Blogia

vgomez

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? IX

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Estame. É o órgano masculino dunha flor. Cada estame xeralmente ten un filamento e, ao final del, a antera, que contén o pole. Pola contra o pistilo é a parte feminina da flor.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. As plantas con flores que teñen sementes dentro dos froitos chámanse...

- Fentos

- Mugos

- Anxiospermas

- Ximnospermas

Mañá a solución e unha nova pregunta!
 
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: nuestraflora.com
 
 

A VOLTAS CON OUMUAMUA

Científicos especulan con que Oumuamua sea una antigua nave en Videos

 

O astrónomo principal da Universidade de Harvard Abraham (Avi) Loeb non dá o seu brazo para torcer. O científico, en efecto, segue convencido de que Oumuamua, o primeiro obxecto interestelar observado polo home mentres cruzaba o Sistema Solar, non é unha rocha chegada doutras estrelas, senón un obxecto de orixe artificial.

Así o afirma o investigador no seu novo libro «Extraterrestrial: The First Sign of Intelligent Life Beyond Earth» («Extraterrestre: o primeiro signo de vida intelixente máis aló da Terra»), no que asegura que "o noso Sistema Solar foi visitado recentemente por tecnoloxía alieníxena avanzada procedente dunha estrela distante".

Oumuamua foi visto por primeira vez o 19 de outubro de 2017 polo astrónomo canadense Robert Weryk co telescopio Pan-STARRS, un novo instrumento desenvolvido pola Universidade de Hawai. Tras as primeiras observacións, comprobouse que a súa órbita era demasiado excéntrica e a súa velocidade demasiado elevada como para ser un obxecto orixinario do Sistema Solar: tratábase, sen ningunha dúbida, de «algo» chegado doutra estrela. Pero de cal? O seu punto de orixe, tres anos despois do seu descubrimento, segue sendo un misterio, aínda que varios investigadores cren que podería ser a nube molecular xigante (GMC) W51, a «» 17.000 anos luz da Terra. Para Loeb, con todo, sería imposible que Oumuamua realizase unha viaxe tan longa ata o Sistema Solar sen acabar feito pedazos.

En canto á súa natureza, ao principio pensouse que se trataba dun cometa, pero esa idea tivo que ser refugada xa que Oumuamua (que en hawaiano significa «primeiro mensaxeiro distante») non mostraba signo algún de  sublimación ou evaporación, o que xeralmente provoca que os cometas teñan unha característica cola (chamada coma) que sempre apunta en dirección oposta ao Sol.

Avi Loeb foi, precisamente, un dos primeiros en estudar a fondo o obxecto interestelar, e a súa conclusión foi que tampouco se trataba dun asteroide. Segundo escribe o investigador, "movíase demasiado rápido ao longo dunha órbita estraña e non deixaba rastro de gas ou entullos ao seu paso. Só había unha explicación concebible: o obxecto era unha peza de tecnoloxía avanzada creada por unha civilización alieníxena afastada".

Aínda que a idea máis estendida é que se trata dun obxecto natural, o certo é que ao redor de Oumuamua hai aínda numerosas incógnitas. O obxecto, de cor vermella e de forma alongada, en efecto, empezou a acelerar contra todo prognóstico, e aínda que esa aceleración podería ser causada por unha emisión de gases, os astrónomos non conseguiron achar ningunha evidencia que o demostrase.

Segundo Loeb, "viaxando a unha velocidade de 196.000 mph en 2017 -momento no que se descubriu este corpo por primeira vez-, Oumuamua clasificouse como un asteroide, e cando logo acelerou, descubriuse que tiña propiedades máis similares ás dos cometas. Pero o obxecto interestelar de 0,2 quilómetros de radio tampouco encaixaba nesa categoría, e o seu punto de orixe segue sendo un misterio".

Por último, tampouco a súa composición está clara. Chegouse a suxerir que estaba feito de xeo de hidróxeno molecular, o que serviría, entre outras cousas, para explicar a súa estraña aceleración. Pero esa idea foi duramente rebatida polo propio Loeb nun estudo de agosto disste mesmo ano, publicado en The Astrophysical Journal Letters.

A absoluta falta de emisións de Oumuamua (nin sinais de radio nin ningunha outra emisión electromagnética) fixeron pensar a Loeb que a suposta nave levaba moito tempo sen funcionar. Segundo o científico, podería tratarse dun obxecto  antiquísimo que, tras cumprir a súa misión, segue a súa viaxe, inerte, a  traves da inmensidade do espazo.

FONTE: José Manuel Nieves/abc.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE BOTÁNICA? VIII

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é De día e de noite. A respiración vexetal é o proceso de respiración aeróbica que ten lugar nunha planta. Tradúcese en consumir O2 e expulsar CO2, o contrario á fotosíntese. Mentres a parte central da fotosíntese prodúcese nos cloroplastos, a parte central da respiración está nas mitocondrias, proporcionándolle a enerxía aproveitable.

