#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'chiculate'?; 'galleta'?
Resolvemos un par de dúbidas que nos preguntaron na conta de TikTok do #DígochoEu Pódese dicir ’chiculate’? Como se di en galego ’galleta’?
Resolvemos un par de dúbidas que nos preguntaron na conta de TikTok do #DígochoEu Pódese dicir ’chiculate’? Como se di en galego ’galleta’?

Continúo o percorrido pola ciencia do século XX que revela grandes descubrimentos realizados por mulleres, cuxos méritos non foron recoñecidos no seu momento: GRANDES CIENTÍFICAS NA SOMBRA.
A discriminación de xénero, a competitividade, o respecto ás xerarquías e o peso do coñecemento científico establecido xogaron en contra das ideas revolucionarias destas mulleres pioneiras.
Hoxe falaremos de Jocelyn Bell, quen dicía "Na década do 60 a xente vía á ciencia como unha actividade realizada por homes rodeados de subordinados dos que non se esperaba que pensasen".
Susan Jocelyn Bell Burnell (Belfast, Reino Unido, 15 de xullo de 1943). Astrofísica norirlandesa. Ela nunca quixo entrar na polémica da súa exclusión do Nobel de Física en 1974. Réstalle importancia e non o ve como unha discriminación de xénero, senón como unha cuestión de xerarquía entre un estudante e os investigadores que o supervisan, «que deben levar o crédito dos éxitos e fracasos, salvo en casos excepcionais. E este non o é».

Jocelyn Bell, no ano de seu gran descubrimento (1967) / Roger W Haworth
Como estudante de doutoramento, Bell axudou a construír un radiotelescopio na Universidade de Cambridge e comezou a estudar os sinais que captaba do espazo profundo. Revisaba metros e metros de papel impreso con gráficas, ata que un día de 1967 descubriu unhas estrañas marcas, demasiado rápidas e demasiado regulares. Recoñeceu que alí había algo importante, aínda que non soubo o que era. Ela e o seu director de tese, Anthony Hewish, denominaron a aquel sinal LGM (siglas de Little Green Men, “homiños verdes” en inglés), chanceando coa posibilidade de que fosen sinais enviados por extraterrestres.
Máis adiante comprendeuse que aqueles estraños sinais eran emitidas por unha estrela de neutróns virando a gran velocidade, que foi denominada púlsar. O comité dos Nobel recoñeceu a Hewish polo descubrimento dos púlsares pero ignorou a Jocelyn Bell, o que desatou a reacción airada de eminentes científicos na primeira ocasión en que a Academia Sueca premiaba un traballo de astronomía. Para un deles, Iosif Shklovsky, Bell realizara «o maior descubrimento astronómico do século XX».
FONTE: bbvaopenmind.com/ventana al conocimiento
Traémosche outra recompilación de vídeos da conta de Tiktok do #DígochoEu, neste caso aprendendo galego cantando!

Imaxe do asteroide Bennu /
O asteroide Bennu, de 500 metros de diámetro e unha das principais ameazas espaciais coñecidas, achegarase moito á Terra a partir do ano 2.135, aínda que cunha probabilidade extremadamente pequena de que chegue a chocar contra ela.
A misión OSIRIS-REx da NASA conseguiu predicir a traxectoria de Bennu durante os próximos séculos, cunha precisión de 2 metros, e estimou que en 2.135 o asteroide pasará máis preto da Terra que a propia Lúa.
A partir dese momento, a rocha espacial podería cruzar un ollo de fechadura gravitacional (gravitational keyhole) que cambiaría a súa traxectoria e levaríao directo cara á Terra.
Un ollo de fechadura gravitacional é unha rexión do espazo onde a gravidade dun planeta altera a órbita dun asteroide. E segundo os modelos da NASA son moi poucos os ollos que deberían preocupar aos humanos.
Debemos ter en conta que a probabilidade de impacto, en xeral, é realmente pequena, explicou durante unha conferencia Davide Farnocchia, autor principal do estudo.
A NASA aumentou as probabilidades do temido impacto, aínda que seguen sendo extremadamente pequenas. Desde agora e ata o ano 2.300, a posibilidade de que Bennu choque coa Terra é de 1 entre 1.750, unha porcentaxe do 0,057%.
O punto de máximo risco nun só día será o 24 de setembro do ano 2.182, cunha probabilidade do 0,037%.
Agora só temos dous ollos de fechadura gravitacional de máis dun quilómetro que debamos considerar, analizou Farnocchia, quen cre que, a pesar de que Bennu ignorará a maioría do resto de ollos, segue existindo esa posibilidade.
A pesar das ínfimas posibilidades de que suceda o impacto, a NASA anunciou a misión DART, coa que pretende deseñar unha nave de media tonelada que poida cambiar a traxectoria dos asteroides ao impactar contra eles ou contra unha das súas lúas.
Debemos lembrar que o risco de Bennu como asteroide individual é menor que os riscos provenientes dos obxectos de tamaño similar non descubertos. Por iso a NASA está a facer un gran esforzo para descubrir máis do 90 % dos obxectos próximos á Terra de máis de 140 metros de tamaño, concluíu Farnocchia.
A protección do planeta parece que marcará unha nova etapa na carreira espacial.
Hai algunhas semanas, China expuxo lanzar 23 foguetes para desviar ao asteroide Bennu, que agora se atopa a máis de 320 millóns de quilómetros da Terra.
Pola súa banda, EEUU lanzou a misión OSIRIS-REx en 2.016 para estudar a Bennu e coñecer mellor o funcionamento dos asteroides.
Nunca modeláramos a traxectoria dun asteroide con tanta precisión, afirmou Farnocchia.
FONTE: elmundo.es/ciencia

