Blogia

vgomez

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? VI

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía,  esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Partículas moi pequenas de po, cinsa e area en suspensión, que poden ser causadas, por exemplo, por un incendio. Cando esta ocorre por efectos do po, sales (sodio) ou elementos propios do ambiente, coñécese como  calima tipo "A"; cando se produce por eventos especiais, tales como incendios forestais ou outros eventos de carácter contaminante, denomínaselle  calima tipo " B".

E imos coa pregunta de hoxe!

6. Denomínanse anticiclóns ou altas presións a aquelas rexións nas que a zona central posúe unha presión maior que a da periferia, nelas o aire circula...

- En sentido contrario das agullas dun reloxo no hemisferio norte.

- En sentido das agullas dun reloxo no hemisferio norte.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org 

MÁIS FILOSOFÍA PARA ENTENDERNOS MELLOR

 

É o filósofo contemporáneo máis popular do mundo. Michael Sandel, profesor na Universidade de Harvard e Premio Princesa de Asturias das Ciencias Sociais 2018, ten como obxectivo poñer a educación cívica sobre a mesa e conectar a filosofía coa nosa vida cotiá.

Sócrates vagaba polas rúas e dialogaba coa xente, a filosofía xurdía da vida da cidade, das opinións e conviccións que tiñan eses cidadáns”, argumenta. E, vinte e seis séculos despois, este profesor de Filosofía Política trata de revivir o espírito socrático e párase a falar coa xente para indagar que é a xustiza ou que significa o “ben común”. Faino dentro e, sobre todo, fóra das aulas. Na serie da BBC ’The Global Philosopher’, lidera as discusións en vídeo con participantes de máis dunha trintena de países sobre os aspectos éticos de temas como a inmigración ou o cambio climático. Os seus escritos sobre xustiza, ética, democracia e mercados traducíronse a máis de 25 idiomas, entre os que destaca o libro ’O que o diñeiro non pode comprar: Os límites morais do mercado’. O filósofo tamén imparte "Xustiza", o primeiro curso de Harvard dispoñible gratuitamente en liña e en televisión.

Michael Sandel foi un pioneiro no uso de novas tecnoloxías para promover o discurso público global, pero critica as redes sociais e a adicción ás pantallas das que sostén: “se as deixamos que actúen soas, compiten coa educación e son unha das maiores barreiras para a aprendizaxe”.

#DígochoEu: Non digas *ventana nin *ventanilla

 

En galego temos ata tres opcións diferentes para non ter que dicir *ventana! Esther Estévez Casado dínolas!

 #DígochoEu

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? V

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía,  esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é Val do Ebro. É o vento de compoñente NO na parte setentrional española. En Aragón, na Ribeira de Navarra e na Rioxa é un forte vento fresco e seco debido á diferenza de presión entre o mar Cantábrico e o mar Mediterráneo, cando se forma unha borrasca neste último e un anticiclón no anterior.

E imos coa pregunta de hoxe!

5. Na fotografía poder ver unha situación de calixe. Pero que é?

-Fase previa dun anticiclón, que anuncia a chegada inminente de calor sofocante.

-Partículas moi pequenas de po, cinsa e area en suspensión, que poden ser causadas, por exemplo, por un incendio.

-Rachas de aire cálido que pose ser causante de incendios, principalmente.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org        Imaxe: lavoz.es

DESCOBREN UN FRAGMENTO DO OCÉANO PACÍFICO DEBAIXO DA CHINA

Vista lateral da antiga codia oceánica, en azul, mergullada no manto por mor dun proceso de  subducción / F. Niu/Rice University

Científicos identificaron unha antiga porción do océano Pacífico baixo o territorio de China. Trátase dun fragmento de centos de quilómetros de longo de codia oceánica, que no pasado foi o leito mariño do Pacífico, e que hoxe en día estase mergullando no manto, a capa situada baixo a codia terrestre.

