Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? VIII

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Menos de 500. Segundo Foro Nuclear, os 442 reactores actualmente operativos nun total de 31 países producen ao redor do 11% da electricidade mundial. Segundo o Organismo Internacional de Enerxía Atómica (OIEA) de Nacións Unidas, (datos a abril de 2019) hai 53 unidades en construción en 20 países entre os que se atopan China, India, Rusia, Corea do Sur, Emiratos Árabes Unidos, Finlandia ou Francia. China é o país do mundo que máis reactores constrúe. Conta con 48 unidades operativas e dez reactores máis en construción. A China séguelle India, con sete reactores en construción, así como Rusia, Eslovaquia, Corea do Sur ou Emiratos Árabes Unidos con catro reactores en construción cada un deles. Francia, con 58 reactores operativos, é o país da Unión Europea con máis unidades nucleares.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. Cal é o país que máis aposta pola enerxía nuclear en Europa?

- ReinoUnido

- Bélxica

- Alemaña

- España

- Francia

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia e foronuclear.org

CREADA A PRIMEIRA FORMA DE VIDA INMUNE AOS VIRUS

Un cultivo de bacterias no laboratorio / BRETT T. ROSEMAN/UW-STOUT

Un grupo de científicos do Reino Unido crearon a primeira forma de vida resistente a case calquera virus. Trátase dunha bacteria Escherichia coli cuxo xenoma foi literalmente reescrito para incluírlle ata 18.000 cambios que ata o de agora non existían na natureza. O traballo é a demostración de que a humanidade conseguiu non só comprender o código da vida senón corrixilo de forma tan ampla que lle permite crear vida sintética capaz de facer cousas que ningún outro ser vivo pode lograr.

A natureza permite aos seres humanos moverse, ler, respirar, pensar. Aos virus, desencadear un círculo vicioso de replicación capaz de producir unha terrible pandemia como a actual. E aos microbios, xerar formas de bloquear unha infección viral. Unha das maiores barreiras cara á libre creación de formas de vida artificiais era que ata o de agora non se podían introducir cambios substanciais nas proteínas “naturais”. Estas moléculas son imprescindibles para calquera función vital.

Pero o equipo de Jason Chin no Consello de Investigación Médica de Reino Unido propúxose demostrar que o código xenético dun ser vivo pódese transformar dunha forma tan profunda que dea lugar a unha nova especie invulnerable a calquera virus.

Para entender a importancia do seu logro hai que lembrar que todas as formas de vida deste planeta dependen de 20 ladrillos básicos cos que se constrúen as proteínas: os  aminoácidos. O xenoma dunha persoa ten 3.055 millóns de letras, como se soubo hai uns días, pero entre todas elas hai 64 fragmentos moito máis curtos, pero esenciais: os codónss, que conteñen as instrucións para sintetizar os 20 aminoácidos coñecidos.

Nun estudo publicado en Science, o equipo de Chin demostra como reescribir as secuencias deses codóns para que teñan dúas funcións asombrosas. A primeira é que son capaces de fabricar aminoácidos novos, artificiais e inexistentes ata o de agora na natureza. A segunda é que os cambios executados no xenoma dos microbios actúan como un “cortalumes” contra un a maioría de virus bacterianos (fagos), pois inhabilita o funcionamento de varios codóns que os virus necesitan para secuestrar a maquinaria celular e poñerse a facer copias de si mesmos, aniquilando ao seu hóspede. É o mesmo proceso que usa o coronavirus para infectar ás persoas: facelas enfermar e mesmo provocarlles a morte.

O potencial deste achado para crear novos fármacos e  biomateriales é notable, como destacan os autores do traballo. A E. coli é unha auténtica factoría biolóxica da que dependemos os humanos para fabricar fármacos e fermentar alimentos. Variantes modificadas destes e outros microbios úsanse na produción de máis de 600 fármacos, incluídos a insulina que se pican os diabéticos e os fármacos anticoagulantes que impiden que haxa trombos. Entre moitas outras variantes de deseño, hai unha E. coli esencial para fabricar as novas vacúas de ARN mensaxeiro contra o novo coronavirus. Unha invasión de fagos (virus que atacan a bacterias) nunha fábrica que usa E. coli pode supoñer a perda de millóns de euros.

Os científicos británicos xa demostraran hai un par de anos como crear un microbio cuxo xenoma é totalmente artificial. Tamén que a súa técnica para reescribir xenomas e amplialos ao gusto funciona en células de animais, e que mesmo permite crear organismos con xenomas artificiais, incluíndo moscas e vermes.

