Blogia

vgomez

ASÍ SUBIRÁ O NIVEL DO MAR EN 2050

A inundación permanente das zonas costeiras españolas máis deprimidas será un feito antes de non moitos anos. Unha páxina web permite visualizar, a partir dos datos obtidos polos científicos a través de satélites e mareógrafos, ata onde subirá o nivel do mar en todas as cidades costeiras do mundo no ano 2050.

A páxina web de Climate Central (unha organización mundial independente que reúne a científicos expertos en clima) mostra como algúns dos lugares de España máis ameazados pola subida do nivel do mar son: o Delta do Ebro, a Albufeira de Valencia, Santa Pola, o Mar Menor, San Fernando, Porto de Santa María (Cádiz), Doñana, as rías galegas, Avilés, Villaviciosa (Asturias), Santander, Ría de Treto (Cantabria), Bilbao, Mundaka (Biscaia).

En definitiva, as zonas costeiras de menor cota serán necesariamente as máis afectadas, e nelas inclúense numerosos espazos naturais protexidos e tamén grandes concentracións humanas.

En España, o último informe do Ministerio para a Transición Ecolóxica sinala que a cota de inundación na costa podería aumentar entre un 3% e un 8% en 2040 respecto da actual, como consecuencia da subida do nivel do mar.

Este incremento no nivel do mar provocará a redución da superficie de praias, afectación a infraestruturas urbanas (cos consecuentes custos económicos) e danos turísticos.

Desaparición de praias, marismas e humidais, inundacións costeiras, erosión do litoral, temporais, intrusión de auga salobre… Son algúns dos efectos do cambio climático que ameazan ás costas españolas e que foron recollidos no informe do Ministerio.

O nivel do mar aumentou 20 centímetros desde finais do século XIX. Pero vai a máis: xa se sitúa en até 3 milímetros ao ano de media. As últimas proxeccións globais de aumento do nivel do mar realizadas polos científicos apuntan a que podería alcanzar en 2100 entre 29 centímetros no escenario máis favorable e 110 centímetros no máis desfavorable, con 53 centímetros como media máis probable, o que afectaría a miles de localidades costeiras en todo o mundo.

Hai notables diferenzas entre as distintas costas españolas. Así, no Delta do Ebro a velocidade de ascenso do mar alcanza entre 5 e 8 milímetros ao ano, a máis alta de toda España.

Esta é a web onde podes consultar os datos, facendo zoom sobre a imaxe. As zonas en vermello son as que quedarán asolagadas de forma permanente.

FONTE: Joan Lluís Ferrer/farodevigo.es

CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE (VII)

Continúo coa serie CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE, o segundo planeta máis pequeno do sistema solar, despois de Mercurio, e similar á Terra en moitos aspectos, como que posúe nubes, ventos e un día de aproximadamente 24 horas (ao redor dun 3% máis longo que o día solar na Terra).

Imos coa sexta curiosidade!

6. Unha das características máis interesantes de Marte

Syrtis Major Planum é a máis grande entre as famosas “manchas escuras” do planeta vermello e crese que outrora era un océano. Syrtis foi precisamente a primeira formación marciana observada desde a Terra. O famoso astrónomo neerlandés Christiaan Hyugens (descubridor do maior dos satélites do planeta Saturno, Titán) foi quen a debuxou por primeira vez en 1659. Esténdese 1.500 km ao norte do ecuador de Marte e ata 1.000 quilómetros de oeste a leste.

FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia

SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS LXXXI

Máis Concellos da provincia de Pontevedra!

#DígochoEu: É o mesmo pazo que palacio?

 

O dicionario da RAG recolle pazo e palacio, pero significan o mesmo?

#DígochoEu 

O ENIGMÁTICO DRAGÓN VOADOR DO XURÁSICO DO HEMISFERIO SUR

O dragón voador ao que pertencen os restos identificados pola universidade de Chile / @mauricio_alvarez_art/UChile

Un novo estudo sobre restos fósiles achados no deserto de Atacama (Chile) en 2009 permitiron identificar un enigmático "dragón voador" do Xurásico por primeira vez no Hemisferio Sur. Unha cola alongada terminada nunha punta con forma de rombo e dentes puntiagudos dirixidos cara á fronte son algunhas das peculiares características dos ranforrincos, un tipo de pterosaurio atopado preto da cidade de Calama e que habitou o megacontinente Gondwana hai uns 160 millóns de anos.

