Blogia

vgomez

A EDUCACIÓN É A PORTA DAS OPORTUNIDADES



Lector empedernido, curioso e apaixonado pola aprendizaxe constante, Carlos Torres Vila vén dunha familia de mestres polos catro cOstados. Todos os seus avós e a súa nai dedicáronse ao ensino. Por iso non é de estrañar que o presidente de BBVA defenda firmemente a educación comoo motor de crecemento da sociedade, a porta das oportunidades e unha forza, quizá a máis importante, para corrixir as desigualdades que existen na nosa sociedade.”

Para Carlos Torres Vila, a educación é clave, non só para o desenvolvemento do individuo senón de toda a sociedade: “Como dicía Emilia Pardo Bazán, a solución está primeiro, en instruírse; segundo, en instruírse; e, terceiro, en instruírse. A aprendizaxe é o maior premio que existe”.

Casado e pai de tres fillos, aos que insiste en transmitirlles a importancia do esforzo, como lle inculcaron a el os seus pais, e unha visión do éxito ligada ao camiño, máis que ao resultado: “O importante é facer o que está na túa man; non tanto alcanzar as metas ou o resultado”. Asegura que na vida é fundamental non ter medo a ser un mesmo: “A mellor receita para o éxito é ser xenuíno; ter a valentía para crecer aprendendo cada día e pensando no impacto nos demais”.

Carlos Torres Vila estudou Enxeñería Eléctrica e Administración de Empresas no Massachusetts Institute of Technology (MIT) e obtivo tamén un MBA da Escola Sloan de Administración e Dirección de Empresas da mesma universidade. Ademais, é licenciado en Dereito pola UNED/UNED.


CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XIV

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é 8. A saber: José Echegaray e Eizaguirre (1904-Literatura), Santiago Ramón e Cajal (1906-Fisioloxía e Medicina), Jacinto Benavente (1922-Literatura), Juan Ramón Jiménez (1956-Literatura), Severo Ochoa (1959-Fisioloxía e Medicina), Vicente Aleixandre (1977-Literatura), Camilo José Cela (1989-Literatura) e Mario Vargas Llosa (2010-Literatura).

E imos coa pregunta de hoxe!

14. É certo que Albert Einstein gañou o premio Nobel pola súa Teoría da Relatividade?

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova pregunta

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org  Imaxe: cambio16.com


#DígochoEu: En galego non dicimos nin *tacos nin *palabrotas

 

Non, en galego non dicimos nin *tacos nin *palabrotas. Como lle chamamos entón a esas palabras? Esther Estévez Casado danos as alternativas!

#DígochoEu

O NÚMERO MÁIS SINGULAR DE TODOS: O CERO

Convivimos de maneira natural con el, é parte da nosa vida. Pero non sempre estivo aí, non? Porque, que é cero? Trataremos de contestar a esas preguntas botando man da sabiduría do matemático e presentador do programa de televisión Órbita Laika (A 2), Eduardo Sáenz de Cabezón.

"Resulta que o cero é... varias cousas á vez", desvela o matemático. E o primeiro que foi é "a nada": "Para empezar, o cero representa unha cantidade nula, a nada, é dicir, cando non temos nada que contar". É por iso que o uso máis básico do cero estendeuse por case todas as civilizacións. Iso si, non tal cal o noso 0, senón con outro símbolo, unha palabra, un oco...

Pero o cero non só serve para designar "a nada". Dependendo da súa posición, pode contar ou non. Isto é o cero posicional. "Alí onde hai un sistema de numeración posicional, como o noso sistema con base 10, necesitamos un uso do cero máis especializado para saber, por exemplo, que en 2202 non hai nada no lugar das decenas e que por tanto 2202 non é o mesmo que 222", explica o matemático.

Os responsables deste uso son os babilonios e os maias, quen de forma independente idearon este cero "que conta". Os primeiros foron seguramente a partir de quen chegou este sistema a India, onde evolucionou para converterse nun número de pleno dereito: entrou na aritmética e deixou de ser só un símbolo posicional.

Que pasaba mentres en Europa? Nin gregos nin romanos contemplaban o cero (e aínda así levaron a cabo descubrimentos que serviron de base a moita da ciencia actual), e houbo que esperar ata a Idade Media, momento no que os árabes entraron pola península ibérica (son notables as figuras de Ibn Ezra, Gerberto de Aurillac e o famoso  Fibonacci) e ensináronlle as bondades da máxica cifra ao "mundo civilizado".

Pero, aínda así, non houbo unha "febre do cero" por todo o vello continente. "Moitos dos avances das matemáticas renacentistas producíronse sen o cero. O gran Cardano, protagonista (xunto con outros) dun dos adiantos máis potentes da matemática do Renacemento, a resolución das ecuacións xerais de grao tres e de grao catro, realizou todas as súas investigacións sen axuda do cero", explica o matemático.

