SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS LXXXVII

Músculos do corpo humano!

Músculos do corpo humano!
Continúo coa recuperación de partes dos programas de Órbita Laika , programa divulgativo da ciencia presentado por Eduardo Saénz de Cabezón emitido na cadea española TVE2, polo seu interese.
Neste caso Plantas medicinais pola doutora en farmacia Marián García, máis coñecida como Boticaria García.
Marián rescata o legado da científica, médico e naturalista Hildegarda de Bingen, cuxa figura transcendeu pola súa extensa investigación sobre as plantas medicinais na Idade Media, como a “Atropa belladona” ou o “Colchicum autumnale”. Ela recrea un estudo ao estilo do “xogo dos barcos” para pescudar canta evidencia científica había tras as propiedades de plantas descritas no libro “Physica”, e extrae os aceites esenciais do tomiño á maneira medieval: mediante destilación por vapor de auga cun alambique.
Moi interesante!

ABDOMINAIS BÍCEPS FRONTAL ADUTOR
CIGOMÁTICO TRÍCEPS MASÉTER TRAPECIO
BUCINADOR FRONTAL DELTOIDE SARTORIO
ORBICULAR PEITORAL XEMELGOS GLÚTEOS
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!
A contestación correcta á pregunta de onte é Bastet. Bastet ou Bast foi unha deusa do antigo Exipto, adorada desde a Segunda Dinastía (2.890 a. C.). Representa a protección, o amor e a harmonía. Protectora dos fogares e templos. Foi a deusa da guerra no Baixo Exipto, rexión do Delta do Nilo, antes da unificación das culturas do antigo Exipto. Representábase baixo a forma dun gato doméstico, ou ben como unha muller con cabeza de gato, que sempre leva un ankh (cruz da vida exipcia) ou noutros casos un sistro (instrumento musical) debido a que lle agradaba especialmente que os humanos bailasen e tocasen música na súa honra. O seu equivalente grego sería a deusa Artemisa.
E imos coa pregunta de hoxe!

13. Que cidade contemporánea sitúase onde estaba a antiga Tebas?
- Asuán
- O Cairo
- Alexandría
- Lúxor
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org e jotdown.es Imaxe: es.wikipedia.org
Pois vai ser imposible que me saques de *quicio en galego! Simplemente porque *quicio non existe. Esther Estévez danos alternativas!
#DígochoEu

Esta ilustración amosa a sonda solar Parker acadando a atmosfera exterior do Sol (NASA)
Un novo fito para a ciencia: unha nave espacial da NASA tocou oficialmente o Sol, afundíndose a través da atmosfera solar inexplorada ata agora e coñecida como coroa.
A sonda espacial partiu o 12 de agosto de 2018 nunha misión histórica para estudar a nosa estrela. Loitou contra temperaturas de máis de 2.000 ºC e radiación 500 veces máis forte que na Terra cando fixo a súa oitava aproximación ao corpo celeste, pasando finalmente a través da súa atmosfera superior. Aínda que o voo tivo lugar en abril, os científicos tiveron que esperar para confirmar que Parker viaxou a través da coroa, tras os meses que tardaron en chegar os datos da nave espacial.
O paso da nave a través da coroa solar permtiu unha mostraxe sen precedentes das súas partículas e campos magnéticos, abrindo un novo capítulo no campo da ciencia solar e a nosa comprensión de como se formou o sistema solar. Un dos obxectivos é aprender máis sobre como a enerxía e a calor viaxan a través da atmosfera do Sol; algo que pode revelarnos pistas sobre como se desenvolveu a vida na Terra e como xurdiron outras estrelas ao redor do universo.
No seu periplo cara á atmosfera superior do Sol, a sonda espacial Parker estableceu unha serie de marcas: converteuse no obxecto máis rápido xamais fabricado; alcanzou unha velocidade de 586.864 km/h. (o suficientemente rápido como para dar 13 voltas ao redor da Terra nunha soa hora). Iso si, superará estas cifras unha vez máis a finais deste ano despois de utilizar unha vez máis use a Venus para achegarse máis ao Sol a velocidades moito máis altas que nunca.
Voando tan preto do Sol, Parker é capaz de detectar condicións na capa dominada magnéticamente da atmosfera solar, a coroa, que nunca antes puideramos observar. De feito, podemos ver a nave espacial voando a través de estruturas coronais que se poden observar durante unha eclipse solar total.
Ao longo da súa misión de sete anos, Parker realizará un total de 26 aproximacións á estrela utilizando varias manobras de asistencia de gravidade desde Venus para achegala cada vez máis. Iste foi o oitavo e o que realmente penetrou na coroa. A sonda espacial seguirá achegándose cada vez máis ao sol e mergullándose máis profundamente na coroa ata a súa gran órbita final en 2025.
FONTE: muyinteresante.es/ciencia
Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE O ANTIGO EXIPTO. O Antigo Exipto é para moitos a civilización máis orixinal, complexa e enigmática da historia. Estamos escudriñando nesta civilización única e irrepetible!
A contestación correcta á pregunta de onte é 31. A saber: Período Arcaico (c. 3100-2686 a. C.) coas dinastías I e II, Imperio Antigo (c. 2686-2181 a. C.) coas dinastías III, IV, V e VI, Primeiro Período Intermedio (c. 2190-2050 a. C.) coas dinastías VII, VIII, IX, X e XI, Imperio Medio (c. 2050-1750 a. C.) coas dinastías XII e XII, Segundo período Intermedio (c. 1800-1550 a. C.) coas dinastías XIII, XIV, XV, XVI e XVII, Imperio Novo (c. 1550-1070 a. C.) coas dinastías XVIII, XIX e XX, Terceiro Período Intermedio (c. 1070-656 a. C.) coas dinastías XXI, XXII, XXIII, XXIV e XXV e Período Tardío (c. 656-332 a. C.) coas dinastías XXVI, XXVII, XXVIII, XXIX, XXX, XXXI. No ano 332 a. C. Alexandro Magno de Macedonia conquista Exipto, e coa chegada ao poder no 305 a. C. iníciase a dinastía ptolemaica, de orixe macedonio. Finaliza coa incorporación de Exipto ao Imperio romano tras a batalla de Actium, no ano 31 a. C. No ano 30 a. C. morre Cleopatra e Exipto convértese nunha provincia do Imperio romano. Pasou aos seus sucesores o Imperio bizantino despois que o Imperio romano fose repartido o ano 395 en Occidente e Oriente, e permaneceu nas súas mans ata a conquista polo pobo árabe do ano 640. Os últimos vestixios da tradicional cultura do Antigo Exipto finalizan definitivamente a comezos do s. VI d. C., cos últimos sacerdotes de Isis, que oficiaban o templo da illa de File, ao proscribirse o culto aos “deuses pagáns”.
E imos coa pregunta de hoxe!

12. Como se chamaba a deusa gata do panteón exipcio?
- Isis
- Hator
- Bastet
- Apis
Mañá a solución e unha nova proposta!
FONTE: Idea orixinal historia.nationalgeographic.com.es, es.wikipedia.org e jotdown.es Imaxe: Gunawan Kartapranata (CC)/ jotdown.es
*Visto bo é unha tradución literal do castelán. En galego temos outra maneira de dicilo, é parecido pero non igual!