Blogia

vgomez

PANORÁMICA 360º DE PERSEVERANCE EN MARTE

 

O  rover Perseverance capturou o primeiro vídeo  en alta definición da contorna do seu novo fogar no cráter Jezero. Rotando a súa "cabeza" 360 graos,  Perseverance valeuse da cámara Mastcam-Z  para capturar a súa primeira panorámica desde que chegase ao planeta vermello o 18 de febreiro.

ENCRUCILLADO LXIX

VERTICAIS: 1. Capital da Comunidade Autónoma de Extremadura 2. Principal afluente do río Xúcar 3. Novela de 2020, con temática de amor, do escritor catalán de nacemento, ascendencia galega e adopción compostelán, Manuel Portas 4. Capital de Somalia 6. Servicio Público de Emprego Estatal 8. 6ª illa máis grande do mundo e a mallor illa de Indonesia.

HORIZONTAIS: 5. Ferramenta do carpinteiro máis longa ca o cepillo e con puño, que serve para labrar ou tornar lisas as superficies de madeira 7. Nome do Mars Rover que chegou a marte o pasado día 18 de febreiro 9. Volcán activo situado na costa de Sicilia e que recentemente entrou en erupción 10. Peixe mariño da familia dos gádidos, de cor tirando a verde no lombo e prateada nos costados, que vive en fondos rochosos ata os douscentos metros de profundidade, que pode chegar a medir máis dun metro de lonxitude e de nome científico Pollachius pollachius.

#DígochoEu:​ Non digas *anque

 

*Anque o teñas escoitado moitas veces, *anque non é correcto!   Esther Estévez Casado dinos a forma correcta.

#DígochoEu

OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO V

A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados.  Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.

Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.

Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...

5. Mosasaurus


Durante centos de anos antes do século XVIII, os habitantes de Europa central e occidental estiveran desenterrando ósos de aspecto estraño ao longo dos leitos dos lagos e as ribeiras dos ríos. O que fixo que o espectacular esqueleto do réptil mariño Mosasaurus fose importante residiu en que foi o primeiro fósil en ser identificado positivamente o naturalista Georges Cuvier como pertencente a unha especie extinta. A partir deste intre, os científicos déronse conta de que estaban a tratar con criaturas que viviron e morreron millóns de anos antes de que os humanos aparecesen na terra. O fósil de Mosasaurus, especie que viviu durante o Maastrichtiense no período Cretácico Hai entre 70-66 millóns de anos, foi descuberto en 1764.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es

#DígochoEu:​ Non digas *rutinario

 

En galego temos rutinas pero non temos nada *rutinario. Esther Estévez Casado acláranos a súa procedencia.

#DígochoEu

A TEORÍA DA AVOA E OUTROA SEGREDOS DO SER HUMANO



"Cando no rexistro fósil atopamos unha patoloxía ou unha enfermidade, algún pode pensar que estamos a ler unha historia negativa ou triste, e resulta que é todo o contrario. Un óso deformado está a falar de fortaleza a dous niveis: fortaleza individual daquel que foi capaz de superar esa enfermidade. E fortaleza do grupo que coidou e protexeu a ese individuo".

María Martinón Torres, paleoantropóloga e directora do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH), leva décadas investigando as pegadas fósiles dos nosos antepasados prehistóricos e como influíron na nosa definición do ser humano. "Ao longo da evolución humana, os comportamentos altruístas, solidarios e cooperativos remóntanse a miles de anos no rexistro fósil", explica a investigadora.

Martinón Torres doutorouse en Medicina, especializada en Evolución Humana e Antropoloxía Forense, e é catedrática honoraria no Departamento de Antropoloxía de University College London. Forma parte do equipo investigador de Atapuerca desde 1998 e participou en varios proxectos internacionais, como Dmanisi (Xeorxia) e China. Publicou máis de 70 libros e artigos científicos sobre dentición humana e en 2019 recibiu a Medalla Rivers Memorial outorgada polo Royal Anthropological Institute de Gran Bretaña e Irlanda (RAI), a institución académica máis antiga do mundo dedicada á antropoloxía.

OS FÓSILES MÁIS DESTACADOS DO MUNDO IV

A procura da verdade a través dunha lente científica está a permitirnos reconstruír a historia das orixes humanas a partir dos fósiles dos nosos antepasados. Afortunadamente, grazas aos fósiles, a evidencia sólida detrás da nosa imaxe da vida na Terra, temos unha boa fonte de información sobre a vida prehistórica no noso planeta.

Por raros e impresionantes que poidan ser, non todos os fósiles son igualmente famosos, ou tiveron o mesmo efecto profundo na paleontoloxía e na nosa comprensión da vida durante estes tempos remotos.

Continúo coa serie os fósiles máis destacados do mundo. Hoxe tócalle a...

4. Megalosaurus


Cando o fémur parcial do Megalosaurus foi desenterrado en Inglaterra en 1676, un profesor da Universidade de Oxford identificouno como pertencente a un xigante humano. Non sería ata 1824 cando William Buckland dese a este xénero o seu nome distintivo, e pasarían case 20 anos máis para que o Megalosaurus fose identificado definitivamente como un dinosauro polo famoso paleontólogo Richard Owen. Así as cousas, o  fémur de megalosaurio foi o primeiro dinosauro descrito e bautizado.

FONTE: Sarah Romero/muyinteresante.es 

#DígochoEu: Aprende a entoar coas Tanxugueiras!

 

No #DígochoEu de hoxe imos aprender a entoar coas mellores mestras! Tanxugueiras (grupo folk galego formado por  Olaia Maneiro, Sabela Maneiro e Aida Tarrío)