Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? V

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Non, só as abellas melíferas. Non todas as abellas producen mel. As máis coñecidas son as abellas melífera, que só engloban nove das 20.000 especies documentadas. A estrela do xénero é, como dixemos, a abella europea Apis mellifera, responsable da produción dunhas 30.000 toneladas de mel ao ano só en España. Son abellas eusociais, organizadas nunha estrutura xerárquica na que impera a distribución do traballo. E non só producen mel, que lles serve de alimento, tamén fabrican cera.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Unha colonia de abellas ou colmea podémola considerar como un grupo de insectos  emparentados e organizados de forma cooperativa. Os animais son independentes se os consideramos individualmente, pero son interdependentes e non poden sobrevivir sen a cooperación cos seus compañeiros de colonia. Cales son os tres tipos de abellas que se atopan nunha colonia?

- Rei, plebeos e obreiros

- Rei, raíña, e zánganos

- Raíña, zánganos e obreiras

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aportacións propias con información gal.wikipedia.org     Imaxe: askabiologist.asu.edu

#DígochoEu: Cal non é unha parte do corpo?

 

Preguntámoslles aos creadores de @GalegoTwitch cal das opcións non é unha parte do corpo. Pero só unha das participantes foi quen de adiviñar a resposta!

 #DígochoEu 

CIENTÍFICOS CREAN AUGA METÁLICA

Auga metálica / Nature

En principio, ou mellor dito, en teoría, os materiais illantes poden facerse metálicos aplicándolles presión. No caso da auga pura, estímase que require unha presión de 48 Mbars (aproximadamente 48 millóns de veces a presión atmosférica da Terra ao nivel do mar), que está máis aló das capacidades experimentais actuais e só pode existir no interior de grandes planetas ou estrelas. Con todo, un equipo de investigadores do Institute of Organic Chemistry and Biochemestry (IOCB) de Praga conseguiu este efecto para crear un mellor condutor. O estudo esta publicado na revista Nature.

Os científicos converteron auga purificada en metal e conduciron electricidade a través do líquido durante uns segundos. A auga sen filtrar xa contén sal, polo que pode conducir electricidade. Con todo, a auga purificada contén só moléculas de auga, cuxos electróns máis externos permanecen unidos aos especificados; por tanto, non poden fluír libremente na auga. En teoría, cando se aplica suficiente presión á auga pura, as moléculas de auga tritúranse e a capa de valencia, que é o anel máis externo de electróns que rodea a cada átomo, superponse. Isto permite que os electróns flúan libremente entre cada molécula, convertendo tecnicamente a auga nun metal. E é o que lograron.

Poderían esmagar á auga e convertela ao estado metálico sen esa barbaridade de millóns de atmosferas de presión? Que pasaría se engadimos auga ao metal? Iste foi o punto de partida.

Para iso, empregaron metais  alcalinos, que inclúen elementos como sodio e potasio e conteñen só un electrón nas súas capas de valencia. Os metais  alcalinos tenden a "doar" este electrón a outros átomos cando forman ligazóns químicas, porque a "perda" dese electrón solitario fai que o metal  alcalino sexa máis estable.

No experimento, colocaron unha xiringa chea de sodio e potasio nunha cámara sen carga, espremeron pequenas pingas dos metais e logo expuxeron ditas pingas de metal a unha pequena cantidade de vapor de auga. A auga formou unha película de 0,000003 polgadas (0,1 micrómetros) sobre a superficie das gotiñas de metal e inmediatamente, os electróns dos metais comezaron a precipitarse cara á auga.

Ao entrar en contacto, os electróns e catións metálicos (ións cargados positivamente) fluíron cara á auga desde a aliaxe. Isto non só deulle á auga un brillo dourado, senón que fixo que a auga fose condutora, tal como deberiamos ver na auga pura metálica a alta presión.

O fito científico confirmouse usando espectroscopía de reflexión óptica e espectroscopía de fotoelectróns de raios X de sincrotrón. As dúas propiedades, o brillo dourado e a banda condutora, ocupaban dous rangos de frecuencia diferentes, o que permitiu identificalos con claridade.

"Pódese ver a transición de fase a auga metálica a primeira ollada! A pinga prateada de sodio-potasio cóbrese cun brillo dourado, que é moi impresionante", aclara Robert Seidel, supervisor dos experimentos. "O noso estudo non só mostra que na Terra pódese producir auga metálica, senón que tamén caracteriza as propiedades espectroscópicas asociadas co seu fermoso brillo metálico dourado".

Que aplicacións terá esta tecnoloxía? Pronto o saberemos.

