Blogia

vgomez

TAL DÍA COMO HOXE: 23 DE FEBREIRO...

1455 Johannes Gutenberg imprime a primeira Biblia nunha imprenta.

1732 En Londres estréase a obra Orlando de Georg Friedrich Händel.

1765 En Inglaterra, o químico e físico Henry Cavendish descobre o hidróxeno, ao que denomina «aire inflamable» e con iso, determina a composición da atmosfera.

1836 En San Antonio (Texas) comeza a Batalla do Álamo.

1886 Charles Martin Hall descobre o sistema para obter aluminio, un metal que ata entón considerábase semiprecioso, dado que se descoñecía a forma de illalo dos seus compoñentes.

1893 Rudolf Diesel recibe a patente do motor diésel.

1981 en España, o tenente coronel Antonio Tejero realiza un intento errado de golpe de estado (coñecido como 23-F).

2009 Penélope Cruz convértese na primeira actriz española en conseguir un premio Óscar

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: rtve.es

ESTES SON OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN 2026 (XXIV)

No planeta existen máis de 7,7 millóns de especies de animais e máis do 20% está en perigo de extinción. Algúns dos animais máis estraños do noso planeta camiñan na corda frouxa da extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando en fotografías algúns deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes.

Seguimos coa lista. Onte falamos dGavial indio. Hoxe tócalle o turno ao...

24. Voitres
 

Estado: en perigo crítico.

Na maior parte do mundo, a morte dun animal grande vese rapidamente marcada por un círculo de voitres. Estes animais alértanse uns a outros sobre a localización dun novo cadáver e logo reúnense en grupos de centos antes de descender para alimentarse. Son iconas da morte na cultura popular, pero en realidade son grandes símbolos da vida. Non só evitan a propagación de enfermidades en innumerables comunidades e ecosistemas, senón que tamén protexen aos mamíferos en perigo ao alertar aos gardas sobre a localización da actuación dos cazadores furtivos.

Desafortunadamente, os cazadores furtivos están a tomar represalias e asperxendo ás súas presas con cianuro, polo que un elefante morto pode acabar ademais coa vida de centos de voitres adultos. De todas as especies de voitres do mundo, case a metade están agora en perigo crítico de extinción.

Continuará…

FONTE: Héctor Rodríguez/nationalgeographic.com.es

ESTES SON OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN 2026 (XXIII)

No planeta existen máis de 7,7 millóns de especies de animais e máis do 20% está en perigo de extinción. Algúns dos animais máis estraños do noso planeta camiñan na corda frouxa da extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando en fotografías algúns deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes.

Seguimos coa lista. Onte falamos das Grúas de coroa vermella. Hoxe tócalle o turno ao...

23. Gavial indio


 

Estado: en perigo crítico. 

Este é Makara. Nacido en Florida en xuño de 2016, foi o primeiro gavial indio en ser criado en cativerio fóra do seu hábitat nativo. Aos seis meses, o gavial alcanza aproximadamente o longo do teu brazo, con todo un exemplar adulto pode crecer ata 6 metros. En tempos pasados, este gran cocodrílido co seu característico fuciño delgado podíase atopar desde o río Indo en Paquistán ao leste, ata o Irrawaddy en Myanmar, e en todos os grandes ríos da India.

Cazada durante moito tempo pola súa pel, carne, ovos e partes do corpo (para medicinas tradicionais), e perseguida a especie enfrontouse recentemente a unha serie de novas ameazas, incluídos grandes proxectos de rega e enxeñería, ademais da a súa persecución por invadir territorios habitados por persoas ou usado para a cría de gando.

Na década de 1940 existían quizá, preto de 10.000 gaviais, pero hoxe, a pesar dos valentes esforzos de conservación desde mediados da década de 1970, as poboación total da especie tan só suma un par de centos de exemplares, a maioría deles localizados nun dos dous grandes santuarios do norte da India.

Continuará…

FONTE: Héctor Rodríguez/nationalgeographic.com.es

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CXCIII

VERTICAIS: 2. DEVANCEIRO 3. TÚZARO 4. DIÁSTOLE 6. LÁTEX 8. CESIO.

HORIZONTAIS: 1. UNED 5. ARROAZ 7. ACCRA 8. CAMELIA 10. FURABOLOS.

Máis cultura xeral!

TAL DÍA COMO HOXE: 22 DE FEBREIRO...