Rematados os Xogos Olímpicos, tocalle o turno aos Palalímpicos, que comezarán en Tokyo, mañá, 24 de agosto, ata o 5 de setembro, estando previsto reunir a 4.400 deportistas con discapacidade física, intelectual, visual ou parálise cerebral, chegados polo menos de 160 países.
Durante 12 días de competición, disputaranse 539 eventos con medalla (272 masculinos, 227 femininos e 40 mixtos) dos 22 deportes que forman parte do programa de competición: atletismo, baloncesto en cadeira de rodas, boccia, ciclismo, esgrima en cadeira de rodas, fútbol-5, goalball, judo, halterofilia, hípica, natación, piragüismo, remo, rugby en cadeira de rodas, tenis de mesa, tenis en cadeira de rodas, tiro con arco, tiro olímpico, tríatlon e voleibol sentado, máis a estrea en Xogos do bádminton e o taekwondo.
España contará cun total de 135 deportistas, unha cifra que supera aos 127 deportistas españois que acudiron aos últimos Xogos Paralímpicos de Río 2016. Desta maneira, a delegación española paralímpica estará formada por 221 integrantes, dos cales 135 son deportistas (122 con discapacidade máis 13 deportistas de apoio). Ademais, viaxarán ata Tokio 86 membros que conforman a delegación española entre adestradores, médicos, fisioterapeutas, mecánicos e persoal de organización e oficina. España non contará con representación nestas sete modalidades paralímpicas: bádminton, boccia, esgrima en cadeira de rodas, goalball, hípica, rugby en cadeira de rodas e voleibol sentado.
Boa sorte a tod@s!

Continúo o percorrido pola ciencia do século XX que revela grandes descubrimentos realizados por mulleres, cuxos méritos non foron recoñecidos no seu momento: GRANDES CIENTÍFICAS NA SOMBRA.
A discriminación de xénero, a competitividade, o respecto ás xerarquías e o peso do coñecemento científico establecido xogaron en contra das ideas revolucionarias destas mulleres pioneiras.
Hoxe falaremos de Lise Meitner, unha científica que dedicou toda a súa vida ao estudo da física a pesar de todas as trabas, que non foron poucas, que tivo polo simple feito de ser muller. Desde ter que traballar nun taller próximo ao laboratorio onde estudaban os seus colegas ata non cobrar o mesmo que iso, sen contar coa súa expulsión de Alemaña durante o nazismo polas súas orixes xudías. Pero Lise Meitner non se amedrentou por todas as dificultades que tivo na súa vida. Foi, sen dúbida, unha traballadora incansable e unha investigadora apaixonada.
Lise Meitner (Viena, Austria,7 de novembro de 1878-Cambridge, Inglaterra, 27 de outubro de 1968). Científica austriaca.

Lise Meitner e Otto Hahn / mujeresenlahistoria.com
Por encima de Rosalind Franklin, a física austríaca Lise Meitner é o caso máis evidente de descubrimento científico realizado por unha muller e ignorado polo comité dos premios Nobel. Foi ela quen se deu conta en 1938 de que se produciu unha fisión nuclear nos experimentos realizados polos seus colegas no laboratorio. E foi un deles, Otto Hahn, quen recibiu o premio Nobel de Química en 1944 polo descubrimento.
A Lise Meitner faltoulle o recoñecemento oficial, pero non o compañeirismo: Otto Hahn nomeouna nove veces no seu discurso de aceptación do Nobel. Traballaran xuntos durante tres décadas ata que, no ano do seu gran descubrimento común, Meitner tivo que fuxir da Alemaña nazi.
Otto Hahn axudoulle a escapar cara a Suecia e Lise Meitner seguiu colaborando con el desde o seu exilio. Meitner sempre recoñeceu o mérito do experimento de Hahn, pero foi ela quen primeiro soubo interpretalo correctamente cun artigo publicado na revista Nature, onde apareceu por primeira vez o termo “fisión nuclear”, e apuntou a posibilidade dunha reacción en cadea. Aquilo fixo reaccionar aos EEUU, que tentaron recrutala sen éxito para o proxecto Manhattan: «Non quero ter nada que ver cunha bomba», declarou.
FONTE: bbvaopenmind.com/ventana al conocimiento

VERTICAIS: 2. Alpujarras 3. Cospeito 5. Fochicar 8. Litas 9. Acedía.
HORIZONTAIS: 1. Afganistán 4. Moroni 6. Sado 7. Markel 10. Estripeiro.
Máis cultura xeral!
Preguntámoslles aos creadores de @GalegoTwitch cal das opcións non é un sinónimo de ’recuncho’ e só acerta Mariña! E ti?
#DígochoEu