#DígochoEu: Cal é a incorrecta?

 

Retamos a Alba Mancebo a que adiviñe cal é a palabra incorrecta das catro opcións expostas. Ti sabes cal é?

#DígochoEu

CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? IV

Continúo coa serie CANTO SABES SOBRE AS ABELLAS? As abellas son insectos cruciais para a polinización, tanto de cultivos como de plantas silvestres, o seu comportamento e organización social aínda encerra misterios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 2 pares. As abellas teñen dúas ás en cada lado do seu corpo, as cales se manteñen xuntas por uns pequenos dentes en forma de peite chamados en conxunto hamuli. Estes dentes permiten que as dúas ás actúen como unha gran superficie e axudan á abella para crear un gran sustento cando voan. Ademais, teñen seis patas unidas ao tórax.

E imos coa pregunta de hoxe!

 

4. As abellas empregadas na apicultura son as abellas europeas Apis mellifera. Non en balde, é a especie da que temos un maior coñecemento. Axúdannos a polinizar os cultivos e provennos do mel que consumimos. Pero, todas as abellas producen mel?

- Si

- Non, só as abellas solitarias

- Non, só as abellas  melíferas

- Non, só as abellas europeas

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e aportacións propias con información gal.wikipedia.org   Imaxe: nationalgeographic.com.es

XIV ANIVERSARIO

14 aniversario / Imaxe: freepik.es

Cumpre este blog 14 anos de vida. Comenzou alá polo 5 de agosto de 2007 e dende aquela pasaron moitas cousas: traballaba, xubileime, a pandemia coa que seguimos, a morte do meu pai... En datos, iste é o resumo:

Visitas ata hoxe: 344.388

Visitas no último ano: 10.166                    

Promedio mensual: 847 visistas/mes

Nº artigos publicados no último ano: 1.216

Promedio mensual: 101 artigos/mes

Visitas ata agosto de 2020: 334.222

Visitas ata agosto de 2019: 324.516

Visitas ata agosto de 2018: 305.593

Visitas ata agosto de 2017: 265.645

Visitas ata agosto de 2016: 216.744

Visitas ata agosto de 2015: 165.935

Visitas ata agosto de 2014: 137.408

Visitas ata agosto de 2013: 117.568

Visitas ata agosto de 2012: 89.980

Visitas ata agosto de 2011: 56.615

Visitas ata agosto de 2010: 20.746

Visitas ata agosto de 2009: 13.780  

Visitas ata agosto de 2008:   5.588  

A todos e todas moitas grazas, pois sen vós esto non tería ningún sentido. Seguirei traballando sempre que estedes detrás.

DE SÓCRATES A MARCO ANTONIO A GOLPE DE TUIT

 

Ao comezo da súa carreira como profesor de Filosofía, Eduardo Infante descubriu que unha das súas alumnas de Bacharelato non atendía ao encerado e miraba pola xanela. “Que é iso tan interesante alén da xanela? Imaxino que será máis importante que o exame da semana que vén”, preguntou ironicamente. “A vida”, respondeu a súa alumna. Dúas palabras que derrubaron o seu mundo. Deuse conta de que convertera a súa aula nunha “caverna”, cos alumnos como prisioneiros. 

Ao día seguinte borrou o encerado e empezou a impartir as súas clases no parque e as rúas, onde preguntaba aos estudantes que problemas existenciais tiñan e que respostas querían atopar na Filosofía. Sobre a vida, a morte, o amor ou a liberdade abriron debates que seguen desenvolvendo a través dos #filoretos, que o profesor lles lanza a través das redes sociais. Ese foi o xerme do libro ‘Filosofía na rúa’, onde Eduardo Infante reúne as grandes preguntas universais que inspiraron aos pensadores de todos os tempos e achégaas ao día a día. “A filosofía non naceu nunha aula, senón nas rúas dunha cidade polas que Sócrates deambulaba. E Sócrates non era un profesor de Filosofía; era un traballador da construción, un veciño normal e corrente, pero implicado profundamente co proxecto democrático e coa liberdade. A Sócrates encantáballe facer filosofía en plena rúa, nos mercados, cos veciños… dialogando e debatendo acerca do xusto e o inxusto e do ben común. Creo que se trata de recuperar esa práctica da filosofía”, conclúe o autor.

#DígochoEu: Un par de dúbidas: 'granizo'?; 'vémosnos'?

 

Esther estévez resolve novas dúbidas dos nosos seguidores na conta de TikTok do #DígochoEu! Pódese dicir ’granizo’? E ’vémosnos’? A resposta, neste capítulo.