Blogia

vgomez

DESCOBREN UNHA XIGANTESCA RESERVA DE AUGA OCULTA EN MARTE

Vales Marineris, visto nun ángulo de 45 graos con respecto á superficie. A imaxe cobre unha área de 630.000 km2 cunha resolución de 100 m por píxel / ESA/DLR/FU Berlin (G. Neukum)

Ninguén o dixo, pero xusto baixo o chan dos famoso Vales Marineris de Marte, que cos seus 4.500 km de lonxitude, 200 km de anchura e ata 11 km de profundidade é o canón máis grande do Sistema Solar, ocúltase unha xigantesca cantidade de auga, probablemente en forma de xeo. De feito, segundo un estudo levado a cabo por investigadores das axencias espaciais europea (ESA) e rusa (Roscosmos), ata o 40% do material máis próximo á superficie dunha vasta rexión de 41.000 km2 no centro do canón podería ser xeo de auga. A investigación, levada a cabo co orbitador ExoMars, publicarase en Icarus o próximo mes de marzo, pero pode xa consultarse en Science Direct.

En concreto, os instrumentos da ExoMars acharon niveis inusualmente altos de hidróxeno en Candor Chaos, unha rexión do tamaño de Holanda que se atopa no corazón de Vales Marineris. E dado que aquí, no noso planeta, a vida está intimamente asociada á auga, o achado reforza a idea de que o mesmo podería suceder no planeta vermello. Ou aínda mellor, que aínda podería haber criaturas viventes alí.

Descubrimos que a parte central de Vales Marineris estaba chea de auga (explica Alexey Malakhov, do Instituto de Investigación Espacial da Academia de Ciencias de Rusia e coautor do estudo), moita máis auga da que esperabamos. Isto parécese moito ás rexións de permafrost da Terra, onde o xeo de auga persiste permanentemente baixo o chan seco debido ás baixas temperaturas constantes.

Segundo o científico, se o hidróxeno detectado está realmente unido a osíxeno para formar moléculas de auga, ata o 40% do material próximo á superficie nesta rexión parece ser auga.

O orbitador ExoMars, que vira ao redor de Marte desde 2018, conta con instrumentos (como o Fine-Resolution Epithermal Neutron Detector (FREND), parte do Trace Gas Orbiter (TGO), que permiten buscar auga ao detectar neutróns emitidos en ou xusto debaixo da superficie marciana. A medida que os neutróns fórmanse cando as partículas enerxéticas dos raios cósmicos golpean o chan marciano, as superficies máis secas emiten máis neutróns que as máis húmidas, o que permite ao equipo calcular a cantidade de auga nun lugar concreto observando a cantidade de neutróns que produce. Este método permite que o TGO detecte, desde a órbita de Marte, auga ata un metro de profundidade por baixo da superficie, o cal incrementou enormemente a capacidade dos investigadores para detectar bolsas de auga ocultas.

Con TGO, explica Mitrifanov, podemos mirar ata un metro baixo a capa de po e ver o que realmente está a suceder no subsolo de Marte e, o que é máis importante, situar oasis ricos en auga que non se puideron detectar con instrumentos anteriores.

A zona, facilmente alcanzable, converteuse nun firme candidato para futuras misións de exploración, durante as que os astronautas poderán saber exactamente que tipo de xeo está presente e, por suposto, si alí houbo ou aínda hai vida.

FONTE: José M. Nieves/abc.es/cencia

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XXII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Xeroglífica, hierática e demótica. A escritura xeroglífica constituíu, probablemente, o sistema organizado de escritura máis antigo do mundo, e era utilizada principalmente para inscricións oficiais nas paredes de templos e tumbas. Co tempo evolucionou cara a formas máis simples, como a hierática, unha variante máis cursiva que se podía pintar en papiros ou placas de barro, e aínda máis non tarde e debido á crecente influencia grega no Próximo Oriente, a escritura evolucionou cara á demótica, fase na que os xeroglíficos primixenios figuran bastante estilizados, producíndose a inclusión dalgúns signos gregos na escritura.

E imos coa pregunta de hoxe e última da serie!

