Blogia

vgomez

Todo listo para a COP30 en Belém

A Conferencia das Partes (COP) é o maior evento global das Nacións Unidas para discusións e negociacións sobre o cambio climático. A reunión celébrase anualmente, coa presidencia rotando entre as cinco rexións recoñecidas polas Nacións Unidas.

Do 10 ao 21 deste mes, Brasil terá a honra de ser o anfitrión da 30ª Conferencia das Partes (COP30), que levará a cabo en Belém, no estado de Pará. A cidade elixida ofrecerá ao mundo unha plataforma única para debater solucións climáticas, con raíces firmemente asentadas no corazón da Amazonía.

Como país anfitrión, Brasil está comprometido co fortalecemento do multilateralismo e a implementación do Acordo de París.

A COP30 en Belém marcará unha década do Acordo de París e pon a proba a súa credibilidade. En pleno corazón da Amazonía, Brasil busca que esta sexa a COP da implementación, onde os compromisos tradúzanse en acción real.

Entre os temas clave: NDCs máis ambiciosas, saída dos combustibles fósiles, adaptación con financiamento efectivo e unha transición xusta que vincule clima e xustiza social. O contexto político é incerto, pero a sociedade civil chega con forza para esixir ambición, transparencia e resultados. En Belém, a ambición climática non é opcional: é a condición para un futuro viable.

Esperemos menos boas palabras e máis compromisos reais!

CANTO SABES DE AUSTRIA? IV

Continúo coa serieadicada Austria, un país de Europa Central sen saída ao mar, destaca polas paisaxes alpinas, cidades históricas e unha rica cultura musical.

A contestación correcta á pregunta de onte é Viena. É a capital de Austria. Situada á beira do río Danubio e ao pé dos primeiros cordais dos Alpes é, cunha poboación de arredor de 2 millóns habitantes (2,9 millóns coa área metropolitana) a maior cidade e centro político e cultural do país.

E imos coa pregunta de hoxe!

4. Cal é, aproximadamente a extensión de Austria?

- 73.000 km2

- 83.000 km2

- 93.000 km2

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org   Imaxes: es.wikipedia.org e comercioexterior.ub.edu

#DígochoEu: Moito ollo coas habitacións!

Habitación é correcto en galego, pero moito ollo co seu significado!

#DígochoEu

O vídeo que amosa os efectos da vertedura de aceite de palma nas praias da ría de Vigo

Case unha semana despois, séguense a notar os efectos da vertedura de aceite de palma producida no peirao de Guixar o pasado xoves 30 de outubro. Os restos de aceite solidificado chegaron á outra beira da ría, a lugares como Moaña, dende O Con ata Domaio.

Dende a Autoridade Portuaria de Vigo aseguran que “o dispositivo de limpeza logrou recoller o 90% da vertedura das zonas afectadas” e que “a limpeza das praias está practicamente finalizada“. Porén, uns vídeos obtidos durante o sábado e o domingo no Morrazo amosan unha realidade ben diferente.


Nas imaxes vese maquinaria retirando toneladas de area contaminada en diferentes areais. Obsérvanse tamén grandes bloques de aceite solidificado, mesmo con mexillóns adheridos a esa mestura amarela e pastosa na que se converteu o líquido derramado desde o silo.

A Autoridade Portuaria de Vigo descoñece a cantidade de area que se está a extraer das praias a raíz da vertedura, pero sostén que o tratamento está en mans dun xestor autorizado. O labor de limpeza dos areais lévaa a cabo Tragsa, quen tampouco ofreceu datos.

Os efectos da vertedura non quedarán nos areais. O profesor de investigación do Centro Superior de Investigacións Científicas no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), Antonio Figueras, advirte  que o suposto carácter inocuo do aceite de palma, como definen as autoridades, non se sostén nin científica nin loxicamente.

A presenza deste aceite vexetal no mar representa un risco físico para o ecosistema mariño. Este composto tende a solidificarse, como se aprecia nas imaxes captadas, formando unha capa que bloquea a luz solar. Ese efecto impide a fotosíntese do fitoplancto, base na cadea alimentaria mariña, provoca asfixia nos organismos filtradores e pode obstruír o sistema dixestivo dos animais que o inxiren.

As consecuencias sobre fauna e flora mariñas poderían afectar tamén á industria mexilloeira. As preto de 500 bateas da ría de Vigo, que producen máis de 15.000 toneladas anuais e sosteñen milleiros de empregos, corren o risco de verse afectadas pola contaminación. “Os mexillóns filtran ata vinte e cinco litros de auga ao día e acumulan contaminantes con concentracións centos de veces superiores ás da contorna”, explica Figueras.

O investigador indica unha serie de medidas preventivas para mitigar os posibles efectos secundarios da vertedura, xa visible nas praias. Entre elas, destaca o peche temporal das zonas de marisqueo e un seguimento continuado durante varios meses da evolución ambiental, pois a solución non pode limitarse á limpeza superficial.

A ría de Vigo, a súa biodiversidade e a súa industria do mexillón merecen algo mellor que unha campaña de tranquilidade. A calma só ten sentido cando se basea en datos, non en suposicións”, conclúe o biólogo Antonio Figueras.

FONTE: Andrea Veiga/gciencia.com.com

CANTO SABES DE AUSTRIA? III

Continúo coa serieadicada Austria, un país de Europa Central sen saída ao mar, destaca polas paisaxes alpinas, cidades históricas e unha rica cultura musical.

A contestación correcta á pregunta de onte é 3. A saber…

 

E imos coa pregunta de hoxe!

3. Cal é a capital de Austria?

- Salzburgo

- Graz

- Viena

- Linz

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE e Imaxes: es.wikipedia.org

A GUARDA BRILLA CON LUZ PROPIA: VOTA

A Guarda brilla con luz propia! O noso municipio foi elixido para representar a Galicia na recoñecida campaña nacional de Ferrero RocherXuntos Brillamos Máis”, que cada ano selecciona unha localidade de cada comunidade autónoma para competir polo aceso da súa famosa iluminación do Nadal en tons dourados.

En total, dezasete municipios de toda España participan nesta edición, un por cada comunidade autónoma, nunha iniciativa que busca premiar o espírito comunitario, a beleza e o encanto das localidades.

A campaña convida a todos os cidadáns a participar activamente votando polo seu municipio favorito. Nesta primeira fase, as votacións estarán abertas desde o 3 ata o 23 de novembro

Apoia ao teu pobo: A GUARDA! Para votal preme AQUÍ.

CANTO SABES DE AUSTRIA? II

Continúo coa serie, que onte comezamos, adicada Austria, un país de Europa Central sen saída ao mar, destaca polas paisaxes alpinas, cidades históricas e unha rica cultura musical.

A contestación correcta á pregunta de onte é Limita ao norte coa República Checa e Alemania, ao sur con Eslovenia e Italia, alo leste con Eslovaquia e Hungría, e ao oeste con Suiza e Liechtenstein.

E imos coa pregunta de hoxe!

2. Cal destas bandeiras é a de Austria?

- 1

- 2

- 3

Mañá a solución e una nova proposta!

FONTE: es.wikipedia.org  Imaxes: es.pinterest.com e es.wikipedia.org

#DígochoEu: É correcto usar os signos ¿¡ en galego?

Estes signos só se poden usar en galego nun caso concreto!

#DígochoEu