SOLUCIÓN Á SOPA DE LETRAS LXVII

Para facer música!

Para facer música!
Estas palabras teñen un castelanismo en común: *alambre. Esther Estévez Casado cóntanos como dicilo correctamente en galego!
#DígochoEu

ÓBOE ZANFONA XILÓFONO CONTRABAIXO
ÓRGANO BOMBARDINO MANDOLINA CASTAÑOLA
REQUINTA HARMÓNICA
Continúo coa serie adicada a anatomía, esta rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
A contestación correcta á pregunta de onte é Aorta. De 3 centímetros de diámetro e 50 de lonxitude, vai desde o ventrículo esquerdo do corazón ata a rexión xenital. Dela parte o resto de arterias, que se encargan de transportar o sangue que osixena o organismo. Con todo, non é o vaso sanguíneo máis longo. Esta plusmarca tena a vea safena magna, que percorre as pernas e mide preto de 70 centímetros nunha persoa de altura media.
E imos coa pregunta de hoxe!

2. Como se chama a capa superficial da pel?
- Hipoderme
- Epiderme
- Derme
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal alfalr.com, gal.wikipedia.org e muyinteresante.es
Esta fotografía tomada polo danés Mads Nissen do “Primeiro abrazo” en pandemia (The First Embrace), que representa a unha muller abrazada por unha enfermeira en Brasil en agosto, foi seleccionada onte como a fotografía do ano polo xurado do World Press Photo, probablemente o certame de fotoperiodismo máis importante do mundo.
A imaxe recolle un dos momentos máis especiais da pandemia, no que Rosa Luzia Lunardi, de 85 anos, recibe un abrazo da enfermeira Adriana Silva dá Costa Souza, na residencia Viva Bem de São Paulo, en Brasil, o 5 de agosto de 2020.
Iste certame vén recoñecendo desde 1955 o traballo dos mellores profesionais do fotoperiodismo nunha competición que premia á mellor fotografía do ano e a mellor historia contada a través dun fotorreportaxe. Nesta 64ª edición, o concurso contou con preto de 74.500 imaxes de 4.135 fotógrafos procedentes de 130 países distintos.
Se queres coñecer o resto de gañadores absolutos en cada unha das categorías premiadas, así como as mellores series fotográficas que se alzaron co título do mellor portafolio preme AQUÍ.
FONTE: nationalgeographic.com.es
A anatomía é o estudo da estrutura, situación e relacións das diferentes partes do corpo de animais ou plantas. É unha rama das ciencias naturais relativa á organización estrutural dos seres vivos, é dicir, a forma, topografía, localización, disposición e a relación entre si dos órganos que as compoñen.
Seguro que na túa vida estudaches algús aspectos da anatomía humana nas Ciencias da Natureza, Bioloxía, E. Física... Pero acórdaste de todo? Pois ben, propóñoche un repaso ou unha posta o día desta manteria, nesta serie que hoxe comezamos.
Anímaste? Pois empezamos!

1. Cal é a arteria máis grade do noso corpo?
- Carótide
- Femoral
- Aorta
Mañá a solución e unha nova pregunta!
FONTE: Idea orixinal alfalr.com e gal.wikipedia.org Imaxe 1: institut-igem.com
En galego non podemos recibir un *pinchazo. O verbo ’pinchar’ si que existe pero só se pode empregar en dous contextos en concreto. Esther Estévez Casado acláranolo.
#DígochoEu
“A historia da internet ensínanos o enorme potencial que ten interconectar a intelixencia humana de forma aberta” (Andreu Veà, Como creamos Internet, 2013). Sen dúbida, un dos grandes protagonistas desa historia é Vinton G. Cerf. Se Gutenberg revolucionou o mundo coa invención da imprenta no século XV, nos anos 70 do século XX Vinton Cerf e Bob Khan crearon os protocolos técnicos que fan posible que hoxe en día esteas a acceder a esta páxina, é dicir, os cimentos da internet e do mundo dixital que hoxe coñecemos. Cerf recibiu numerosos premios, entre os que destacan o Premio Turing das Ciencias da Computación en 2004 e o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica en 2002 (compartido con Lawrence Roberts, Robert Kahn e Tim Berners-Le).
A paixón polo coñecemento deste enxeñeiro non ten límites. Aos seus 77 anos é vicepresidente mundial e Chief Internet Evangelist de Google. Doutor honoris causa por máis dunha decena de universidades, é ademais cofundador da internet Society, institución desde a que Cerf defende a neutralidade da Rede e mira con esperanza o crecemento de movementos tecnolóxicos e creativos que fomentan a difusión libre do coñecemento para miles de millóns de persoas de todo o mundo.