Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XIII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Boletus pinicola. A andoa dos piñeiros, é un boleto basidiomiceto da orde Boletales. Cutícula de cor marrón avermellado (caoba) uniforme, lisa, e de difícil separación da carne. Como é habitual nos boletus o sombreiro é de forma hemiesférica que evoluciona a plano convexa, chegando a medir ata 30 cm. de diámetro. Marxe decurvado que se converte en plano e excedente na madurez. O himenio está composto por tubos case libres, separables da carne. Primeiramente son de cor branca, logo amarelados, pasando rapidamente a amarelo verde oliva. Poros redondos do mesma cor que os tubos. O pé moi groso, sólido e moi ventrudo cara á base, tanto que en moitos casos supera en diámetro ao sombreiro. De cor parecida ao do sombreiro pero máis claro, decorado cunha reticula de mallas poligonais de tons cremas a vermellos no ápice, e máis diluída no resto. A carne é consistente, espesa, branca, debaixo da cutícula de tons viñosos. Cheiro e sabor agradables, doces e prefumado. Unha vez desecado o cheiro é moito máis intenso.

E imos coa proposta para hoxe!

13. Identifica:

- Macrolepiota procera

- Coprinus comatus

- Agaricus campestris

- Amanita verna

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e cestaysetas.com    Imaxe: jardineriaon.com

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXXXVI

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXXXVI

 

VERTICAIS: 1. Besós 2. Coreola 4. Alpes 5. Rosón 7. Tega 8. Utah.

HORIZONTAIS: 3. Crecho 6. Denpasar 7. Tamás 9. Etna.

Máis cultura xeral!

#DígochoEu: Aprende como son en galego os principais topónimos de España

 

Hoxe, Esther Estévez, tráenos unha lista dos topónimos de España que tiveron algún tipo de adaptación para adecualos ao galego.

#DígochoEu

ENCRUCILLADO LXXXVI

ENCRUCILLADO LXXXVI

 

VERTICAIS: 1. Río catalán que transcorre pola provincia de Barcelona cun curso de 17,7 km, que nace na comarca do Vallès Orientaln e desemboca no mar Mediterráneo moi preto de Barcelona 2. Planta herbácea da familia das cucurbitáceas que medra xeralmente entre as matogueiras e nos cómaros, florece en maio e xuño, ten talos que gabean e dá un froito en baga de forma oval e cor vermella, e de nome científico Bryonia cretica  4. Sistema de montañas máis altas e estensas situadas totalmente en Europa, onde o pico máis alto é o Mont Blanc con 4.810,45 metros de altitude  5. Apelido do primeiro presidente dda Xunta de Galicia (preautonómica) e primeiro presidente do Parlamento de Galicia (1981-1986) 7. Medida de capacidade para grans, legumes, sementes etc., de valor variable segundo os lugares e segundo o que se mida, equivalente a un ferrado ou á quinta parte dunha fanega 8. Estado dos Estados Unidos de América, úbicado na rexión oeste do país, cuxa capital e cidade máis poboada é Salt Lake City.

HORIZONTAIS: 3. Pelo rizado e formando remuíños. 6. Capital da illa de Bali (Indonesia) 7. Peixe mariño da familia dos epigónidos (Epigonidae), da orde dos Perciformes, tamén coñecido como boca negra, con mome científico Epigonus telescopus 9. Volcán activo que se atopa na costa leste de Sicilia, entre as provincias de Messina e Catania, con arredor de 3357 m de altura, aínda que esta varía debido as constantes erupcións.

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XII

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Macrolepiota procera. Tamén coñecida como choupín, chouparro, cogordo... Caracterízase fundamentalmente polo seu gran tamaño, chegando ós 20 cm de altura e 10–30 cm de diámetro. O sombreiro é cerrado e globoso ao principio para irse abrindo co tempo ata adoptar unha forma basicamente chá cun mamelón central ben marcado. Está cuberto superiormente por unha cutícula grosa que se rompe en láminas ou escamas de cor marrón sobre un fondo branco, dispostas concentricamente e algo levantadas; co tempo, poden desprenderse na periferia pero nunca do mamelón central, que fica marrón. As lamelas son brancas, numerosas e de cor branca cremosa, se ben van empardecendo co tempo. Son desiguais e separadas do pé. A esporada é branca. O pé é esvelto e cilíndrico e sepárase doadamente do sombreiro; é oco. Presenta un bulbo patente na base, cuberto por unha lanuxe branca, e un anel de cor branca por riba e parda por baixo, amplo, dobre, fibroso, que pode estar solto e desprazarse ó longo do pé. A superficie do pé é de cor branca con manchas irregulares marróns, dando un aspecto acebrado. A carne é branca, non alterándose a cor ao ser cortada, cun aroma e sabor característico e agradable.

E imos coa proposta de hoxe!

