Blogia

vgomez

AS EMOCIÓNS SON OS GARDIÁNS DA APRENDIZAXE



Dracolino, Pirindicuela ou Chusco, son algúns dos personaxes que nos guían no universo de Begoña Ibarrola. O cosmos desta experta en intelixencia emocional está habitado por dragóns, fadas e animais de toda índole. Actores vergoñosos, orgullosos ou solidarios que representan o mundo emocional. A lectura, sinala a escritora, “é como un espello onde o lector vese reflectido e atopa mesmo solución aos seus problemas”. A fantasía nos seus contos ten como obxectivo axudar ao lector para comprender as súas propias emocións.

Begoña Ibarrola, licenciouse en Psicoloxía na Universidade Complutense de Madrid, é especialista e musicoterapia, intelixencia emocional e exerceu como psicóloga infantil durante quince anos. Na súa consulta descubriu que as historias eran unha poderosa ferramenta terapéutica e hoxe, envorcada na escritura, xa publicou máis de douscentos contos co núcleo nas emocións. Un extenso traballo que deu lugar ás antoloxías ’Contos para aprender a convivir’, ‘Contos para educar a nenos felices’ ou a colección ilustrada ‘Contos para sentir’.

En canto os profesores traballan as emocións cos alumnos, o clima da aula cambia, aumentan os rendementos e diminúe a ansiedade”, asegura a tamén investigadora e docente, que leva máis de dúas décadas formando a profesores e familias en educación emocional. Ibarrola soña con "unha escola sen materias, inclusiva, accesible e de calidade" e na que, reivindica, "impulsar os estados emocionais favorables para a aprendizaxe".

#DígochoEu:​ Non digas *aguxeiro

 

Nada de *aguxeiro. Esther Estévez Casado cóntanos todas as formas correctas de dicilo en galego!

#DígochoEu

SHUVUUIA, UN DIMINUTO DINOSAURO QUE CAZABA NA ESCURIDADE

Reconstrución artística do shuvuuia deserti / VIKTOR RADERMAKER

Un pequeno dinosauro terópodo chamado Shuvuuia, parte dun grupo coñecido como alvarezsaurios, tiña unha audición e unha visión nocturna extraordinarias. Un grupo internacional de científicos descubriron que este animal posuía unha lagena (o órgano que procesa a información do son entrante, chamado cóclea nos mamíferos) moi grande e case idéntica en tamaño relativo á curuxa común actual, o que suxire que Shuvuuia podería cazar en completa escuridade.

O achado, que acábase de publicar na revista Science, partiu do interese de Jonah  Choiniere, profesor da Universidade de Witwatersrand (Sudáfrica) e autor do artigo, en comparar as habilidades visuais e auditivas dos dinosauros e as aves. O equipo internacional utilizou tomografías computarizadas e medicións detalladas para recompilar información sobre o tamaño relativo dos ollos e oídos internos de case 100 especies de aves vivas e dinosauros extintos.

Para medir a audición, o equipo fixouse na lonxitude da lagena. A curuxa común, que pode cazar en completa escuridade con só oír, ten a lagena proporcionalmente máis longa de todas as aves. Doutra banda, para avaliar a visión, o equipo observou o anel escleral, unha serie de ósos que rodean a pupila, de cada especie. Do mesmo xeito que a lente dunha cámara, canto máis grande pódese abrir a pupila, máis luz pode entrar, o que permite unha mellor visión pola noite. Ao medir o diámetro do anel, os científicos puideron determinar canta luz pode captar o ollo. Así é como tamén o equipo descubriu que moitos terópodos carnívoros como Tyrannosaurus e Dromaeosaurus tiñan unha visión optimizada para o día e unha audición mellor que a media, presumiblemente para axudalos a cazar.

A gran lagena de Shuvuuia foi un descubrimento sorpresa para o James  Neenan, ex postdoctorado de Choiniere en Wits e outro dos autores do estudo. "Mentres reconstruía dixitalmente o cranio de Shuvuuia, non podía crer o tamaño de lagena. Chamei ao profesor Choiniere para que botase unha ollada. Ambos pensamos que podería ser un erro, así que procesei o outro oído. Só entón démonos conta do gran descubrimento que tiñamos entre mans. Non podía crer o que estaba a ver cando cheguei alí, supoñíase que as orellas de dinosauro non debían verse así".

Os ollos de Shuvuuia tamén eran notablemente grandes, xa que tiñan as pupilas proporcionalmente máis grandes ata o de agora medidas en paxaros ou dinosauros, o que suxire que probablemente poderían ver moi ben de noite.

Shuvuuia era un pequeno dinosauro, do tamaño dun pito, e vivía nos desertos do que hoxe é Mongolia. O esqueleto de Shuvuuia é un dos dinosauros máis estraños: ten un cranio fráxil, parecido a un paxaro; brazos  musculosos cunha soa garra en cada man; e pernas longas como un correcamiños. Esta estraña combinación de características desconcertou aos científicos desde o seu descubrimento na década de 1990.