Jhonatan Alarcón, investigador da Rede Paleontolóxica da Universidade de Chile, liderou a investigación que demostra a distribución global destes réptiles alados, un traballo que foi publicado na revísta Acta Palaeontologica Polonica . Definidos nos primeiros estudos como propios dun animal mariño, análises posteriores permitiron determinar que o espécime descuberto era un extraordinario réptil voador do período Xurásico, máis precisamente un pterosaurio da subfamilia Ramphorhynchinae.

Jhonatan Alarcón liderou o estudo destes restos correspondentes a "un húmero esquerdo, unha posible  vértebra dorsal e dous fragmentos dunha falanxe do á, todos conservados en tres dimensións e probablemente pertencentes a un só individuo". De acordo ao paleontólogo, as pezas preservadas deste exemplar son suficientes para determinar que se trata dun pterosaurio de gran envergadura para esa época, probablemente moi parecido aos membros dun grupo coñecido esencialmente no Hemisferio Norte chamado Rhamphorhynchinae, do que forman parte xéneros como Rhamphorhynchus de Europa o  Nesodactylus de Cuba.

"Estes pterosaurios tiñan envergaduras de ás, de punta a punta, de ata 1,80 ou 2 metros. O noso espécime é bastante grande, comparable a  Rhamphorhynchus, que é o membro máis grande desta familia, ou quizais máis grande", dixo o investigador. Segundo explica Jhonatan, estes enigmáticos dragóns alados, caracterizábanse por "ter unha cola moi alongada e cunha peculiar terminación en forma de rombo. Posuían ademais cabezas baixas, fuciños longos e dentes puntiagudos dirixidos cara á fronte. En base ao tamaño, sobre todo do húmero, que se ve moi desenvolvido, e tamén en base a comparacións con outros exemplares, podemos dicir que corresponde a un adulto ou a un estado moi próximo á etapa adulta", engadiu.

Ademais os investigadores puideron "rescatar outros ósos na área do achado, materiais que aínda deben ser estudados para resolver se este espécime corresponde ou non a unha nova especie, o que é o máis probable". Este é o primeiro exemplar da  subfamilia Rhamphorhynchinae descuberto no Hemisferio Sur, particularmente en territorios do antigo megacontinente Gondwana.

"O que hai ata antes deste achado son uns dentes atopados en Marrocos, asignados aínda con dúbidas. O noso é o primeiro 100 por cento confirmado e ademais son os primeiros restos esqueléticos deste grupo" explica o investigador. Todos os descubrimentos da subfamilia Rhamphorhynchinae proveñen esencialmente do hemisferio norte, principalmente de Europa. Con isto, os investigadores demostraron que a distribución dos animais deste grupo era máis ampla do que se sabía ata o momento.

FONTE: uchile.cl/noticias e elmundo.es/ciencia

SOPA DE LETRAS LXXXI

COTOBADE    BARRO     TOMIÑO     LALÍN

RODEIRO      CALDAS    SILLEDA     VALGA

CATOIRA       CUNTIS    MORAÑA    CERDEDO


#DígochoEu: Non digas *halagar

 

Castelanismo á vista! Nin *halagar nin *halago son palabras correctas en galego!

 #DígochoEu 

CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE (VI)

Continúo coa serie CURIOSIDADES DESCOÑECIDAS DE MARTE, o segundo planeta máis pequeno do sistema solar, despois de Mercurio, e similar á Terra en moitos aspectos, como que posúe nubes, ventos e un día de aproximadamente 24 horas (ao redor dun 3% máis longo que o día solar na Terra).

Imos coa quinta curiosidade!

5. Marte foi habitable?

Ata a data aínda non se puido atopar evidencia definitiva que confirme a existencia presente ou pasada de vida en Marte. Aínda así, posúese evidencia acumulativa que favorece a posibilidade de que Marte, nun pasado, albergue auga e que esta sexa óptima para poder soster vida. Con todo, a existencia de condicións habitables non indica necesariamente a existencia de vida. Por iso, aínda que o consenso xeral da comunidade científica descarta a posibilidade de vida presente en Marte, persisten algunhas dúbidas sobre si algunha vez existiu vida neste planeta cando a súa atmosfera era máis densa e a auga existía en abundancia sobre a súa superficie. Poida que tivese condicións aptas para a vida hai 4.480 millóns de anos, antes da evidencia máis temperá de vida na Terra nuns 500 millóns de anos.

FONTE: Idea orixinal Sarah Romero/muyinteresante.es/ciencia e es.wikipedia.org