Blogia

vgomez

CANTO SABES DE CABO VERDE? XV

Continúo coa serie adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo

A contestación correcta á pregunta de onte é 1975. Cabo Verde independizouse de Portugal o 5 de xullo de 1975, tras unha longa loita liderada polo PAIGC (Partido Africano para a Independencia de Guinea e Cabo Verde), que buscaba a liberación das súas colonias africanas. A independencia foi un resultado da Revolución dos Caraveis en Portugal e estableceu a Aristides Pereira como o primeiro presidente da nova República de Cabo Verde, un país democrático e unitario que segue sendo unha democracia estable e próspera. O Contexto e Proceso de Independencia era o seguinte: Movemento Independentista: O PAIGC, fundado por Amílcar Cabral, loitou pola independencia de Guinea-Bisáu e Cabo Verde, que estaban baixo dominio portugués desde o século XV. Revolución dos Caraveis (1974): A caída da ditadura en Portugal acelerou o proceso de descolonización, abrindo o camiño para a independencia dos seus territorios de ultramar. Acordo de Transición: Un acordo con Portugal en 1974 estableceu un goberno de transición para preparar a independencia. Proclamación: O 5 de xullo de 1975, a Asemblea Nacional popular de Cabo Verde proclamou a independencia, marcando o fin de máis de cinco séculos de dominio colonial.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

 

15. Curiosamente, Cabo verde coincide con España no grupo H do Mundial de Fútbol 2026, e celebrará o primeiro partido en Atlanta o 15 de xuño do próximo ano. Pero cal destes xogadores xoga nalgún equipo español?

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes:ves.images.search.yahoo.com e es.wikipedia.org

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO CLXXXIX

VERTICAIS: 1. MARQUESIÑA 3. ALDRAXAR 4. ALENTEXO 6. NIOBIO 9. POINSETIA.

HORIZONTAIS: 2. CAMBERRA 5. ANDROLLA 7. TITICACA 8. ELBRÚS 10. COSPEITO.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO CLXXXIX

VERTICAIS: 1. Cuberta, polo xeral de vidro con soporte metálico, colocada nas terrazas dos cafés, entradas de edificios públicos, paradas de autobús e estacións de ferrocarril, destinada a protexer do sol e das inclemencias do tempo 3. Maltratar moralmente, de palabra ou de obra 4. Rexión xeográfica, histórica e cultural do centro-sur e sur de Portugal 6. Elemento químico metálico de transición, brando e dúctil, de cor gris azulada, que na natureza sempre aparece asociado ao tántalo e de símbolo Nb 9. Flor do nadal (Euphorbia pulcherrima).

HORIZONTAIS: 2. Capital de Australia 5. Embutido feito co intestino groso do porco a base de ósos, costela e carne picada e adubada con pemento, allo e loureiro 7. Maior lago de América do Sur, ituandose a 3.821 m por enriba do nivel do mar, sendo o lago máis alto comercialmente navegábel do mundo 8. Pico máis elevado de Rusia e Europa, cunha altitude de 5.642 m sobre o nivel do mar 10. Concello da provincia de Lugo, pertencente á Terra Chá, cuxa capital é A Feira do Monte.

COMEZA O INVERNO 2025-2026

Hoxe, 21 de decembro, ás 16 horas 3 minutos hora oficial peninsular segundo cálculos do Observatorio Astronómico Nacional (Instituto Xeográfico Nacional - Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana) comezará o inverno. Esta estación durará aproximadamente 88 días e 23 horas, e terminará o 20 de marzo de 2026 co comezo da primavera.

Hoxe, a esa hora, é xusto cando o Sol marcará o seu punto máis baixo da súa propia traxectoria no ceo. Tamén teremos a noite máis longa do ano (solsticio de inverno) e día máis curto.

Veremos que tempo nos deparará, aínda que sempre frío!

A ORIXE DAS PALABRAS: Colocarlle, poñerlle ou colgarlle o sambenito a alguén

Obra de Goya onde representa a Inquisición / Goya/La Razón

Dentro das frases feitas ou modismos que caracterizan á nosa lingua, figura unha bastante coñecida, e que alberga tras de si unha escura historia: é a de "colocarlle, poñerlle ou colgarlle o sambenito a alguén". Esta expresión escóitase ou le en infinidade de ocasións, mesmo xa aparecía nas páxinas de Don Quixote da Mancha. Aínda que poida inducir a erro, esta frase non ten que ver con ningún santo chamado Benito (Bieito), aínda que si teña unha orixe relacionada coa relixión. A Real Academia Española (RAE) define "sambenito" como "capotillo ou escapulario que se poñía aos penitentes reconciliados polo tribunal eclesiástico da Inquisición", así como "letreiro que se poñía nas igrexas co nome e castigo dos penitenciados, e os sinais do seu castigo". Esta última definición vai dando pistas do significado deste modismo, e fainos saír de dúbidas as dúas últimas acepcións que se inclúen no dicionario para este concepto: "Descrédito que queda dunha acción", e "Difamación".

