Esta bolboreta (Ornithoptera chimaera) vive nas montañas de Nova Guinea. O seu nome científico, que viría significar algo así como “quimera con ás de paxaro” fai referencia á aparencia dos machos desta espectacular especie de bolboreta.

É sexualmente dimórfica. A envergadura é de 80 a 180 mm nas femias e de 70 a 150 mm nos machos.

Macho e femia

No macho as ás anteriores son de cor de fondo negro. Hai dúas áreas verdes. A parte inferior das ás anteriores é verde. A marxe da á é negra. As veas son negras. Hai unha cadea de pequenos puntos negros. A outra parte da á é verde e contén algunhas manchas douradas grandes e dúas ou máis manchas negras. A parte inferior da á traseira é verde. Hai grandes manchas douradas e tres manchas negras. O bordo interior é moi peludo. O abdome é de cor amarela brillante. A cabeza e o tórax son negros. A parte inferior do tórax ten dous guechos vermellos.

A femia é máis grande que o macho. A cor xeral da femia é marrón escuro. Hai unha cadea de manchas brancas nas ás anteriores, unha cadea discal e manchas subcostais brancas. Na parte discal das ás traseiras hai unha gran zona branca. O bordo exterior desta área branca é amarelo. Entre a parte branca e a parte amarela hai unha cadea de puntos negros.

FONTE: muyinteresante.es/naturaleza  e  en.wikipedias.org        Imaxe: Anaxibia, wikimedia

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS GALEGAS 2022 (IV)

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS GALEGAS 2022 (IV)

Figuras homenaxeadas Letras Galegas ao longo da historia:

Roberto Blanco TORRES (1999)

Manuel MURGUÍA (2000)

ELADIO Rodríguez González (2001)

Frei Martín SARMIENTO (2002)

Avilés de TARAMANCOS (2003)

Xaquín lorenzo, XOCAS (2004)

Manuel Lorenzo VARELA (2005)

Manuel LUGRÍS Freire (2006)

María MARIÑO (2007)

Xosé María Álvarez BLÁZQUEZ (2008)

Ramón PIÑEIRO (2009)

Uxio NOVONEYRA (2010)



SOPA DE LETRAS GALEGAS 2022 (IV)

SOPA DE LETRAS GALEGAS 2022 (IV)

TORRES          MURGUÍA            ELADIO

SARMIENTO   TARAMANCOS   XOCAS

VARELA           LUGRÍS                MARIÑO

BLÁZQUEZ      PIÑEIRO             NOVONEYRA

#DígochoEu: Perdida no camposanto (Concurso)

 

Esther perdeuse de camiño a Rianxo, e, aínda por riba, de noite! Pero coa axuda do alumnado do IES Félix Muriel coñeceu vocabulario sobre os camposantos, outra cousa é que conseguise escapar de alí!

#DígochoEu