E imos coa pregunta de hoxe!

8. O órgano reprodutor masculino da flor chámase ...

- Espermatozoide

- Estame

- Pistilo

- Arame

Mañá a solución e unha nova pregunta!
 
FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: oleoyebel.es

#DígochoEu: Non digas *tocaio

 

Nin *tocaio nin *tocayo! Este é un caselanismo que non admite a Real Academia Galega. Esther Estévez Casado dinos a forma correcta. 

#DígochoEu

A VISITA DE DOUS ASTEROIDES NESTE MES DE XANEIRO

Modelos tridimensionais de Eunomia e Irene, obtido a partir da súa curva de luz / es.wikipedia.org

Iste mes de xaneiro teremos a vista de dous asteroides procedentes do Cinto de Asteroides (unha zona do espazo entre Marte e Xúpiter).

O 21 de xaneiro poderemos divisar o primeiro dos asteroides: o 15 Eunomia, que nos «rozará» ao pasar a 1,5 unidades astronómicas da Terra (algo máis de 200 millóns de quilómetros, unha cantidade que pode parecer enorme, pero que en termos espaciais é nimia). Emprega 1570 días en completar una órbita ao redor do Sol.

Tres días máis tarde, o 24, achegarase outra rocha espacial, esta vez 14 Irene, desta vez a algo máis de 2 unidades astronómicas (uns 300 millóns de quilómetros) preto da constelación de Cancro. Emprega 1.520 días en completar una órbita ao redor do Sol.

FONTE: abc.es/ciencia e wikipedia.org

#DígochoEu: Moito ollo con rota!

 

A palabra rota é correcta pero hai que ter moito ollo co seu significado! Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu

CANTO SABRES SOBRE BOTÁNICA VII

Coninúo con esta serie, adicada a botánica ou fitoloxía, esa rama da bioloxía que estuda as plantas, baixo todos os seus aspectos.

A resposta á pregunta do día anterior é Xilema. É un tecido vexetal lignificado de condución que fornece líquidos dunha parte a outra das plantas vasculares. Transporta auga, sales minerais e outros nutrientes desde a raíz ata as follas das plantas. A substancia transportada denomínase zume bruto. Pola contra, o floema, conduce substancias orgánicas producidas nos lugares de síntese, fundamentalmente nas follas, e nas estruturas de almacenamento, ao resto da planta.

E imos coa pregunta de hoxe!

7. As plantas respiran...

- De día e de noite

- Só de noite

- Non respiran

- Só de día

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal nationalgeographic.com.es e wikipedia.org         Imaxe: botanical-online.com

PREMIO FRONTEIRAS DO COÑECEMENTO EDICIÓN XIII

Karen O’Brien, Neil Adger e Ian Burton, XIII Premios Fundación BBVA na categoría de Cambio Climático (EP)/lavanguardia.com

Os investigadores Ian Burton, Neil Adger e Karen Ou’Brien obtiveron o Premio Fundación BBVA Fronteiras do Coñecemento na súa décimo terceira edición polas súas achegas sobre a forma de afrontar a crise climática. Todos eles incorporaron de maneira pioneira o concepto de adaptación á hora de afrontar os efectos do cambio climático. Cambiaron pois o paradigma da actuación fronte o quecemento, pois con anterioridade aos seus estudos as actuacións centrábanse e limitábanse á mitigación de emisións de gases de efecto invernadoiro.

O xeógrafo Ian Burton (Derby, Reino Unido, 1935), profesor emérito da Universidade de Toronto, abordou estes asuntos desde a investigación sobre desastres naturais, e foi pioneiro á hora de promover o concepto de ‘adaptación’ para facer fronte aos efectos do cambio climático que, á luz das previsións, son xa inevitables.

Neil Adger (Ballymena, Irlanda do Norte, Reino Unido, 1964), que recoñece o papel inspirador de Burton, concentrou a súa investigación nun dos principais efectos sociais do cambio climático: as migracións. Gran parte do traballo de Adger, catedrático de Xeografía Humana na Universidade de Exeter (Reino Unido), inclúe toma de datos sobre o terreo, coa realización de enquisas e entrevistas a poboación local en países como Vietnam e Bangladesh. As súas conclusións mostran que o grao de vulnerabilidade dunha poboación ao cambio climático depende moi directamente de medidas sociais e políticas, non unicamente do clima en si.

Tamén Karen Ou’Brien (Aquisgrán, Alemaña, 1963), catedrática de Xeografía Humana da Universidade de Oslo, investiga o impacto en poboacións vulnerables que, segundo o seu traballo, están sometidas a unha dobre exposición: ao cambio climático e á globalización. Segundo explicou onte ela mesma, “se na fotografía unha dobre exposición refírese a dúas imaxes que se solapan e crean unha imaxe borrosa, con este concepto expresamos como os procesos de globalización e do cambio climático superpóñense e crean desigualdade. Ambos os procesos non só solápanse, senón que retroaliméntanse”.

FONTE: lavanguardia.com