Blogia

vgomez

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? XI

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía,  esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Lenticulares. Máis exactamente altocumulus lenticularis. Son un tipo de nubes que posúen unha forma de prato ou OVNI e que aparece en zonas de montaña. Fórmanse na  troposfera, é dicir, na máis baixa das capas da atmosfera.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Hai dous conceptos que facilmente se confunden: latitude e lonxitude. Elixe a respota acertada!

- A latitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o Meridiano de  Greenwichecuador. A lonxitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o Ecuador.

- A latitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o ecuador. A lonxitude é a distancia que existe entre un punto calquera da superficie terrestre e o Meridiano de  Greenwich.

- A latitude pode ser (leste ou oeste) e a lonxitude (norte ou sur).

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org     Imaxe: portaleducativo.net 


O SISTEMA SOLAR DESAPARECERÁ MOITO ANTES DO QUE SE PENSABA

 

Desde hai séculos, os científicos trataron de descifrar cando ocorrerá o destino final do Sistema Solar. Novas simulacións realizadas por astrofísicos revelaron agora que o Sistema Solar desaparecerá moito antes do que se pensaba, antes mesmo que a morte do Sol.

Os astrónomos Jon Zink, da Universidade de California; Konstantin Batygin, de Caltech, e Fred Adams, da Universidade de Michigan, publicaron un artigo na revista The Astronomical Journal no que expoñen os seus novos cálculos.

En 1999, os astrónomos predixeron que o Sistema Solar esborrallaríase lentamente durante un período de polo menos un trillón de anos, baseándose no tempo que tardarían as resonancias orbitais de Xúpiter e Saturno en desacoplar a Urano. Con todo, Fink e o seu equipo aseguran agora que este cálculo omitiu algunhas influencias importantes que poderían alterar antes o Sistema Solar.

Segundo explican no seu artigo, que recolle Science Alert, nuns 5.000 millóns de anos, o Sol converterase primeiro nunha estrela xigante vermella, que atrapará a Mercurio,  Venus e a Terra. Logo expulsará case a metade da súa masa ao espazo, e a anana branca restante será un 54% da masa do Sol actual. Ao perder masa, tamén se alterará o control  gravitacional do Sol sobre os planetas restantes, Marte, Xúpiter, Saturno,  Urano e  Neptuno.

O segundo factor a ter en conta, sosteñen os investigadores, é que aproximadamente unha vez cada 23 millóns de anos, outras estrelas deberían achéganse o suficiente ao Sistema Solar como para perturbar as órbitas dos planetas. "Ao ter en conta a perda de masa estelar e a inflación das órbitas dos planetas exteriores, estes encontros serán máis influentes", aseguran.

Co tempo, proseguen os astrónomos, algunhas destas estrelas "achegaranse o suficiente como para disociar ou desestabilizar os planetas restantes".

O equipo de Fink tivo en conta estas influencias adicionais nos seus cálculos para executar ata 10 simulacións, divididas en dúas fases: ata o final da perda de masa do Sol e a fase posterior.

Na primeira fase, unha vez que o Sol se converte nunha anana branca, os planetas máis afastados como Xúpiter e Saturno verán agrandada a súa órbita, aínda que permanecerán relativamente estables, de tal modo que por cada cinco veces que Xúpiter complete unha volta ao Sol, Saturno farao dúas veces. Con todo, a expansión das órbitas provocarán que o sistema sexa máis susceptible ás perturbacións das estrelas que pasen máis preto.

Así, 30.000 millóns de anos despois, estas perturbacións estelares crearán o caos nas órbitas dos planetas, que, salvo un, pasarán a converterse en planetas rebeldes vagando pola galaxia, expoñen os científicos no artigo.

Ese último planeta solitario permanecerá orbitando durante outros 50.000 millóns de anos, pero co tempo verase tamén influenciado pola gravidade doutras estrelas e sairase da órbita do Sol. En última instancia, sinalan os autores, despois de que o Sol convértase nunha anana branca, o Sistema Solar xa non existirá.

FONTE: 20minutos.es    Imaxe: radiomitre.cienradios.com

XESTO AMBIENTAL DO MES DE DECEMBRO

 

Nin seguindo ao pé da letra todos os consellos, que levamos dito durante o ano, o planeta vai volverse sostible, pero é un primeiro paso tanto para xerar menos residuos como para crear conciencia diso. En ti, e nos demais: fala co teu camareiro de confianza para que deixen de servir palliñas de plástico ou comida para levar en envases plásticos refugables; coméntalle ao fruteiro que sería mellor evitar a froita envasada, pide na túa empresa que cambien os cubertos de plástico por outros reutilizables… E tenta que, o ano que vén, máis compañeiros, amigos e familiares anímense a seguir estes 12 xestos diste ano.

FONTE: P. Cantó/L. Bou (Ilustración)/Verne/elpaís.com

#DígochoEu: Aprende a usar os pronomes de solidariedade e de interese

 

En galego temos o pronome de solidariedade e o de interese. Sabes usalos? Esther Estévez Casado axúdanos a facelo.

#DígochoEu

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? X

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía,  esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Cicloxénese explosiva. Outro termo usado para estas depresións que se profundan moi rapidamente, é de “bomba” meteorolóxica. Un exemplo foi Xynthia. O sábado 27 de febreiro de 2010 formábase unha depresión ou borrasca ao oeste das Illas Canarias cun centro de 990 mb de presión. Tan só 18 horas despois xa estaba situada no Cantábrico cun centro de 970 mb de presión. É dicir, en menos de 24 horas a presión descendeu 20 mb e a borrasca recorreu miles de km a moita velocidade. Ese sábado, en Galicia, houbo refachos de vento de máis de 130 km/h, chuvias intensas e temporal forte no mar, aínda que as consecuencias máis devastadoras chegaron a Francia con decenas de persoas falecidas.

E imos coa pregunta de hoxe!

10. Unha nube é un hidrometeoro que consiste nunha masa visible composta de cristais de xeo ou pingas de auga microscópicas suspendidas na atmosfera. Como se chama a nube da imaxe?

- Cirros.

- Nimbos.

- Lenticulares.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org     Imaxe: meteorologiaenred.com

O CEO DO MES: DECEMBRO 2020

Xemínidas 2012 / Imaxe: Kenneth Brandon

8 de decembro: Cuarto Minguante

14 de decembro: Lúa Nova

21 de decembro: Comeza o inverno

22 de decembro: Cuarto Crecente

20 de decembro. Lúa Chea

Chuvia de meteoros: Xemínidas: do 4 ao 17, con máximo o día 14. Corpo proxeitos o asteroide (3200) Phaetón e radiante a constelación de Xémini. Úrsidas: do 17 ao 26, con máximo o día 22. Corpo preoxenitor o cometa 8P/Tuttle e radiante a constelación da Osa Menor.

 

#DígochoEu: Non digas *apretar o *cinturón

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? IX

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía,  esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Siroco. Normalmente, leva po vermello do Sahara e está asociado coas tormentas e fortes choivas. O siroco causa condicións secas na costa norte de África, tormentas no mar Mediterráneo e tempo húmido e frío en Europa. Nas Illas Canarias este opresivo, quente, po co vento chámase calixe.

E imos coa pregunta de hoxe!

9. Cando unha depresión ou ciclón formado en supetficie, profundízase nun período moi curto de tempo, converténdose nunha borrasca moi violenta e adversa en cuestión de poucas horas coñecida como...

- Furacán.

- Cicloxénese explosiva.

- Tifón.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org     Imaxe: tiempo.com