12. Identifica:

- Tricholoma rutilans

- Russula pseudointegra

- Boletus aereus

- Boletus pinicola

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e  fichasmicologicas.com   Imaxe: cestadesetas.com

O ENIGMÁTICO SER VIVO HATENA

Hatena vista ao microscopio / NorikoOkamoto et all

O termo endosimbiosis, do grego endon (dentro) e biosis (vivir), fai referencia a calquera relación biolóxica na que un organismo habita dentro do corpo ou das células doutro organismo, nunha relación que non sempre é mutualista.

Temos moitos exemplos de endosimbiosis na natureza, por exemplo, as bacterias fixadoras de nitróxeno (rizobios) que viven nos nódulos das raíces dos legumes ou algunhas algas unicelulares que residen dentro das corais formadores de arrecifes.

Unha das relacións endosimbióticas máis exitosas da evolución foi a que estableceron algunhas bacterias fotosintéticas e as primeiras ’pre-algas’. É sabido que o copyright da fotosíntesis é propiedade das bacterias, as cales foron englobadas por unha célula eucariota ancestral.

Despois de millóns de anos de evolución aquelas bacterias convertéronse nos actuais cloroplastos, os orgánulos celulares que captan a enerxía lumínica para realizar a fotosíntesis.

Algo similar sucedeu coas mitocondrias, as centrais enerxéticas das células, que nos seus inicios eran bacterias de vida libre e que foron inxeridas por outros organismos unicelulares. Aquela endosimbiosis supuxo, sen dúbida, unha exitosa alianza biolóxica para o anfitrión.

En definitiva, poderíase dicir que a vida, tal e como a entendemos neste momento, non se apoderou do mundo mediante o frío e severo combate corpo a corpo, senón a través da cálida cooperación e a creación de redes.

Científicos nipóns deron un paso máis na comprensión das orixes das primeiras plantas ao descubrir a existencia dun organismo no que unha alga adoptou o papel das primitivas bacterias.

Nestes momentos coñécense un dez mil especies diferentes de algas verdes ou Chlorophyta, que viven nunha enorme variedade de hábitats, desde as augas continentais ata as augas mariñas. A este grupo de algas pertence a Nephroselmis, que foi obxecto de estudo por parte dun grupo de investigadores da Universidade de Tsukuba.

Na primeira década deste século descubriron as dúas fases biolóxicas da Hatena arenicola, unha eucariota unicelular que dispón de dous flagelos, que usa para a locomoción, e dun rudimentario tubo dixestivo.

O estado heterótrofo da Hatena, que en xaponés significa ’misterio’, compórtase como un depredador, engole á Nephroselmis e establece con ela unha relación endosimbiótica formando unha nova forma de vida, un ser vivo quimérico, a metade de camiño entre un animal e unha alga.

Tras ser inxerida, a Nephroselmis, que exerce o papel de endosimbionte, perde os seus flaxelos e o seu citoesqueleto, á vez que asume as funcións do aparello dixestivo e do sistema visual do novo organismo, axudando á protista a dirixirse cara á luz (fototaxis).

Nesta unión o anfitrión (Hatena arenicola) tamén sofre modificacións, inhabilita o seu aparello nutritivo primixenio, deixa de ser depredador, e adopta unha nutrición fotosintética.

Cando chega o momento da reprodución, a Hatena, que non se pode dividir sen conter o endosimbionte, dá lugar a dous fillos: un que recibe a Nephroselmis, de cor verdoso, e outro que regresa ao estado heterótrofo inicial, de cor branca.

Noutras palabras, a descendencia da Hatena nai serán un ser vivo fotosintético e un ser vivo depredador. Este último, o fillo decolorado, acabará engulindo a unha nova Nephroselmis, iniciando unha nova endosimbiosis.

FONTE: Pedro Gargantilla/abc.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE COGOMELOS? XI

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE COGOMELOS, na que pos a proba os teus coñecementos sobre istes fungos que adoitan medrar en lugares húmidos e pouco soleados.

A contestación correcta a proposta de onte é Repolo do monte. De nome científico Sparassis crispa, ten unha talla moi grande, ata 40 cm. Forma globosa irregular, lembrando unha coliflor. Cor pardo claro ou amarelado. Pé curto e enterrado, inapreciable. Carne compacta na base, de cor branca. Cheiro e sabor agradables. parasita as raíces dos piñeiros.

E imos coa proposta de hoxe!

11. Identifica:

- Coprinus comatus

- Amanita pantherina

- Amanita verna

- Macrolepiota procera

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal de es.educaplay.com e  fichasmicologicas.com   Imaxe: cestadesetas.com

#DígochoEu: Expresións relacionadas coa serie de moda

 

Esta semana no TikTok do #DígochoEu falouse de varias palabras e expresións relacionadas co ’Xogo da lura’, a serie de moda.