1530 En Roma, o papa Clemente VII coroa a Carlos I (rei de España) como emperador do Sacro Imperio Romano Germánico.

1632 Galileo Galilei publica o seu Diálogo sobre os dous principais sistemas do mundo.

1819 Mediante o tratado de Adams-Onís, España véndelle a Estados Unidos o estado de Florida por cinco millóns de dólares estadounidenses.

1995 En España, o Senado aproba os Estatutos de Autonomía de Ceuta e Melilla, co que queda pechado o mapa autonómico español.

2002 As autoridades británicas autorizan o nacemento dun bebé probeta, xeneticamente seleccionado, para tentar salvar a vida do seu irmán enfermo.

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: es.wikipedia.org

ENCRUCILLADO CXCIII

VERTICAIS: 2. Persoa da mesma familia, que viviu nun tempo anterior con respecto a outra persoa 3. Persoa bruta e pouco razoable 4. Movemento de dilatación do corazón en que os ventrículos volven á posición de repouso despois do movemento de contracción. 6. Líquido viscoso e denso, xeralmente branco, que se extrae de certas plantas e que constitúe a materia prima para a fabricación de diversos produtos industriais 8. Elemento químico metálico do grupo dos alcalinos, de cor branca prateada, semellante ao potasio e cuso símbolo é Cs.

HORIZONTAIS: 1. Acrónimo da Universidade Nacional de Educación a Distancia 5. Mamífero da familia dos delfínidos, de tres a catro metros de lonxitude e de cor gris escura nas partes superiores e gris clara tirando a branca nas inferiores e de nome científico Tursiops truncatus 7. Capital da República Ganha 8. Arbusto da familia das cameliáceas orixinario da China e do Xapón, de tronco moi ramificado, follas perennes coriáceas e ovais, moi brillantes pola face, de flores de cor branca, encarnada ou rosada e de nome científico Camellia japonica  10. Popularmente segundo dedo da man, entre o polgar e o maior.

ESTES SON OS ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN EN 2026 (XXII)

No planeta existen máis de 7,7 millóns de especies de animais e máis do 20% está en perigo de extinción. Algúns dos animais máis estraños do noso planeta camiñan na corda frouxa da extinción. O fotógrafo Tim Flach pasou máis de dous anos inmortalizando en fotografías algúns deles, os máis emblemáticos, curiosos e rechamantes.

Seguimos coa lista. Onte falamos do Antílope Saiga. Hoxe tócalle o turno ao...

22. Grúas de coroa vermella

Estado: vulnerable.

As grúas de coroa vermella ou grúas de Manchuria do nordés de Asia son moi coñecidas polas súas gráciles danzas de cortexo: arquexan o pescozo e logo saltan ao aire, volvendo pousarse no chan cun golpe de ás para caer no bico dos pés ao redor do seu compañeiro.

Cazados pola súa espléndida plumaxe, a poboación residente da illa xaponesa de Hokkaido caeu tan só a trinta individuos durante a década de 1920, pero os agricultores locais interviñeron para salvalos, e aínda os alimentan todas as mañás ata o día de hoxe. Pasando por un pescozo de botella na poboación, estas grúas en perigo viron moi notablemente reducida a súa diversidade xenética, o que lles fixo na actualidade tremendamente vulnerables aos brotes de moitas enfermidades. Mentres tanto, a perda e conversión do seu hábitat de humidal en zonas de cultivo segue sendo unha ameaza universal.

No continente, as grúas de Manchuria aínda están en declive. O 92% do seu hábitat en China perdeuse nos últimos 30 anos, e o que pouco que queda está rodeado de cidades, granxas e campos petroleiros. As súas mellores posibilidades de supervivencia poden estar en Xapón, onde a comunidade nacional valóraas máis.

Continuará…

FONTE: Héctor Rodríguez/nationalgeographic.com.es

TAL DÍA COMO HOXE: 21 DE FEBREIRO...

1613 En Rusia, Miguel I é elixido tsar polo parlamento, co cal se inicia a dinastía dos Románov.

1907 En Berlín estréase a ópera Romeo e Xulieta, de Frederick Delius.

1848 Piblícase o Manifesto do Partido Comunista de Karl Marx e Friedrich Engels.

1965 En Nova York é asasinado o activista afroamericano estadounidense Malcolm X.

2004 Créase o primeiro partido político exclusivo europeo: os verdes de Europa.

FONTE: hoyenlahistoria.com      Imaxes: youtube.com e es.wikipedia.org