"Ás veces damos por suposto que as cousas en matemáticas resultan máis naturais ou máis obvias para todos do que en realidade son, e a historia do cero é un exemplo tremendo de todo o contrario: algo que para nós é hoxe de uso corrente, e que parece que estivo aí toda a vida, custou séculos e séculos comprendelo e atopar a súa verdadeira utilidade en matemáticas. E aínda non chegamos a dominalo do todo...".

FONTE: Patricia Biosca/abc.es/ciencia       Imaxe: quo.es

WILDLIFE PHOTOGRAPHER OF THE YEAR 2020

WILDLIFE PHOTOGRAPHER OF THE YEAR 2020

 

Hai xa algo máis de medio século que o Museo de Historia Natural de Londres organiza o concurso Wildlife Photographer of the Year, xa consolidado como un dos máis prestixiosos do mundo e no que a máxima para recibir un galardón reside na destreza e sapiencia dos fotógrafos para retratar o comportamento animal e plasmar a diversidade da natureza.

Con todo, as imaxes seleccionadas polo xurado neste concurso non só buscan transmitir a beleza da natureza no seu estado máis puro, senón tamén concienciar sobre o respecto á vida natural e fomentar o coñecemento máis aló de slogans publicitarios sobre o medio ambiente á vez que denunciar os excesos pertrechados  conta a mesma natureza.

A imaxe destacada sobre todas as gañadoras ("grand title winner", ou gañadora absoluta) é ’O abrazo’, que concorría na categoría de "Animais na súa contorna". Mostra a unha tigresa rodeando coas súas garras un abeto de Manchuria, mentres roza as fazulas contra a cortiza para deixar secrecións das súas glándulas. Trátase dun exemplar de tigre amur ou siberiano, no parque nacional Leopardo de Rusia, o hábitat onde máis abunda. As medidas de protección contra a súa caza parecen dar resultado. Un estudo recente calculaba a súa poboación no medio milleiro de animais, un aumento considerable con respecto aos censos existentes. O seu autor é Sergey Gorshkov. Sergey sabía que as súas posibilidades eran escasas, pero estaba decidido a tomar unha fotografía do animal tótem da súa terra natal siberiana. Buscando sinais no bosque, concentrándose en árbores ao longo de roteiros regulares onde os tigres poderían deixar mensaxes (cheiro, pelos, ouriños ou marcas de gadoupas), instalou a súa primeira cámara trampa en xaneiro de 2019 fronte a iste gran abeto. Pero non foi ata novembro que logrou a imaxe que planeara, a dunha magnífica tigresa na súa contorna forestal.

Erixíndose como un dos altofalantes máis importantes a nivel mundial para denunciar as ameazas ás que hoxe se enfronta a biodiversidade, dicir que o Wildlife Photographer of the Year é un concurso de fotografía sería quedar moi curto, polo que para que poidades xulgar con criterio propio premede AQUÍ e veredes aos gañadores da súa última edición.

Parabéns aos gañadores e entre eles ao fotógrafo submarino tinerfeño Francis Pérez, distinguido na categoría Wildlife photojournalist (fotoperiodista de vida salvaxe ou de natureza), cuxa fotografía mostra un calderón tropical coa aleta caudal seccionada pola hélice dunha pequena embarcación.

FONTE: nhm.ac.uk e nationalgeographic.com.es/naturaleza 

#DígochoEu: Non digas *aportación

 

*Aportación é un castelanismo moi habitual. Como dicimos entón? Esther Estévez Casado cóntanolo!

 #DígochoEu

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XII

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Emil Adolf von Behring. Iste médico alemán (1854-1917), obtivo o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1901, polos seus traballos sobre a difteria e a súa antitoxina. Foi precisamente o primeiro Nobel de Medicina da historia. Entre as referencias astronómicas na súa honra, atopamos o cráter von Behring da Lúa ou o asteroide (65685) Behring.

E imos coa pregunta de hoxe!

12. Cantos premios Nobel ten España?

- 3

- 5

- 6

- 8

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org

CANTO SABES SOBRE OS PREMIOS NOBEL XI

Continúo coa serie adicada aos Premios Nobel, instaurados por Alfred B. Nobel, no que estou pondo a proba os teus coñecementos sobre istes premios.

A contestación correcta á pregunta de onte é Non chegou a recibilo nunca. Aínda que é certo que estivo nomeado en cinco ocasiones entre 1937 e 1948, este embaixador da paz nunca chegou a recibir tal premio. Para a maioría unha omisión imperdoable. A Academia Sueca decidiu declarar deserto o premio o ano en que Gandhi foi asasinado. O asasinato de Gandhi tivo lugar o 30 de xaneiro de 1948, en Nova Deli, India, cando se encamiñaba a unha reunión para rezar.

E imos coa pregunta de hoxe!

11. Que bacteriólogo alemán, gañador do nobel de Medicina en 1901, conta con varios honores relacionados coa medicina?

- Philipp E.A. von Lenard

- Adolf von Baeyer

- Emil Adolf von Behring

- Paul von Heyse

Mañá a solución e unha nova pregunta!

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es e gal.wikipedia.org