Durante os tempos da Inquisición, a aqueles penitentes que choraban polas súas culpas e que querían mostrar arrepentimento polos seus actos, tamén chamados sambenitados, ofrecíaselles unha vela e vestíaselles cunha especie de saco de la, que previamente era bendicido polo sacerdote, cura ou párroco pertinente. A esta peza chamábaselle "saco bendito", o que máis tarde derivou en "sambenito". No "Manual de Inquisidores", escrito por Nicolás Aymerich en 1378, a esta vestimenta descríbeselle como unha túnica formada por dous faldóns de tea, un por diante e outro por detrás en forma de escapulario, sobre a que ían cosidas dúas grandes cruces vermellas. A modo dun poncho, o sambenito que utilizaba a Inquisición española variaba segundo o delito e a sentenza de quen o vestía, pois os condenados á morte podían levalo con chamas e, ás veces, demos ou serpes, así como os reconciliados vestíano amarelo, con dúas cruces vermellas de san Andrés,

Os sambenitos, ademais de ser vestidos polos sambenitados, tamén se colgaban nas igrexas, a modo de recordatorio para os fieis das consecuencias da infamia e a herexía. Desta maneira, cando estas túnicas víanse deterioradas nos templos polo paso do tempo, eran substituídas por unhas mantetas cos nomes dos herexes gravados nelas. Uns lenzos de tea que traen consigo outro modismo, bastante relacionado co que estamos a comentar: "Tirar da manta" utilízase como ameaza de revelar algún asunto secreto, e que pode chegar a comprometer a terceiros. E non é a única frase relacionada coa de "colocar o sambenito", senón tamén a de "parvo de capirote", pois este cono que se poñen aínda hoxe os nazarenos na cabeza durante a Semana Santa tamén se lles poñía aos culpables. Neste caso, os capirotes non cubrían a cara, de maneira que o pobo puidese recoñecer a quen o vestía.

Unha vez entendido a orixe, a expresión non se utiliza hoxe como forma de castigo, senón que cando alguén colga a outra persoa un sambenito significa que ese alguén carga cunha culpa que non lle corresponde, que perdeu a reputación ou que foi desprezado por algunha deshonra. A RAE, no seu Dicionario panhispánico de dúbidas, menciona como exemplo unha frase de Rafael Mendizábal, na que escribe: "Eu era un deses estudantes aos que os profesores colgaban o sambenito de revoltoso". E matiza que "sambenito" se escribe "nunha soa palabra e con minúscula inicial. Non é correcta a grafía ’sanbenito’".

FONTE: Sofía Campos/larazon.es

CANTO SABES DE CABO VERDE? XIV

Continúo coa serie adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo

A contestación correcta á pregunta de onte é Escudo. Escudo caboverdiano (CVE) é a moeda oficial de Cabo verde. Desde a substitución do escudo portugués polo euro, o escudo caboverdiano ten unha tasa de cambio fixa de 1 euro = 110,265 escudos caboverdianos.

E imos coa pregunta de hoxe:

 

14. En que ano se independizou cabo verde de Portugal?

- 1951

- 1974

- 1975

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes:ebay.es e viajaracaboverde.com

CANTO SABES DE CABO VERDE? XIII

Continúo coa serie adicada a Cabo Verde é un país situado nun arquipélago volcánico fronte á costa noroeste de África. Famoso pola súa cultura criolla portuguesa-africana, a música morna tradicional e as súas numerosas praias fan deste país un lugar fermosísimo

A contestación correcta á pregunta de onte é 22. A saber… 

1 Tarrafal       2 São Miguel 

3 São Salvador do Mundo    4 Santa Cruz 

8 São Domingos    6 Praia    7 Ribeira Grande de Santiago

8 São Lourenço dos Órgãos    9 Santa Catarina

10 Brava    11 São Filipe    12 Santa Catarina do Fogo

13 Mosteiros    14 Maio   15 Boa Vista

16 Sal    17 Ribeira Brava    18 Tarrafal de São Nicolau

19 São Vicente    20 Porto Novo

21 Ribeira Grande    22 Paul

E imos coa pregunta de hoxe:

13. Cal é a moeda oficial de Cabo Verde?

- Euro

- Escudo

- Franco

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org     Imaxes: es.wikipedia.org e deperu.com

#DígochoEu: Non digas *villancico

As cancións típicas do Nadal non son *villancicos. Explicámosche a forma correcta neste capítulo.

 #DígochoEu!