Blogia

vgomez

ENCRUCILLADO LX

VERTICAIS: 1. Persoa que destaca polo seu amor cara aos demais, que se dedica a facer obras en favor da humanidade 2. Personaxe do Entroido galego propio de Laza e Verín, que se caracteriza por levar un traxe artesanal, moi vistoso e elaborado, do cal destaca a carauta que se prolonga na parte superior nunha mitra de lata adornada con símbolos animais ou astrais e rematada na parte posterior nunha pelella xeralmente de gato ou de coello, seis grandes chocas que lle penduran do cinto 7. Estado dos Estados Unidos de América cuxa capital e cidade máis poboada é Denver.

HORIZONTAIS: 3. Apelido do gañador electo das últimas elección á presidencia dos EE UU 4. Illote español, situado no mar do mesmo nome, de orixe volcánica, ubicado entre o litoral andaluz e o norte de África, a uns 92,6 quilómetros do litoral de Almería, provincia á que pertence 5. Río español, coñecido polos romanos como sucro, que desemboca no mar Mediterráneo 6. Montaña máis alta da Australia continental, cunha altitude de 2.228 m  8. É un dos ríos importantes de América do Sur, que nace e discorre maiormente por Venezuela, con 2.140 km de percorrido 9. Capital, cidade máis grande e a sede do goberno da illa de Chipre 10. Instrumento musical de corda con teclado, que funciona mediante unha manivela que fai xirar un disco de madeira impregnado en resina que ao fretar as cordas produce o son.

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XIII

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía, esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Troposfera. É a capa da atmosfera terrestre que está en contacto coa superficie da Terra.​ Ten ao redor de 17 km de espesor no Ecuador terrestre e só 7 km nos polos, e nela ocorren todos os fenómenos meteorolóxicos que inflúen nos seres vivos, como os ventos, a choiva e a neve. Ademais, concentra a maior parte do osíxeno e do vapor de auga. En particular esta capa actúa como un regulador térmico do planeta; sen ela, as diferenzas térmicas entre o día e a noite serían tan grandes que non poderiamos sobrevivir. É de vital importancia para os seres vivos. É a capa máis delgada do conxunto das capas da atmosfera. A súa temperatura descende a razón de aproximadamente 6,5 ° C por quilómetro de altura,​ por encima dos 2.000 metros de altura.

E imos coa pregunta de hoxe!

13. Unha fronte cálida é…

- Unha franxa de mal tempo que sucede cando unha masa de aire frío achégase a unha masa de aire quente. O aire frío, sendo máis denso, xera unha “cuña” e métese por debaixo do aire cálido e menos denso. As frontes frías móvense rápidamente.

- Un fenómeno meteorolóxico que se forma cando unha masa de aire quente choca contra unha masa de aire frío. A masa de aire quente desprázase ata atoparse cunha masa de aire frío, o aire quente ascende pola fronte posto que é menos denso có aire frío.

Mañá a solución e unha nova proposta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org 

#DígochoEu: Palabras nivel pro do mundo do deporte (capítulo 2)

 

Esther Estévez Casado segue a falar de deportes con Antonio Mosquera. E non todo vai ser fútbol!

#DígochoEu

#DígochoEu: Non digas *sonarse os mocos

 

En galego non nos *sonamos os mocos, pero tranquilidade, temos ata tres formas diferentes de dicilo! Esther Estévez Casado dínolas!

#DígochoEu

OS USOS INESPERADOS DOS PENUMÁTICOS RECICLADOS

En España xéranse unhas 300.000 toneladas de pneumáticos usados cada ano, o que equivale a máis de 40,5 millóns de cubertas de turismo. Ao cambiar os pneumáticos nun taller envíanos a un centro especializado para a súa reciclaxe; o mesmo debería facerse no caso de facelo na casa.

Segundo datos da organización Ecoembes, case a metade desas 300.000 toneladas de pneumáticos abandónanse en entulleiras onde non se lles somete a ningún tipo de tratamento e convértense en hábitat perfecto para insectos e roedores. Outras veces son queimados, o que supón a emisión á atmosfera de gases elevadamente tóxicos.

Cando as cousas fanse ben, tras a chegada dos pneumáticos ao centro de xestión e tratamento clasifícanse para ser reutilizados ou reciclados. Os seleccionados para ter unha segunda vida, un 10%, aproximadamente, recauchútanse. Unha vez comprobado que a carcasa está en bo estado, a banda de rodadura gastada substitúese por unha nova. Grazas a este proceso afórrase unha boa cantidade de materias primas, xa que só engádese un 25% de materiais novos. Os pneumáticos recauchutados son máis baratos e cumpren as garantías de seguridade que esixe a normativa, pero son máis ruidosos, teñen menos agarre e renden peor nas freadas.

Se os pneumáticos non poden recibir unha segunda vida, recíclanse. E así vémolos en:

-Parques infantís e campos de xogo. Os pneumáticos granulados son excelentes como lousas de seguridade. Absorben moi ben os impactos e poden tinguirse de moitas cores.

-Céspede artificial. O caucho reciclado é un material deformable, termoestable e un excelente illante. En función do tamaño do granulado, pode utilizarse como recheo de fibra sintética xunto con outros materiais ou para capa de absorción de impacto.

