Blogia

vgomez

A LENDA DOS ANEIS MILAGROSOS

 

Á espera de coñecer a verdade tras as reliquias de Santo Estevo, preparamos un vídeo animado para explorar a lenda: esta é a historia ourensá dos señores dos aneis.

Cando  Vania López viu o saquiño de tea decorada, tivo unha intuición. A directora do centro San Martín de restauración da diocese estaba encargada de devolver o brillo a un relicario atopado no mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil, unha xornada habitual de traballo, pero o que atopou dentro trastornou as súas previsións por completo. Dentro daquela arca, atopada a catro metros de altura e carcomida polos insectos devoradores de madeira atopábanse catro xoias vetustas, e xunto a elas un pequeno pergamiño cunha inscrición: “Estes catro aneis son dos Bispos Santos desta casa”.

O achado das catro xoias desgastadas polo tempo trae ecos de lenda. Novelistas como María Oruña ou H. L. Cagiao xa escribiran sobre a historia dos aneis milagrosos, e agora investígase canto hai de realidade tras a excitación. O ex delegado episcopal de Patrimonio de Ourense, Miguel Ángel González, desconfía da súa procedencia -"son moi pobres para ser dun bispo", di-, mentres que o actual ocupante do cargo, Luís Manuel Cuña, adianta que este achado podería interesar no Vaticano.

FONTE: laregion.es

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LXI

VERTICAIS: 1. POLISARIO 3. TOPEKA 4. ÉRBEDO 5. LOBIOS 8. BOGOTÁ 9. LÄNDER.

HORIZONTAIS: 2. GÁLLEGO  6. PRIOR 7. RODABALLLO 10. NÓS.

Repaso de cultura xeral XI!

ENCRUCILLADO LXI

VERTICAIS: 1. Movemento de liberación nacional do Sahara Occidental, que traballa para acabar coa ocupación de Marrocos e conseguir a autodeterminación do pobo saharauí 3. Capital do estado de EE UU de Kansas 4. Arbusto da familia das ericáceas, de folla sempre verde, que pode chegar aos cinco metros de altura, florece polo inverno e dá un froito doce e redondo de ata tres centímetros, vermello por fóra e amarelo por dentro e de nome científico Arbutus unedo 5. Lobienses son os habitantes do concello ourensán de... 8. Capital da República de Colombia 9.  Cada unha das dezaseis entidades territorais nas que desde 1990 divídese a República Federal de Alemaña.

HORIZONTAIS: 2. Río aragonés, afluente do Ebro pola beira esquerda, ao que se une preto de Zaragoza despois de 215 km de curso  6.  Cabo situado na parroquia de Covas, no municipio de Ferrol (A Coruña), que forma un promontorio que penetra no mar uns 4 quilómetros en dirección SE-NO 7. Peixe mariño da superorde dos teleósteos, de corpo aplanado case circular, sen escamas e cuberto de tubérculos óseos, ollos no lado esquerdo da cabeza e cor xeralmente castaña agrisada ou verdosa con puntos amarelos ou negros por arriba e abrancazado por abaixo e de nome científico Psetta maxima 10. Revista impulsada e dirixiida por Vicente Risco, publicada en gallego entre 1920 e 1936 con contidos literarios, lingüísticos, artísticos, etnográficos, filosóficos e de pensamento político.

SABÍAS QUE... (COLIBRÍS)

 

Sabías que os colibrís...

-Tamén chamados picaflores, son un xénero de aves bastante peculiar. Son orixinarias de América central, aínda que se lles pode atopar en Alaska e mesmo en América do Sur.

-Divídense en dous grandes grupos: Trochilinae (onde se inclúen os troquilinos) e  Phaethornithinae, cuxos membros coñécense como ‘ermitáns’.

-Destacan polo seu pico extremadamente longo así como pola súa beleza. O seu tamaño oscila entre os 11 e os 25 centímetros de longo, sendo o paxaro máis pequeno do mundo. O seu peso pode variar entre os 6 e os 11 gramos. Así mesmo, os  colibríes poden bater as súas ás de 80 a 200 veces por segundo.

-A súa lingua é longa, pode ser estendida en gran medida, está dividida na punta e ten forma de trompa, o que lle permite succionar o néctar con facilidade.

-Son bastante delicados. Viven aproximadamente entre tres e catro anos, aínda que moitas non pasan do primeiro ano. Con todo, existe algún caso excepcional que viviu máis de dez anos.

-As ás dos  colibrís producen un son particular durante o voo, similar a un zunido ou asubío. Isto débese ao paso do aire a través das ranuras das ás.

-O seus ollos son sensibles aos raios ultravioleta. Ademais, confían máis na súa vista que no seu olfacto para atopar néctar.

-Aliméntase de néctar e, en menor medida, de pequenos insectos e arañas que atrapan no momento en que visitan a flor.

-A femia pon dous ovos nun período de dous días e chócaos durante 14 a 19 días. Logo, os colibrís alimentan ás súas crías durante unhas tres a catro semanas. A femia vai ao niño neste tempo ata 140 veces ao día para alimentar ás súas crías.