Cos novos datos sobre os sentidos de Shuvuuia, o equipo científico expón a hipótese de que, do mesmo xeito que moitos animais do deserto, Shuvuuia sería nocturno, usando a súa audición e visión para atopar presas como pequenos mamíferos e insectos, utilizando as súas longas patas para correr rapidamente e empregando as súas fortes patas dianteiras para sacar á presa de tobos ou vexetación.

"A actividade nocturna, a capacidade de escavación e as longas patas traseiras son características dos animais que viven nos desertos hoxe, pero é sorprendente velos a todos combinados nunha soa especie de dinosauro que viviu hai máis de 65 millóns de anos", afirma  Choiniere.

FONTE: abc.es/ciencia

#DígochoEu:​ Non digas *minusválido

 

Esta expresión é incorrecta en galego. Esther Estévez Casado cóntanos cal é o termo que debemos empregar!

 #DígochoEu

CANTO SABES DE ANATOMÍA? XXIV (FIN)

Remato, hoxe, con esta serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é...

Por certo, o sabor umami non foi identificado propiamente ata 1908 polo científico xaponés Kikunae Ikeda. O xamón curado é un exemplo diste sabor.

E así remato a serie, esperando que servise para recordar ou poñer ao día algúns coñecementos desta materia

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal alfalr.comgal.wikipedia.org e xatakaciencia.com

OS RESTOS DO FOGUETE LONGA MARCHA 5B

Os restos do foguete chinés Longa Marcha 5B reentraron na atmosfera terrestre ás 10.24 (2.24 GMT) desta mañá e caeron a 72.47 graos de lonxitude este e 2.65 graos de latitude norte, anunciou a Oficina de Enxeñería Espacial Tripulada de China.

As coordenadas quedarían na contorna das illas Maldivas no océano Índico, ao sur da India, apunta a prensa local, mentres que o organismo asegura que a maior parte dos restos se  desintegraron ao chocar coa atmosfera terrestre.

O tamaño do obxecto, cunha masa estimada de entre 17 e 21 toneladas e un tamaño de aproximadamente 30 metros, e a velocidade á que avanzaba (uns 28.000 quilómetros por hora) motivou a activación de varios dos servizos de vixilancia espacial máis importantes do mundo, entre eles o Pentágono ou o Servizo de Vixilancia e Seguimento Espacial da Unión Europea (EUSST).

Esta axencia xa advertiu o venres que os restos ou "entullos" do foguete caerían nunha rexión da Terra cuberta no seu maior parte polo océano ou áreas deshabitadas, e que a probabilidade estatística dun impacto en chan en áreas poboadas era baixa.

Pola súa banda, China tamén aseverou o mesmo venres que era "altamente improbable" que os restos do foguete causasen danos no seu regreso á Terra e que o máis plausible era que se  desintegraran durante a súa reentrada á atmosfera.

Algúns medios locais chineses foron incluso máis aló e acusaron á prensa estranxeira de sensacionalismo, e portais como Sina ou Guanwang cualificaron as informacións publicadas respecto diso de "esaxeracións que só buscan desacreditar ao país asiático".

O foguete foi utilizado a pasada semana por China para lanzar ao espazo uno dos módulos da súa futura estación espacial e foi considerado polos expertos como un dos maiores anacos de entullos que  reentrarían na atmosfera, e de aí a súa vixilancia continuada.

Nese senso, expertos estadounidenses criticaron que o programa especial chinés permitise o reingreso incontrolado dun foguete tan grande, e tampouco foi a primeira vez que unha nave chinesa queda no punto de mira de servizos de vixilancia de todo o mundo.

FONTE: elmundo.es/ciencia     Imaxe: CNSA/olhardigital.com.br/es

SOLUCIÓN AO ENCRUCILLADO LXXIV

VERTICAIS: 1. Catoira 2. Bernesga 3. Pitiusas 6. Maine 8. Escacho.

HORIZONTAIS: 4. Enxebre 5. Meirama 7. Magdalena 9. Praia 10. Birrio.

Máis cultura xeral!

CANTO SABES DE ANATOMÍA XXIII

Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Nefróns. Son as unidades funcionais básicas dos riles. Trátase de túbulos que realizan a filtración e reabsorción do plasma sanguíneo para formar a urina.  

E imos coa última pregunta desta serie!

23. A lingua humana é un hidrostato muscular, un órgano (contén glándulas salivales) móbil situado no interior da boca, impar, medio e simétrico, que desempeña importantes funcións como a hidratación de boca e alimentos mediante a salivación, a deglución, a linguaxe e o sentido do gusto. Referente a esto último, o gusto, podemos dividila en distintas rexións especializadas en detectar un sabor específico. Na imaxe superior, tes o mapa de sabores da lingua, concebido en por Edwin Boring. Nela hai erros sobre esas rexións. Saberías atopalos?

Mañá a solución e fin da serie!

FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org         Imaxe: xatakaciencia.com