-Estradas. O po de caucho incorpórase á mestura do asfalto lográndose unha composición que, ademais de ecolóxica, é máis resistente e segura. Por cada sete metros cadrados de estrada, aprovéitase un pneumático.

-Noiros. Son utilizados en lugar de formigón e pedra. Ademais de ser moi eficaces evitando o desmoronamento, permiten o crecemento de plantas e son máis sinxelos de instalar.

-Barreiras de formigón. A Comisión Europea homologou unha barreira de seguridade que incorpora caucho de pneumáticos reciclados en substitución de parte dos áridos do formigón, o que supón unha importante redución de peso.

-Parachoques de peiraos de carga. Constrúense con capas de láminas de goma de pneumáticos reciclados, encaixonadas a partir de xuntas con ángulos de aceiro e unidas por abrazadeiras. Absorben aproximadamente o 80% da forza de impacto dun camión.

-Pistas ecuestres. Os distintos materiais dos pneumáticos reciclados proporcionan a elasticidade, amortiguación e drenaxe que necesitan este tipo de chans.

-Gardarraís. A empresa Vialmarco desenvolveu un sistema (uns cilindros móbiles fabricados con caucho reciclado) para protexer aos motoristas que absorbe a enerxía dun impacto reducindo a traxectoria do accidentado ao longo da beiravía.

-Redutores de altura de onda. Os pneumáticos, colocados de distintas formas sobre unha estrutura, permiten reducir a altura das ondas en zonas de augas interiores dunha maneira sinxela e económica.

-Pantallas acústicas. Os materiais procedentes dos pneumáticos reciclados absorben as vibracións e resisten mellor o efecto dos axentes atmosféricos.

-Monopatíns. O deseñador italiano Paolo Stafano Gentile desenvolveu un prototipo de monopatín fabricado con caucho reciclado. Segundo o creador, este material permite lograr un movemento máis suave, maior agarre e unha mellora na suspensión.

 Ecovalos. Co caucho  triturado conséguese un conglomerado para a construción de cercados. A súa instalación é moi sinxela, ofrece illamento acústico, é moi resistente e impermeable. Con 36 pneumáticos fabrícase un ecovalo de 183×180 centímetro.

-Solas de calzado. Son varios os fabricantes de calzado que utilizan a cuberta dos pneumáticos como sola e outros tantos que incorporan o caucho en forma de po. Incluso a marca Ecoalf foi máis aló confeccionando chanclas de piscina só con caucho reciclado.

-Teitos para chalés. A empresa Euroshield leva anos fabricando tellas ecolóxicas compostas por un 70% de caucho reciclado de pneumáticos de turismo e camión e outros materiais reciclados como o plástico.

-Ramplas de acceso para discapacitados. O caucho dos pneumáticos substitúe o uso do metal ou a madeira, o que supón un aforro ambiental, enerxético e económico. Nas ramplas de gran tamaño empréganse ata 92 quilos de cubertas recicladas.

-Combustible e enerxía eléctrica sen emisións de gases contaminantes. Un equipo do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) albiscou unha saída para a reciclaxe de pneumáticos. Non se trata de combustión nin de incinerar os pneumáticos, senón que unha vez que estean triturados, sométense a unha pirólisis na que se alcanzan os 600 graos dentro dun reactor, sen perda de calor, onde os compostos orgánicos degrádanse e obtense un gas. Este gas arrefríase de forma brusca pasando de 250 graos a 4 graos, lográndose así un líquido que é o xerme do combustible líquido, como gasolina e diesel. Ademais, unha parte do gas faise pasar por unha turbina e transfórmase en electricidade.

Como vedes na reciclaxe está a solución!

FONTE: F. J. Recio/motor.elpais.com e ecoembes.com

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XII

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía,  esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é A latitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o ecuador. A lonxitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o Meridiano de  Greenwich. A latitude proporciona a localización dun lugar, en dirección Norte ou Sur desde o ecuador e exprésase en medidas angulares que varían desde os 0º do Ecuador ata os 90º N (+90º) do polo norte ou os 90º S (-90º) do polo sur. A lonxitude proporciona a localización dun lugar, en dirección Leste ou Oeste desde o meridiano de referencia 0º, ou meridiano de Greenwich, expresándose en medidas angulares comprendidas desde os 0º ata 180º E (+180º) e 180º W (-180º).

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Os fenómenos meteorolóxicos tal e como os coñecemos prodúcense na capa atmosférica chamada...

- Estratosfera.

- Exosfera.

- Termosfera ou ionosfera,

- Troposfera.

- Mesosfera.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org     Imaxe: lifeder.com

#DígochoEu: Non digas *méxome

 

A xente non *se mexa nin cando lle dá un ataque de risa! Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu

REFRANEIRO POPULAR GALEGO DO MES DE DECEMBRO

 

"As castañas no Nadal saben ben pero pártense mal"

"Se Nadal nada, sinal de boa anada"

"Se o Nadal vén mollado, o xaneiro vén xeado"

"Día de San Nicolao, está a neve de pao en pao, e non no chao" (6 de decembro)

"O que queira ter unha boa allada que o plante no Nadal"

"Po no Nadal e lama en agosto, fame no rostro"