Blogia

vgomez

ENCRUCILLADO LV

VERTICAIS: 1. País máis pequeno de Oceanía, con 23,1 km2 4. Segundo apelido, polo que é normalmente coñecido, do escritor lucense autor do poemario Corazón ao vento 6. Peza estreita de madeira que, colocada nun furado que hai na parte anterior da cabezalla do carro ou do arado, serve para suxeitar esta ao xugo 7. Siglas da Organización dos Estados Americanos.

HORIZONTAIS: 2. Capital e cidade máis poboada de Afganistán (república Islámica de Afganistán) 3. Nome da igrexa, ubicada en Carballiño (Ourense), proxectada polo arquitecto Antonio Palacios Ramilo, que non chegou a rematar  5. Primeiro rei do reino suevo de Galicia, gobernando dende o 409 até o seu retiro no ano 438 8. Nome da illa canaria onde se atopa o Teide, un volcán situado a unha altitude de 3.718​ metros sobre o nivel do mar 9. Moneda oficial de Rumanía 10. Río galego, que é afluente pola direita do Douro.

CAMBIO DE HORA: HORARIO DE INVERNO 2020

Esta noite atrasaremos unha hora os reloxos / Imaxe: elcomercio.com

Esta noite, producirase en España o cambio ao horario de inverno. Ás 03:00 da madrugada (na Península) os reloxos atrasaranse unha hora e serán de novo as 02:00.

Como ocorre cada ano, o cambio de hora produce controversia entre partidarios e detractores. En todo caso, e ao contrario do que parecía, parece que o de 2020 non será o último.

O cambio de hora realízase en España desde a década dos 70. O seu propósito é adecuar as horas de sol cos horarios dos traballadores e así favorecer o aforro de enerxía. Na práctica, supón que amenza e anoiteza antes, algo que se nota especialmente nos meses de decembro e xaneiro, cando os días son máis curtos.

Paciencia!

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XVI

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Malala Yousazfai. Ela, no ano 2014 gañou o Premio Nobel da Paz con tan só 17 anos. Lawrence Bragg gañou o Premio Nobel de Física en 1915, compartido co seu pai, polas súas investigacións pioneiras sobre a refracción e difracción dos raios X. Pola contra, Leonid Huewicz, recibiría o Premio Nobel de Economía a finais de 2007, converténdose aos seus 90 anos no laureado de maior idade na historia do galardón.

E imos coa pregunta de hoxe!

17. Cantos galardoados co Nobel rechazárono ou foron obrigados a non aceptalo durante a historia destes premios?

- 1

- 3

- 5

- 6

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org   Imaxe: esefarad.com

#DígochoEu: É o mesmo raio que lóstrego?

 

É o mesmo raio que lóstrego? Esther Estévez Casado explícanolo!

#DígochoEu

IMAXES DE OSIRIS-REX RECOLLENDO MOSTRAS EN BENNU

La nave Osiris-Rex de la NASA hace historia al recoger muestras del asteroide Bennu en Videos

Vídeo: A nave Osiris-Rex da NASA fai historia ao recller mostras do asteroide Bennu / Atlas

A axencia espacial estadounidense difundiu as primeiras imaxes, nun vídeo de apenas dez segundos e en varias fotografías, do achegamento vinte e catro horas antes da sonda OSIRIS-REx ao asteroide Bennu, situado actualmente a 320 millóns de quilómetros da Terra e que viaxa a unha velocidade de máis de 100.000 km/h.

O vídeo mostra os últimos instantes do achegamento do brazo robótico, articulado e de máis de tres metros de lonxitude, da sonda á superficie  pedregosa do asteroide, e a nube de partículas e pequenas pedras que saen despedidas ao impactar contra a superficie un chorro de nitróxeno a alta presión. Dese rebumbio de residuos, a NASA espera que a OSIRIS-REx puidese recoller un mínimo de 60 gramos de mostras de menos de dous centímetros de diámetro. Se a recollida de mostras non resultase satisfactoria, a sonda podería realizar un novo intento o próximo mes de xaneiro, para emprender en marzo unha viaxe de regreso á Terra que durará dous anos.

#DígochoEu: Moito ollo con ir + infinitivo

 

Esta é unha das perífrases máis frecuentes do galego, pero hai que fixarse nun detalle para non meter a zoca! Atención a explicación de Esther Estévez Casado.