Agora usaron unha técnica para introducir cambios a gran escala na secuencia xenética das bacterias. O sistema usa a técnica de edición xenética CRISPR-Cas9 como unhas tesoiras para cortar grandes fragmentos do xenoma orixinal. Logo, substitúeos por outras secuencias artificiais deseñadas previamente nun computador. Os resultados son sorprendentes: os científicos rocían a un grupo de bacterias artificiais cun cóctel de virus que aniquilaría a calquera E. coli natural. As bacterias artificiais resisten coma se nada e ademais crecen máis rápido. O traballo mostra un feito inquietante: os científicos non ampliaron o xenoma orixinal do microbio, senón que o fixeron máis curto, é dicir, melloraron o código xenético orixinal dun ser vivo que era produto de millóns de anos de evolución natural.

FONTE: Nuño Domínguez/elpais.com/ciencia

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? VII

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é Uranio e plutonio. Do uranio, o isótopo utilizado máis habitualmente é 235U, e do plutonio o 238Pu.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. Cantas centrais nucleares hai no mundo?

- Menos de 1000

- Menos de 500

- Menos de 300

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXXVI

VERTICAIS: 1. Cimbro 3. Machucar 4. Mckinley 5. Oslo 6. Reo 9. Ob.

HORIZONTAIS: 2. Olympia 7. Melancoholemia 8. Cravo 10. Lalín.

Máis cultura xeral!

#DígochoEu: Non digas *invertir

 

O que en castelán é *invertir, en galego ten dúas posibilidades. Esther Estévez explícanolo neste episodio!

#DígochoEu

ENCRUCILLADO LXXVI

VERTICAIS: 1. Arbusto dioico da familia das cupresáceas, de follas en agulla e froitos en piñas con forma de bagas, primeiro de cor verdosa e negras azuladas ao madureceren e con nome científico Juniperus communis 3. Desfacer ou comprimir moito unha cousa, dándolle golpes ou facendo presión sobre ela 4. Montaña máis alta de América do Norte, tamén coñecida como Denali, cunha altitude de 6190 m, situada na cordilleira de Alaska, no centro-sur do estado de Alaska (Estados Unidos) 5. Capital e cidade máis poboada de Noruega 6. Peixe da familia dos salmónidos de ata oitenta centímetros e cor prateada ou castaña con pintas negras, que nace nos ríos de augas claras e frescas, onde vive os primeiros anos, logo baixa ao mar e torna ao río onde naceu para desovar, con nome científico Salmo trutta trutta 9. Río da Rusia asiática ou Siberia que nace no krai de Altái e flúe en direccións NON e N ata desaguar no golfo homónimo (mar de Kara, océano Ártico), cunha lonxitude de 3650 km, pero se se considera o sistema Obi-Irtish, alcanza o 5410 km, que o sitúan como o sétimo río máis longo do mundo, por detrás do Amazonas, Nilo, Yangtsé, o  Misisipi- Misuri, o Yeniséi-Angará e o río Amarelo.

HORIZONTAIS: 2. Capital do estado estadounidense de Washington 7. Libro de Antón Reixa, constructo híbrido, mestura de poesía, fotografía e ensaio antropolóxico do ano 2020 8. Gomo do craveiro que ten a forma dun cravo e que se usa como especia 10. Municipio pontevedrés, capital da comarca do Deza.

CANTO SABES SOBRE A ENERXÍA NUCLEAR? VI

Continúo coa seria adicada á enerxía nuclear, xerada nun proceso físico do interior dos átomos e das partículas máis pequenas que os forman: os protóns e os electróns, e na que se depositan as esperanzas nesta fonte de enerxía como apoio para deixar atrás aos perigosos combustibles fósiles, para abrir camiño a unha transición enerxética da man das coñecidas como enerxías renovables (eólica, solar...); pero que debido á súa mala fama herdada dos horrores das armas nucleares, e dalgúns accidentes de centrais nucleares primitivas (que pouco teñen que ver coas actuais), a información que rodea á enerxía nuclear continúa infestada de medos e mitos.

Á resposta á pregunta de onte é E=mc2. Esta noción, a de que a masa está relacionada coa enerxía, proporcionóunola a ecuación máis famosa do século XX, desenvolta por Albert Einstein. É dicir, enerxía é igual á masa pola velocidade da luz ao cadrado

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Cales son os combustibles nucleares máis utilizados?

- Bromo e cadmio

- Uranio e plutonio

- Radon e manganeso

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

#DígochoEu: Aprende a distinguir vogais abertas e pechadas (capítulo 27) -era

 

Para a pronuncia das palabras terminadas en -era temos unha norma facilísima!

#DígochoEu