Blogia

vgomez

#DígochoEu: Cal non é a correcta?

 

Cal non é unha palabra correcta en galego? Patricia Santana e súa nai dubidan, pero acertan! E ti?

#DígochoEu

SOLUCIÓN SOPA DE LETRAS LXXIX

Máis países da UE!

SOPA DE LETRAS LXXIX

BÉLXICA      RUMANÍA      MALTA        BULGARIA

CHEQUIA     LITUANIA     CROACIA     ESLOVAQUIA

ESPAÑA       ESTONIA       LETONIA     FINLANDIA

#DígochoEu: Cal é un sinónimo de 'ollos saltóns'?

 

No #DígochoEu retamos a Rodrigo Vázquez a que acerte cal das seguintes palabras é un sinónimo de ’ollos saltóns’. Ti sabes a resposta?

A ORIXE E O SIGNIFICADO DESTE SÍMBOLO: INFINITO

O significado científico do infinito, un oito tombado, que evidencia aquilo que non ten fin, ten unha orixe incerta. A súa primeira aparición remóntase a 1655 cando o matemático inglés John Wallis empregouno por primeira vez na súa obra, "De Sectionibus Conicis". Aínda que non explicou o símbolo, creuse que era unha forma variante dun número romano para 1.000 (orixinalmente CIƆ, tamén CƆ), que ás veces se usaba para significar "moitos". Wallis foi, por tanto, o precursor do cálculo infinitesimal.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

#DígochoEu: Cal é a palabra non recomendada pola RAG?

 

Esther Estévez proponlle a Alba Mancebo o reto de acertar cal das seguintes palabras non é a recomendada pola Real Academia Galega. Acertará? E ti?

#DígochoEu

A ORIXE E O SIGNIFICADO DESTE SÍMBOLO: PASO DE CEBRA

O símbolo do paso de cebra ou paso de peóns ten unha orixe incerta. A súa invención adoita atribuírse ao inglés James Callaghan que, en 1948, visitou o Laboratorio de Investigación de Transporte e Estradas do país, que estaba a traballar nunha nova idea para facer cruces peonís seguros. Ao mostrar un deseño en branco e negro, cóntase que Callaghan comentou que se parecía a unha cebra. Tras algúns experimentos illados, o paso de peóns naceu oficialmente como cruzamento seguro para peóns en Reino Unido ao ano seguinte, en 1949.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

NINGUÉN COMPRENDE MELLOR A UN ADOLESCENTE QUE OS SEUS PAIS

 

En que momento un fillo adolescente non quere saír da súa habitación, estudar, cumprir as normas ou compartir tempo cos seus pais? É a adolescencia un sinónimo de conflitos e tensións familiares? Alejandro Rodrigo dedicou máis de 15 anos á intervención social e educativa con menores en risco de exclusión social, no ámbito das medidas xudiciais. A súa experiencia na orientación familiar e educativa levoulle a impartir talleres, conferencias e consultorías, onde expón ferramentas e reflexións que recolleu no libro Como previr conflitos con adolescentes.

Identificar distintos estilos educativos ou distinguir a diferenza entre consecuencias e castigos son algunhas ferramentas que suxire para mellorar a relación cos mozos. A clave, asegura, consiste en non esquecer o adolescente que fomos para empatizar e comprender que unha tensión familiar pode esconder unha necesidade non expresada. Como pais debemos ter a mirada ben enfocada e observar si atopámonos ante unha crise evolutiva ou involutiva nos nosos fillos. Crises evolutivas son aquelas en as que os nosos nenos e nenas van enfrontarse a problemas e ser capaces de resolvelos. As crises involutivas son xa zonas de maior risco, conclúe o educador.