#DígochoEu

O NÚMERO MÁIS SINGULAR DE TODOS: O CERO (II)

Continúo desvelando as curiosidades do número máis singular de todos, o cero, coa sabiduría do matemático e presentador do programa de televisión Órbita Laika (A 2), Eduardo Sáenz de Cabezón.

Hoxe imos coas operacións!

A suma, a resta e a multiplicación por cero é bastante fácil. Pero cando chegamos á división... a cousa complícase. "Dividir entre cero é unha cousa dificilísima e é aquí cando se nota que o cero é moi raro", afirma o matemático. Foi na India onde con máis afán tentaron poñerlle solución ao enigma.

O primeiro foi Brahmagupta, o primeiro en utilizar este número en operacións aritméticas. Para sumar, restar e multiplicar deu na clave, pero ao dividir só deixou estipulado que "cero entre cero é cero", sen dicir que ocorre ao dividir outro número entre cero. "O cal non é correcto", adianta o matemático. Un século despois, o matemático indio Mahavira afirmou que se dividimos un número entre cero, queda igual. "O cal tamén é incorrecto". E houbo unha terceira tese: o colega e paisano dos anteriores matemáticos, Bhaskara, dicía que dividir un número entre cero dá infinito. "Isto non é correcto do todo, e desde logo en aritmética non o é en absoluto, pero pode ter certo sentido". Entón, cal é a resposta?

"Deixémolo claro desde o principio: se traballamos cos números enteiros e coa división normal, a de toda a vida, non se pode dividir entre cero", explica o matemático. Por exemplo: un número calquera n (distinto de cero), ao dividilo entre cero sería m, polo que n/0=m. Pero entón tamén sería m*0= n, e ningún número multiplicado por cero resulta n. Entón, por que Bhaskara tiña algo de razón? "Pensemos no cero non como o número en si mesmo senón como o resultado de tomar numeriños cada vez máis pequenos, o límite dunha sucesión". É dicir, dividir entre 0,5 - 0,25 - 0,1 - 0,05... Se collemos unha calculadora e dividimos n entre eses números oh, sorpresa! o resultado crece. "E, ata onde crece? Pois aí está a graza, non para de crecer", explica o matemático.

Con todo, a cousa cambia con cero dividido entre cero. "O resultado desa operación é indefinido, porque podería dar calquera cousa", adianta o matemático. Isto explícase con sucesións: "Por exemplo, 1, ½, ⅓ etc. é unha sucesión. Pero non é a única. Que che parece 1, ¼, 1/9 ? Esta tamén tende a cero, son números cada vez máis pequenos". Entón, o límite é o cero. Pero se se divide cada número da segunda sucesión pola mesma que lle corresponde da primeira (por exemplo, 1 entre 1 e logo ¼ entre ½ cada vez son números máis pequenos, polo que parece que cero entre cero é cero.

"Pero non nos aceleremos: que pasa se o facemos ao revés?", propón o matemático. Nese caso, os números cada vez son máis grandes, polo que o límite é infinito. E aínda hai máis. "Observa esta sucesión: 2 , 2/2 , ⅔, 2/5 ...Son cada vez números máis pequenos, tenden a cero. E se os dividimos entre 1 , ½, ⅓, ¼, 1/5..., o resultado sempre é 2, todo o tempo, así que iso significa que, no límite, cero entre cero é 2!". É por iso que cero entre cero está indefinido e por iso os límites da forma "algo que tende a cero" dividido entre "algo que tende a cero" poden ter calquera valor.

FONTE: Patricia Biosca/abc.es/ciencia       Imaxe: quo.es

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XV

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Falso. O físico alemán mereceu o recoñecemento da Academia Sueca en 1921 polo seu traballo sobre o efecto fotoeléctrico, un dos alicerces básicos da física  cuántica. Aínda que pareza mentira, Einstein non gañou o Nobel por formular a súa famosa Teoría da Relatividade pois o científico a quen se lle encomendou a tarefa de evaluala non a entendeu, e temeron correr o risco de que despois se demostrara errónea. Nesa época aínda era considerada un tanto controvertida.

E imos coa pregunta de hoxe!

15. Quen foi @ galardoad@ con premio Nobel de menor idade?

- Lawrence Bragg

- Malala Yousazfai

- Leonid Huewicz

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org     Imaxe: es.euronews.com