Mentres que no algunhas rexións do planeta, como nas dorsais, as fisuras volcánicas crean nova codia oceánica, noutras rexións o antigo leito mergúllase no manto, nas coñecidas como zonas de subducción, onde unha placa deslízase traballosa e lentamente baixo outra placa tectónica.

Un estudo publicado esta semana en Nature Geoscience permitiu presenciar este proceso de subducción a unhas profundidades de entre 400 e 600 quilómetros, cando ata o de agora rexistrouse este tipo de fenómeno a 200 quilómetros de profundidade, como máximo.

Investigadores da Academia de Ciencias de China e da Universidade de Rice, Estados Unidos, empregaron os datos recollidos por 300 estacións sísmicas distribuídas por China, e puideron así rexistrar partes da placa tectónica do Pacífico que estaban cubertas polas augas que hoxe en día están baixo China, na zona de transición do manto da Terra, a rexión que separa o manto inferior e o superior.

En concreto, puideron observar unha gran "laxe" inclinada uns 25º, penetrando nas profundidades. Mentres que en China esta laxe está a centos de quilómetros de profundidade, en Xapón está a só 100 quilómetros.

Esta observacións foron posibles grazas a dúas anomalías sísmicas, unhas descontinuidades nos datos que prodúcense porque a velocidade das ondas sísmicas experimenta un cambio ao atravesar distintos materiais.

Grazas a estes resultados, os científicos teñen un pouco máis claro que ocorre cun antigo leito mariño cando se introduce no interior da Terra e chega á zona de transición, entre o manto inferior e o superior.

De feito, puideron estimar canto se deforma esta laxe ou canto contido de auga perde. Por agora, hai evidencias que apuntan a que parte da auga consérvase na placa e que chega a profundidades moi superiores.

FONTE: abc.es/ciencia

#DígochoEu: Cinco formas de falar baixiño sen *susurrar

 

En galego non *susurramos, pero tranquilidade! Esther Estévez Casado dinos cinco maneiras de falar baixiño.

#DígochoEu

CANTO SABES DE METEOROLOXÍA? IV

Continúo coa serie adicada á meteoroloxía,  esa ciencia interdisciplinaria, da física da atmosfera, que estuda o estado do tempo, o medio atmosférico, os fenómenos producidos e as leis que o rexen.

A contestación correcta á pregunta de onte é O vento de levante que sopra tan forte no estreito de Xibraltar pola súa forma de funil. levante é o nome co que se adoita designar ao vento procedente do leste no litoral mediterráneo de España e, en xeral, en todo o mediterráneo occidental. Ao soprar de forma moderada ou forte, provoca fortes marusías no Mediterráneo. Xeralmente suave e húmido, o levante con frecuencia trae nubes e choiva. Cando hai bo tempo, coñéceselle como "levante calma".

E imos coa pregunta de hoxe!

4. O cierzo é o vento de compoñente noroeste que afecta a...

- Canarias (e parte de Ceuta e Melilla).

- Val do Ebro.

- Val do Guadalquivir.

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal Esther Garín/rtve.es e wikipedia.org        Imaxe: Cierzo/republica.com

DÍA 25 DE NOVEMBRO :DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA MULLER

 

Hoxe, 25 de novembro, celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación.

Iste ano escollín un vídeo, que pasei hai algun tempo neste blog, pois nel a educadora social Mariña Marroquí comparte a súa experiencia como sobrevivente ante esta situación. Ninguen coma ela pode explicar o que é a violencia de xénero.

Está convencida de que a educación é a única fórmula para erradicar a violencia de xénero e asegura: "Eu creo que hai dous grandes alicerces, que son a educación, para que a seguinte xeración traballe e sexa dunha maneira máis igualitaria, máis xusta. E o segundo, a formación a profesionais".

Temos que acabar con esta lacra social inaceptable e todos temos que poñer algo da nosa parte, impedindo que diante de nós se produzan feitos deste tipo, sexan de palabra ou de acción, e que ante a desconfianza de malos tratos, poñámolos en coñecemento das autoridades pertinentes. 

Muller, denuncia! Teléfono de atención ás mulleres de violencia de xénero 016