22. Que aportou o descubrimento da Pedra Rosetta en 1799 sobre a cultura do Antigo Exipto?

- A construcción das pirámides e ó acceso aos segredos as memas

- As diferentes dinastías exipcias

- Descifrar o significado e interpretación dos xeroglíficos exipcios

Mañá a solución e remate da serie!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, muyhistoria.es e es.wikipedia.org    Imaxe: misteriosdelmundo.net

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'enchufe'? 'La gota que colmó el vaso'?

 

Seguimos resolvendo dúbidas no TikTok do #DígochoEu! ’Enchufe’ e ’enchufar’ son palabras correctas? Como se di en galego ’la gota que colmó el vaso’?

BIODIÉSEL

 

Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika, programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.

Neste caso Biodiésel polo biólogo Ricardo Moure.

Obter enerxía a partir do aceite utilizado ao cociñar é posible. Ricardo fabrica biodiésel, un combustible fabricado a partir de aceites vexetais ou graxas animais. Este combustible pódese obter de cultivos creados especificamente para iso, pero tamén de residuos, sometendo ás moléculas de triglicéridos a unha reacción de “transesterificación”. Na súa reportaxe semanal, Moure viaxa a coñecer como funciona unha central nuclear.

Moi interesante!

#DígochoEu: Non digas *despiste

 

No dicionario da Academia vén despistar e despistarse, pero *despiste non aparece!

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO? XXI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!

A contestación correcta á pregunta de onte é Zoser. Esta pirámide é a tumba do faraón Zoser de Exipto (III Dinastía, século XXVII a.C.). Coñécese tamén como pirámide de chanzos e foi edificada por Imhotep, o primeiro arquitecto de nome coñecido. É a construción máis notable da necrópole de Saqqara e foi o prototipo das pirámides de Gizeh e das restantes pirámides exipcias.

Ata a construción da pirámide de Zoser, as tumbas reais consistían en cámaras subterráneas cubertas por unha estrutura de barro en forma de pirámide truncada, chamadas mastabas. A pirámide de Zoser está feita en pedra e consiste en seis mastabas enormes, unha sobre a outra. Ademais, a pirámide encádrase nun recinto que constitúe un complexo funerario.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

21. Os xeroglíficos foron un sistema de escritura inventado polos antigos exipcios. Foi utilizado desde a época pre-dinástica ata o século IV. Os antigos exipcios usaron tres tipos básicos de escritura…

- Cuneiforme, xeroglífica e hierática

- Xeroglífica, hierática e demótica

- Xeroglífica, demótica e aramea

Mañá a solución e última proposta proposta!

FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, muyhistoria.es e es.wikipedia.org    Imaxe: cultura10.org

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO XCI

VERTICAIS: 1. Cunqueiro 2. India 3. Apalpador 5. Picallo 9. Tea.

HORIZONTAIS: 4. Reikiavik 6. Chambra 7. Avea 8. Elfo 9. Tirreno.

Máis cultura xeral!

ENCRUCILLADO XCI

VERTICAIS: 1. Apelido do escrtitor galego, nado en Mondoñedo en 1911, e autor do ensaio A cociña galega (1973) 2. Nome do pais, segundo do mundo en poboación e oitavo en extensión do planeta 3. Figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal en Galicia, que baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar aos nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura 5. Apelido do escultor galego, nado en Cuntis (Pontevedra-1940) e autor, entre outras esculturas, do Monumento ó mariñeiro descoñecido, que se atopa na nosa localidade de A Guarda 9. Río, afluente do Miño, duns 50 quilómetros de longo, que atravesa a bisbarra do Condado, no sur da provincia de Pontevedra.

HORIZONTAIS: 4. Capital e cidade máis poboada de Islandia 6. Tipo de camisa ancha e frouxa que usan sobre todo as mulleres e os nenos 7. Planta da familia das gramíneas, de talo oco, delgado e alto, no extremo do cal hai unhas ramiñas con espigas moi pequenas que poden ter de dúas a nove flores e de nome científico Avena sativa 8. Xenio que, segundo a mitoloxía nórdica, habita no aire e simboliza os fenómenos atmosféricos 9. Mar que forma parte do Mar Mediterráneo e que baña o oeste da costa de Italia.