Blogia

vgomez

A INTELIXENCIA ARTIFICIAL E A EDUCACIÓN



- Oe Siri, quen é  Kai-Fu Le?
Se a intelixencia artificial estivese dotada de sentimentos, o asistente ben podería responder: “O meu avó”. Kai-Fu Le é o creador de Casper, o primeiro sistema de recoñecemento de voz que presentou Apple no ano 1992. O software era parte da súa tese doutoral na universidade Carnegie Mellon e o antepasado da tecnoloxía de análise do fala que nos rodea.

Hoxe, considerado un dos maiores expertos en intelixencia artificial do mundo, preside a firma de capital de risco tecnolóxico Sinovation Ventures. O tamén expresidente de Google China, formou parte dos equipos de Apple, SGI e da unidade de investigación de Microsoft na rexión de Asia e o Pacífico. Unha vida dedicada ao traballo que se viu interrompida cando fai sete anos detectáronlle un cancro. “Deime conta de que me enfrontaba á morte, o último que me apetecía era traballar”, recoñece. Tras esa epifanía, Le decidiu dar un cambio radical na súa vida e dedicar máis tempo aos seus seres queridos. Un proceso transformador que tamén modificou a súa idea sobre o futuro da intelixencia artificial: “Veu a librar aos humanos do traballo rutineiro e a darnos tempo para cumprir o noso propósito na vida”, garante.

Le está convencido de que no futuro sobrevivirán os traballos que requiran de tres habilidades humanas: “curiosidade, pensamento crítico e creatividade”. Nese sentido, o experto reclama nas aulas unha educación máis individualizada e co acento nas relacións persoais. “A intelixencia artificial podería eliminar as tarefas máis tediosas e liberar ata un 40% do traballo rutineiro dos profesores”, afirma. No seu libro ‘Superpotencias da intelixencia artificial: China, Silicon Valley e a nova orde mundial’, Kai-Fu Le asegura que esta transformación educativa xa se está producindo en China. “A intelixencia artificial veu para darnos tempo para pensar o que significa ser humano”, sentenza.

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XVIII

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Programa Mundial de Alimentos da ONU. A axencia da ONU merece o galardón da Paz "polos seus esforzos para combater a fame, pola súa contribución para mellorar as condicións de paz nas zonas afectadas por conflitos e por actuar como motor dos esforzos para previr o uso da fame como arma de guerra e conflito". As outras dúas organizacións citadas tamén recibiron este galardón nos anos 1917, 1944 e 1963 no caso do Comité Internacional da Cruz Vermella e 1990 no caso de Médicos Sen Fronteiras.

E imos coa pregunta de hoxe!

18. Os premios Nobel poden ser entregados a título póstumo?

- Si

- Non

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.es      Imaxe: muyinteresante.es e gallegorey.files.wordpress.com


#DígochoEu: Non digas *columpio

 

Nin *columpio nin *columpiarse son correctos en galego. Esther Estévez Casado traemos unha chea de termos que podes usar no seu lugar!

#DígochoEu

SEN SAÍDA!

Viñeta de El Roto (Andrés Rábago García, Madrid-1947) no xornal El Pais, no día de hoxe.

Eu tampouco a vexo! Volvemos a estar case coma en marzo e non aprendemos. Daquela saímos con moitos mortos e despois relaxamento e deixamos dun lado a sanidade para primar a economía. Eso de convivir co virus non funciona!

E agora? Volta a empezar! Non aprendemos! E a clase política que nos represnta, ningunha, está a altura das circunstancias. Somos meros números, papeletas de voto.

Mentres non tomen en serio que somos persoas e que temos un problema, mundial, ao que temos que enfrentarnos tod@s xuntos, cumprindo as regras sanitarias non veremos a saída.

E cando isto remate, que espero que remate, empezará o problema económico. O moz@s que agora, non tod@s, pasan un chisco da pandemia, serán os que primeiro e máis forte van sufrir as consecuencias económicas: despidos, paro...

Rompamos ises ladrillos que nos impiden ver a luz e poñámonos no camiño da saída desta pandemia, pero tod@s xuntos!

Coidémonos!


CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XVII

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 6. A saber: Jean Paul Sartre (1964-Literatura). Rexeitouno porque el tiña por regra rexeitar todo recoñecemento ou distinción e que os lazos entre o home e a cultura debían desenvolverse directamente, sen pasar polas institucións establecidas do sistema: “Por razóns que son persoais e por outras que son máis obxectivas, non quero figurar na lista de posibles laureados e nin podo nin quero, nin en 1964 nin despois, aceptar esta distinción honorífica”. Dise que 11 anos despois da polémica,  Sartre pediu os cartos do premio e a súa solicitude foi rexeitada. Boris Pasternak (1958-Literatura). Rexeitouno pola presión do réxime soviético:"Considerando o significado que este premio tomou na sociedade á que pertenzo, debo rexeitar este premio inmerecido que se me concedeu. Por favor, non tomen isto a mal". Gerhard Johannes Paul Domagk  (1939-Fisioloxía e Medicina), Rexeitouno ao ser forzado polo réxime nazi a non aceptalo. Recibiu finalmente en 1947. Le Duc Tho (1973-Paz) polos esforzos nos acordos de paz que puxeron fin á Guerra de Vietnam. Rexeitouno argumentando que o seu país aínda non estaba en paz, pero seguíu conservando o galardón. Adolf Friedrich Johann Butenandt (1939-Química). Rexeitouno xa que foi obrigado polo réxime nacionalsocialista no poder. Finalmente aceptouno en 1949. Richard Kuhn (1938-Química). Recibiuno en 1949, pois o réxime nazi prohibíralle facelo no seu momento.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. A quen se lle concedeu iste ano, 2020, o premio Nobel da Paz?

- Comité Internacional da Cuz Vermella

- Programa mundia de Alimentos da ONU

- Médicos Sin Fronteras

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org     Imaxe: marca.com

SOLUCIÓN ENCRUCILLADO LV

VERTICAIS: 1. Nauru 4. Alvariño 6. Chavella 7. OEA.

HORIZONTAIS: 2. Kabul 3. Veracruz 5. Hermerico 8. Tenerife 9. Leu 10. Támega.

Repaso de Cultura Xeral VII!

#DígochoEu: Moito ollo coas habitacións!

 

Habitación é correcto en galego, pero moito ollo co seu significado! Esther Estévez Casado acláranolo.

#DígochoEu

O NÚMERO MÁIS SINGULAR DE TODOS: O CERO (e III)

Remato hoxe esta serie adicada as curiosidades do número máis singular de todos, o cero, coa sabiduría do matemático e presentador do programa de televisión Órbita Laika (A 2), Eduardo Sáenz de Cabezón.

É par o cero?

É unha pregunta sinxela, pero cuxa resposta non coñece todo o mundo. "O cero é par, igual que o dous, o catro ou o catorce", móstrase rotundo o matemático. A explicación vén dada porque ao dividir un número enteiro entre 2, o resto só pode ser 0 ou 1. E 0 entre 2 dá como cociente 0 e como resto 0. "Por tanto é par".

"O cero é unha singularidade, un elemento estraño e, con todo, resulta unha peza fundamental no edificio das matemáticas. Se un día prodúcese a Apocalipse Matemática, nalgún momento o cero baixará no seu trono de ouro e multiplicarase con todo aquel que se atope, facéndoo desaparecer para sempre no abismo do nulo", escribe o matemático.

Grazas, Eduardo por ser tan claro!

FONTE: Patricia Biosca/abc.es/ciencia       Imaxe: quo.es