-Hai unhas 28 especies de colibrís que están en perigo de extinción. Tamén hai outras especies que están a piques de estalo, como a amazilia manglera ou o colibrí oaxaqueño.

-Estas aves son as únicas que poden voar cara aos lados, cara atrás e ao revés. É incrible velas voar a cámara lenta!

Os colibrís e as abellas son uns grandes polinizadores. Ademais, estas aves prefiren flores vermellas, rosas e laranxas.

-A súa plumaxe é brillante e colorido, motivo polo que moitas persoas non poden evitar fotografalo cando o atopan no xardín ou no bosque. De feito, o cancelo #colibri conta con máis de 490.000 publicacións en Instagram.

Son unhas aves impresionantes!

FONTE: Rocio Sánchez/muyinteresante.es/natureza e wikipedia.org

#DígochoEu: Aprende a distinguir ambos, senllos e cadanseu

 

Estas tres palabriñas ás veces xeran confusión, así que atende ben á explicación de Esther Estévez Casado!

#DígochoEu

PANDEMIAS E VACINAS

Nesta época de pandemia e prontas vacinas que podan atallala, hai dous nomes que saltaron ás noticias e seguro que moita xente non acaba de coñecer a súa importancia. Refírome a denominada "Operación Blamis" e o "Hospital de Pandemias Isabel Zendal". O curioso é que ambos nomes están intimamente ligados.

Referente ao primeiro, o Ministerio de Defensa denominou o seu despregamento militar contra a Covid-19 como ‘Operación Balmis’, en homenaxe ao médico militar alacantino, Francisco Javier Balmis, que emprendeu en 1803 a gran xesta de vacinación masiva contra a varíola en América Latina e Filipinas.

A segunda Isabel Zendal Gómez, encargada de coidar e acompañar aos nenos que serviron de portadores da vacina desde España ata América e Filipinas nos seus propios corpos.

A coñecida como Real Expedición Filantrópica de Vacinación, comezou o 30 de novembro de 1803, cando  a corveta María Pita partíu do porto da Coruña levando a vacina das variola a América. A fronte o médico Francisco Javier Balmis, acompañado polo cirurxián catalán Josep Salvany e unha das figuras crave no éxito da misión, a galega Isabel Zendal, encargada de coidar e acompañar aos nenos que serviron de portadores da vacina desde España ata América e Filipinas nos seus propios corpos.

Quixera pararme nela, pois tardouse moito tempo en darlle o recoñecemento que merece.

Isabel Zendal Gómez, naceu na Agrela (Parada, Ordes-A Coruña) o 26 de febreiro de 1773. Empezou a traballar en 1800 na Casa dos Expósitos do Hospital de Caridade, chegando a ser reitora. A súa función alí era a de coidar dos orfos de entre sete e catorce anos a cambio dunha  escasísima remuneración. Un dos motivos polos que non dubidou en aceptar a oferta de Balmis, moito mellor, e embarcarse en 1803 na Real Expedición  Filantrópica da Vacina.

A súa función sería a de coidar dos 22 nenos orfos de entre tres e nove anos que foran  inoculados coa vacina contra a variola e que servirían de portadores da solución durante a viaxe. Nenos que, pola súa condición, non quería ninguén; excepto Isabel, que levou ao seu propio fillo Benito, de dez anos, a quen criou como nai solteira.

Zendal permaneceu nove anos de navegación e roteiros terrestres para inmunizar por centos de miles de persoas na primeira gran campaña de vacinación universal da historia da humanidade. O seu papel foi decisivo, arriscando a súa saúde por coidar ao nenos día e noite.

Os nenos eran necesarios para conservar o virus vacinal: cada semana  inoculábanse a dous deles co material obtido das pústulas dos vacinados a semana anterior.

Tras pasar, entre outras rexións, por Canarias, Porto Rico, Caracas ou México, Isabel Zendal partiu en 1805 cara ao Pacífico. Agora, xunto a vinte e seis nenos mexicanos.

Tras as últimas viaxes, decidiu quedar en México a pasar o resto dos seus días. Alí traballou nun hospicio de Puebla de los Ángeles xunto ao seu pequeno.

A expedición vacunou directamente a unhas 250 000 persoas.

Unha heroína esquecida que entregou a súa mocidade a España e á ciencia.

FONTE: thisistherealspain.com e gal.wikipedia.org.es    Imaxe: thisistherealspain.com

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XVII (FIN)

Remato coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Manga de auga non tornádica. É un embude contendo un intenso vórtice ou turbillón que ocorre sobre un corpo de auga, usualmente conectado a unha nube cumuliforme. En aparencia similares a un tornado pero coa principal diferenza de que se producen sobre o mar e non en terra.

 

Imaxe dunha manga de auga na nosa localidade, ala polo 9 de marzo de 2013.

E así remato esta serie, esperando que servise para recordar ou aumentar os coñecementos sobre meteoroloxía.

Ata a próxima serie!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org    Imaxe: cazatormentas.net

#DígochoEu: Moito ollo cos diminutivos!

 

Os diminutivos fanse con -iño/a, pero coidado! Non sempre é así... Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu